"Ende" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 379.

  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor portugués. Dedicouse a estudar os aspectos sociais, histórico e culturais dos trobadores. Foi membro da Direcção da Comissão Científica do Grupo de História e da Comissão Coordenadora do Conselho Científico (1995-1996) e director do Instituto de História e Teoria das Ideias (desde 1996). Das súas publicacións destacan: “Poder e sociedade: a legislação pombalina e a antiga sociedade portuguesa” (1982), “A mulher e as origens da cultura trovadoresca no ocidente peninsular” (1985) e “A caminho da Galiza: sobre as primeiras composições em galego-português” (1993). É tamén autor dos estudos Do Cancioneiro da Ajuda ao “Libro das Cantigas” do Conde D. Pedro (1988), A Galiza e a cultura trovadoresca peninsular (1989) e Depois do espectáculo trovadoresco: ; a estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV (1992), e dos libros Trobadores e xograres. Contexto histórico (1995) e O trovador galego-português e o seu mundo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Flandres Occidental, Bélxica, que está situada na costa do mar do Norte (67.334 h [2001]). Comunícase a través dunha canle con Bruxas, Gante e outras cidades. É a poboación pescadora máis importante de Bélxica, que tamén se dedica á ostreicultura. Foi un gran centro turístico antes de 1914 e base de submarinos alemáns durante a Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Con doce anos incorpórase á canteira do Real Club Celta de Vigo co que na temporada de 1996/97 asina un contrato na categoría de cadete. Despois de catro temporadas co Real Club Celta B nas divisións de Terceira e Segunda B, ascende ao primeiro equipo, debutando na Primeira contra o Valencia. En marzo de 2006 debuta na Liga de Campións ante o Arsenal inglés e coa selección española durante a fase de clasificación para a Eurocopa de 2008. Na temporada 2007/08 xogou cedido no Birmingham City, na Premier League pero o contrato foi rescindido e volveu ao Celta antes de finalizar a temporada onde segue xogando e exercendo as labores de capitán. No ano 2006 finalizou a carreira de Empresariais na Universidade de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura de República Centroafricana (32.100 km2; 289.741 h [estim 1989]). A súa capital é Bozoum (22.600 h [estim 1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival anual de cine independente que se celebra desde 1996, por iniciativa do Concello de Ourense. Presentou tres seccións competitivas, constituídas por longametraxes, curtametraxes e documentais de todas as nacionalidades, así como varias non competitivas, dedicadas á presentación e ao estudo de directores, xéneros ou escolas. Ata 1998 coñeceuse como Festival de Cine Independente de Ourense/Ourense Film Festival (OFF) e outorgaba os Premios OFF. Desde ese ano, xestionouno o consorcio formado polo Concello e a Deputación de Ourense e outorgou, entre outros, os Premios Calpurnia e varios premios especiais como o Premio Internacional Eixo Atlántico á mellor curtametraxe en galego ou portugués. Integrouse na Coordinadora Europea de Festivais de Cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Endemismo antigo que deriva frecuentemente da persistencia na residencia, nunha área restrinxida, de especies que anteriormente poboaran áreas máis vastas e que, por efectos da competencia ou do cambio nas condicións ambientais, quedaron reducidas á área que agora ocupan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora. Doutorouse en Historia e é catedrática de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Investigou sobre a presenza monástica en Galicia e sobre a mentalidade colectiva e o papel da muller na evolución histórica. Das súas obras destacan El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia Medieval (1979), A Vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500) (1993) e Ilduara, una aristócrata del siglo X (1998), e con Ermelindo Portela Silva El Bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII: economía agraria y estrutura social (1971), Galicia na época medieval (1991) e De Galicia en la Edad Media, sociedad, espacio, y poder (1993). Recibiu o premio de Investigación da Xunta de Galicia (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi maxistrado na Audiencia da Coruña (1838) e maxistrado (1857) e presidente (1861) da primeira sala da Audiencia de Madrid (1857). Foi elixido deputado en nove lexislaturas entre 1837 e 1864 por Lugo e polos distritos de Mondoñedo e Vilalba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1976 baixo a inspiración de X. L. Meilán Gil, como partido de ámbito galego de carácter moderado e progresista, que pretendía constituír unha resposta independente ás necesidades de Galicia. Tiña unha formulación política non-extremista e loitou contra os desequilibrios económicos e sociais galegos. Formou parte da coalición Unión de Centro Democrático (UCD) nas primeiras eleccións xerais (1977) e acadou unha importante representación parlamentaria nas provincias da Coruña e Pontevedra. Despois da conversión de UCD nun partido unitario non participou nas eleccións xerais de 1979 e 1982. Durante o proceso de disolución de UCD, refundouse (1982). En 1983 participou nas eleccións municipais en que acadou representación en diversos concellos da provincia da Coruña, e integrouse en Coalición Galega (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfrontamento entre dúas ou máis persoas que pode chegar á violencia física.

      1. Circunstancia de estar unha cousa sen resolver.

      2. Estado dun xuízo que está pendente de resolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está suspendido no aire.

    2. Que está inclinado.

    3. Que está por resolver.

    4. Que presta moita atención a alguén ou a algunha cousa.

    5. Afeite que adorna as orellas ou algunha outra parte do corpo.

      1. Terreo inclinado.

      2. Inclinación que forma a superficie dun terreo con respecto á horizontal.

      1. Inclinación que teñen os planos dos tellados para facilitar o desaugadoiro.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico que está situada na parroquia da Illa de Ons (Bueu).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estar suxeito un corpo de tal forma que a súa parte inferior non toque ningunha superficie.

    2. Haber un mal inminente ameazando a alguén.

    3. Estar algo por solucionarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor polaco. Estudou na Escola Superior de Música de Cracovia, onde foi profesor desde 1964 e reitor desde 1972. As súas obras máis notables son Passio...secundum Lucam (1966) e as óperas Die Teufel von Loudun (Os demos de Loudun, 1968-1969), Intermezzo (1973), para 24 instrumentos de corda; Die schwarze maske (A máscara negra, 1984-1986) e Ubu Rex (1990-1991). Foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de las Artes (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adorno rechamante de mal gusto e pouco valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista portugués. Coñecido como Vitorino Nemésio, doutorouse en Filoloxía Románica na Universidade de Letras de Lisboa, da que tamén foi reitor. Creador da Revista de Portugal (1937), en que apareceron destacadas figuras modernistas e vangardistas, foi director do xornal O Dia (1975). A súa primeira obra poética foi Canto Matinal (1916). O recordo das Açores e a memoria da infancia son os dous polos que centran a súa poesía, especialmente no libro Nem toda a noite a vida (1950). Destacado ensaísta e investigador, explorou o mundo do conto en Paço do Milhafre (1924) e a novela en A casa fechada (1937) e Mau tempo no canal (1944). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Portugal (1965) e o Premio Montaigne (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no NL da parroquia de Covas (San Cristovo de Cea). O seu cumio acada os 716 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista portugués. En Peregrinação (1614) relatou as viaxes que realizou por Birmania, China, as Molucas, Siam e Xapón. É un documento importante sobre as xestas dos portugueses en Oriente durante o s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO