Ourense, Festival Internacional de Cine Independente de

Ourense, Festival Internacional de Cine Independente de
[IMAX]

Festival anual de cine independente que se celebra desde 1996, por iniciativa do Concello de Ourense. Presentou tres seccións competitivas, constituídas por longametraxes, curtametraxes e documentais de todas as nacionalidades, así como varias non competitivas, dedicadas á presentación e ao estudo de directores, xéneros ou escolas. Ata 1998 coñeceuse como Festival de Cine Independente de Ourense/Ourense Film Festival (OFF) e outorgaba os Premios OFF. Desde ese ano, xestionouno o consorcio formado polo Concello e a Deputación de Ourense e outorgou, entre outros, os Premios Calpurnia e varios premios especiais como o Premio Internacional Eixo Atlántico á mellor curtametraxe en galego ou portugués. Integrouse na Coordinadora Europea de Festivais de Cine.