"Eva" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 409.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU (286.352 km2; 1.998.257 h [2000]). A súa capital é Carson City. Atravesado polas Montañas Rochosas, forma parte de Gran Conca, moi accidentada e coa altitude máxima no cumio Jefferson (3.599 m), no centro do estado. O clima é de tipo continental. As dúas áreas urbanas máis importantes son Las Vegas e Reno, que concentran máis do 75% da poboación total. O turismo é a principal fonte de ingresos grazas ao xogo (Las Vegas) e á simplificación dos trámites nos matrimonios e divorcios (Reno). A agricultura é de regadío, sobre todo cerealística, e a gandaría, bovina. Posúe importantes recursos minerais, como cobre, cinc, ouro, prata e mercurio. Habitado por algunhas tribos indias, non foi colonizada ata finais de 1845. En 1848 o Tratado de Guadalupe Hidalgo pasouno de México a EE UU. Convertido en territorio desde 1861, en 1864 converteuse no 36 estado da Unión pola importancia que cobrou como fornededor de prata e ouro.
-
-
de nevar.
-
Que está todo cuberto de neve.
-
Que é de cor branca como a neve.
-
Aplícase ao touro que ten manchas brancas sobre a cor uniforme.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caer neve.
-
VER O DETALLE DO TERMO
nevada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tempo en que abundan as neves.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tormenta de neve.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de folerpas miúdas de neve que caen mesturadas con choiva e vento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caer a neve en folerpas miúdas que xeralmente van acompañadas de chuvia e vento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Morales Nieva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galina Jevgen’jevna Voljanskaja.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato anarquista fundado en 1916 por algunhas traballadoras da fábrica de tabacos da Coruña. Malia contar sempre cun pequeno número de afiliadas protagonizou duros enfrontamentos sindicais como o que tivo lugar no verán de 1917 como consecuencia do non entendemento entre o sindicato maioritario na fábrica de tabacos, a Unión Tabacalera, e as súas afiliadas. Desapareceu durante a represión sindical da Ditadura de Primo de Rivera, pero volveu formarse en 1930 cunha importante presenza de mecánicos e oficinistas da fábrica que anteriormente pertenceran a Unión Tabacalera.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1919, que cesou en 1923. Xurdiu da fusión entre Aurora Roja e Acción Obrera. Editado nos obradoiros tipográficos de El Pueblo, tivo como directores sucesivos a Ramiro Paz, Francisco Tilve e Francisco Otero. Tivo unha primeira época de tendencia socialista ata que en 1921 se converteu nunha das publicacións do Partido Comunista. No primeiro período incluíu información e documentos sobre o PSOE e UGT, artigos teóricos, poesía social e manifestou unha fonda preocupación pola política municipal. O seu obxectivo era gañar aceptación entre a clase obreira e fortalecer a presenza do Partido Socialista na sociedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Viveiro a partir de outubro de 1899 e que cesou en 1900 (nº16). De carácter republicano e federalista, combateu contra o órgano de expresión do conservadorismo na vila, El Eco de Vivero. Incluíu artigos en defensa do proletariado.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado na Cañiza a partir de 1927, baixo os subtítulos “Semanario local independiente, defensor de los intereses de la comarca” e “Semanario local independiente, defensor de los intereses obreros y agrarios de la comarca”. Cesou o 29 de novembro de 1931. Editado nos obradoiros de El Ribadaviense, estivo dirixido por Xerardo Fuertes Gómez. Foi unha publicación local que ofreceu información da vila e das poboacións do redor, ademais de crónicas dos emigrantes en Bos Aires ou Rio de Janeiro. De tendencia progresista, apoiou a República e defendeu o Estatuto de Autonomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado ao N de serra de Cabra e bañado por diversos afluentes do río Guadajoz (5.626 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Cedeira en 1924 e que cesou en 1936. Apareceu co subtítulo “Periódico decenal democrático independiente impulsor del progreso de Cedeira, su comarca y limítrofes”. Impreso nos obradoiros tipográficos de Foxo en Ortigueira, foi un xornal local que saíu cada dez días.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Ourense a partir de 1896, fundado por Luís Madriñán Megid. De tendencia católica e simpatizante de Silvela, contou entre os seus colaboradores con Ramón Plasencia Ruibal e Basilio Álvarez. Tivo unha segunda época a partir de 1900.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Betanzos a partir do 4 de agosto de 1912. Subtitulado “Órgano de la opinión brigantina y defensor de los intereses comarcanos. Literatura, ciencias y amenidades”, cesou o 16 de novembro dese mesmo ano (nº 67). Tras os primeiros números, de saída irregular, converteuse en semanario. Dirixido por Xoán Ponte Blanco, foi unha publicación local da que unha parte dos exemplares se distribuíron no estranxeiro. Foi substituída por Betanzos liberal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
icerreinado dependente da monarquía hispánica e que correspondía co actual México. Constituíuse despois da conquista por Hernán Cortés (1535), e del dependían as audiencias de Guadalajara, Guatemala e México, ata que en 1810 se iniciou a loita pola independencia, conseguida en 1821, polo plan de Iguala.