"Fernán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 808.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo, fillo de Nicolás Fernández de Moratín. De formación autodidacta, foi secretario de Francisco Cabarrús en Francia e protexido de Manuel Godoy, a quen lle presentou diversos proxectos relativos á necesidade de promover o ensino teatral e a constitución dun Teatro Nacional. Representante do neoclasicismo español, da súa produción destaca La derrota de los pedantes (1789), El viejo y la niña (1790), La comedia nueva o El café (1792), El barón (1803), La mojigata (1804) e El sí de las niñas (1806), textos en que propón unha fonda renovación das estruturas sociais dun país dominado pola forza e o peso da tradición e o inmobilismo. Tradutor de Shakespeare e Molière, tamén escribiu diversos tratados teóricos, como o seu estudo Los orígenes del teatro español, publicado en 1883.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e poeta, pai de Leandro Fernández de Moratín. Asiduo do parladoiro literario de La Fonda de San Sebastián, foi un dos promotores en España do neoclasicismo, como reacción fronte á permanencia do teatro clásico español. Escribiu, entre outras obras, La petimetra (1762), Lucrecia (1763), Hormesinda (1770) e o drama histórico e patriótico Guzmán el bueno (1777).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva escudo cuarteado por unha cruz, de ouro, semellante á da orde de san Xoán: primeiro cuartel, de sinople, con dous castelos, de pedra, e saíndo das torres de homenaxe dos castelos, un brazo armado, de prata, cunha espada do mesmo metal, na man; segundo cuartel, en campo de azul, con dous crecentes tornados, de prata, rodeados de doce estrelas, de ouro; terceiro cuartel, de prata, cun león rampante, de goles, armado de ouro; cuarto cuartel, de sinople, cunha caldeira, de ouro.
-
PERSOEIRO
Mariño. Formado no seminario de Vergara, ingresou na mariña (1780). Dedicado desde 1784 á recuperación de manuscritos e documentos marítimos para o Museo de la Marina de Cádiz, foi o descubridor dos manuscritos das viaxes de C. Colón. É autor dunha Colección de documentos inéditos, Ortografía e Análisis del Quijote: vida de Miguel de Cervantes Saavedra (1834). Membro desde 1792 da Real Academia da Lingua e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da que foi secretario (1815), e desde 1800 da Real Academia de la Historia, da que foi presidente (1824).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, naturalista e historiador. Secretario do Consello da Inquisición e de G. Fernández de Córdoba y de Herrera, marchou en 1514 a América, onde ocupou, entre outros, os cargos de gobernador de Cartagena (1526), cronista de Indias (1532) e alcaide da fortaleza de Santo Domingo (1536). Nos seus escritos considerou os indios como seres inferiores, idea que o enfrontou a Bartolomé de las Casas, e afirmou a necesidade de que a conquista se realizase por medio dunha organización de carácter militar. Da súa produción, destaca Don Claribalte (1519), novela de cabalería, Sumario de la Natural Historia de las Indias (1526), Historia general y natural de las Indias (1535-1880) e Catálogo Real de Castilla (1552).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva por armas, en campo de goles, cinco teas ardendo, postas en aspa; bordo de prata, con seis minguantes de goles.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Frade agostiño, co pseudónimo de Liseno formou parte da escola salmantina e mostrou predilección pola prosa satírica. Publicou Crotalogía o Arte de tocar las castañuelas (1792) e editou as Poesías (1796) de J. Tadeo González.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Licenciouse en Filosofía, Pedagoxía e Psicoloxía na Universidad Complutense de Madrid e doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou traballos de investigación en Perú, EE UU e en España, onde fixo traballos de campo no Bierzo, en Monfero e na vila de Betanzos. Catedrático de Antropoloxía Social da Universidade da Coruña, entre as súas monografías compre subliñar: Jerarquía, espazo y sociedad en tierras de Monfero (1982), Antropología de un viejo paisaje gallego (1984), Espacio y vida en la ciudad gallega (1992). En colaboración con Maria del Pilar Irimia publicou Betanzos frente a su historia: ciudad y patrimonio (2000). Dirixiu diversos proxectos de investigación entre os que destacan Mundo rural e mundo urbano en las villas gallegas e Dinámicas cidadás en Ferrolterra. Membro da Comisión de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega e da sección de etnografía do Instituto Padre Sarmiento.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Activo en Santiago de Compostela, na catedral realizou o relevo do descendemento para o retablo da Prima, o retablo da capela de San Fernando (1728) e a estatua do Apóstolo Santiago a cabalo destinada a coroar a fachada da Quintana. Das obras realizadas fóra da catedral, destacan o antigo retablo maior de San Fiz de Solovio (1726) e o retablo de san Ramón Nonato na igrexa do Pilar (1727).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús (1736) e estudiou filosofía e teoloxía en Palencia e Valladolid (1740-1743). En 1746 foi enviado como misioneiro a Filipinas, onde tamén exerceu como profesor de matemáticas no colexio de San Ignacio de Manila. En 1767, en virtude do decreto de expulsión dos xesuítas dos territorios da monarquía hispánica, trasladouse a Italia. Foi o autor de Galicia. Reino de Cristo Sacramentado y primogénito de la Iglesia entre las gentes: [...] (1750).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tui (1286-1323), fillo de Álvaro Pérez de Soutomaior. Cóengo da catedral de Tui, elixírono prelado en 1286. Nomeado por Sancho IV notario maior de Andalucía, foi o chanceler da Raíña María de Molina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Arcos (Chantada) e en Cartelos (Carballedo). Unha rama pasou a Andalucía e deu orixe aos Fernández de Córdoba. As súas armas primitivas levaban cinco taus, pero as máis estendidas traen, en campo de goles, tres faixas de ouro, superadas por unha tau (ou cruz de santo Antón), do mesmo metal; ás veces, invirten os esmaltes, en campo de ouro, tres faixas de goles, superadas por unha tau, de goles. Outra variante presenta, en campo de ouro, tres bastóns de goles, arrimados e postos en pao, superados dunha cruz de santo Antón, da mesma cor.
-
PERSOEIRO
Político, duque de Frías. Loitou contra Napoleón e aconselloulle a Fernando VII xurar a Constitución de Cádiz. Durante o Trienio Liberal foi embaixador en Londres e membro do Consello de Estado; vencidos os liberais, exiliouse a Francia (1823-1828). Foi embaixador en París (1834) e presidente do goberno (1838). Escribiu a oda La muerte de Felipe II (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1971), obtivo (1977) a praza de profesor agregado de Paleografía e Diplomática na Universidad de Oviedo e a cátedra (1979) na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Granada. Entre as súas obras destacan La colección diplomática del monasterio de Santa María de Penamayor (1971), Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón (1994) e El monasterio de San Juan de Caaveiro (1999). Foi membro da Sociedad Española de Estudios Monásticos e da sección de historia do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou para o Instituto Nacional de Colonización, para o que construíu poboados baseados nun plano unitario que comprendía vivendas, zonas agrarias e edificios relixiosos, culturais e comerciais. Destacan, entre outros, o de Vegaviana en Cáceres (1954). Con A. Fernández Alba realizou a biblioteca do Instituto de Cultura Hispánica de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Visitador do bispado de Burgos e cóengo en Palencia, foi nomeado cronista de Indias en 1686. Foi autor, entre outras, de Historia verdadera de la conquista de Nueva España, Historia del origen de América o Indias Occidentales, Descripción de las Filipinas y de las Molucas e Tropheos gloriosos de los reyes catholicos de España (1951-1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Obtivo o título de bacharel elemental no instituto de ensino medio de Lugo e logo continuou os seus estudios no colexio dos Escolapios de Monforte na sección de letras do bacharelato universitario, que revalidou na Universidade de Santiago de Compostela. En 1930 comezou a carreira de dereito en Madrid, que continuou en Santiago, cidade á que se trasladou en 1931 e na que tamén estudiou filosofía e letras. Protagonizou un intenso activismo cultural na época republicana e relacionouse, entre outros, con Luís Tobío Fernández, Riccardo Carballo Calero, Antonio Fraguas, Paulino Pedret e Ánxel Casal. Colaborador no Seminario de Estudos Galegos, no Comité de Cooperación Intelectual e nos labores da FUE, foi delegado escolar nas facultades de Dereito e de Filosofía e Letras e representante da Federación de estudiantes na xunta de goberno da Universidade. Dirixiu a revista Universitarios e desempeñou a secretaría de Alento. Acadou a licenciatura en Dereito e exerceu como profesor...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor de matemáticas e director da Escola de Belas Artes da Coruña. Cómpre destacar as súas obras Tratado de aritmética y geometría para los alumnos de esta asignatura en las Escuelas de Bellas Artes (1871) e Geometría (1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestra e política. Foi alcaldesa da Estrada, senadora por Pontevedra na IV lexislatura (1989-1993) e deputada no Congreso na V (1993-1996) polo Partido Popular.
VER O DETALLE DO TERMO