"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Discípulo de Guillaume Delisle, foi designado xeógrafo real en 1729. Dedicouse preferentemente á xeografía física e á cartografía, e introduciu un sistema de representación das concas hidrográficas. En 1732, baseándose nas narracións rusas das exploracións ao estreito de Bering, deduciu a existencia das illas Aleutianas e de Alasca. Publicou, entre outras obras, Géographie élèmentaire ancienne et moderne (Xeografía elemental antiga e moderna, 1769-1772) e Mémoire sur les pays de l`Asie et de l`Amérique (Memoria sobre os países de Asia e de América, 1775), que apareceu postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político francés. Discípulo de Saint-Simon, afastouse deste e tratou de facer unha síntese entre o socialismo, o cristianismo e o ideal revolucionario. Foi presidente da Asemblea Constituínte de 1848. Escribiu, entre outras obras, Histoire parlamentaire de la Révolution française (Historia parlamentaria da revolución francesa, 1834-1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce bulbilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Xacobino, interveu activamente nas sucesivas etapas da Revolución. Despois da caída de Robespierre, permaneceu máis dun ano no cárcere onde coñeceu a Babeuf. Colaborou activamente na Conspiration de l’Égalité; fracasada esta, foi condenado e deportado a Oléron de onde saíu amnistiado por Napoleón. Participou, logo, noutra fracasada conspiración contra o emperador da que tivo que fuxir a Suíza. Membro dos carbonarios tomou parte no movemento nacionalista italiano, o que o levou a ser expulsado do país. Instalado en Bruxelas, escribiu Histoire de la Conspiration de l’Égalité (Historia da Conspiración dos Iguais, 1828).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Momento ou punto principal da dificultade na resolución dun problema ou dun asunto do que se trata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén o radical butil.

    2. Cada un dos catro alcohois isómeros que corresponden á fórmula empírica C 4 H 10 O (alcohol n-butílico, sec-butílico, tert-butílico e isobutílico). Os dous primeiros son líquidos, e o terceiro sólido; arden con chama luminosa. Empréganse como solventes de pintura, verniz e cera, para a obtención dos acetatos correspondentes, útiles en perfumería, e para a fabricación de laca, raión, deterxentes e axentes de flotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome das comarcas montañosas da metade oriental do N de Alxeria, entre a planicie da Mitidja ao O, a chaira de Bona ao L, o Mediterráneo ao N e os altiplanos de Alxer e Constantina ao S. Divídese en catro partes: a Gran Cabilia, a Pequena Cabilia, a Cabilia de Collo e a Cabilia Oriental. A Gran Cabilia é un macizo montañoso, constituído por terreos calcarios que limita ao O co val do río Isser e ao L e SL co val do río Soummam-Sahel. É unha das áreas máis poboadas de Alxeria e está habitada por bérberes sedentarios que practican unha agricultura primitiva e pobre. A capital da Gran Cabilia é Tizi Ouzou. A Gran Cabilia é a que conserva de xeito máis puro a lingua e os costumes bérberes. A Pequena Cabilia está formada polo hinterland de Bougie. Trátase dunha comarca moi arabizada, cunha alta densidade de poboación. A paisaxe está dominada por grandes bosques, onde o cultivo de cebada e a gandería son a base da súa economía. A Cabilia de Collo situada ao N da cadea...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cacodilo.

    2. Cristais higroscópicos que se funden a 195-196°C despois de estaren cristalizados en alcohol ou éter. Empréganse na síntese de colorantes, en produtos farmacéuticos e como herbicidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto concilio ecuménico da Igrexa (451), convocado polo Emperador Marciano I. De acordo coa Epístola Dogmática ou Tomus ad Flavianum do Papa León I, condena o monofisicismo e proclama a doutrina das dúas naturezas de Cristo. O canon 28 das actas conciliares, que outorgaba ao patriarca de Constantinopla a primacía sobre as igrexas de Oriente e o equiparaba co papa de Roma, non foi admitido por Roma. Este concilio significou a ruptura das igrexas nacionais siríaca e copta (monofisicistas) co resto do mundo cristián romano-bizantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniato hidratado de cobre, de fórmula [AsO4/(OH)5]Cu4· 3,5H2O. Preséntase en cristais tabulares de cor azul ou verde e brillo nacarado. Tamén se lle chama mica de cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de calculable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa, narradora e dramaturga. Colaborou na prensa galega, española e americana baixo o pseudónimo Esperanza. Publicou Horas de inspiración (1867), Cuadros sociales o pequeñas novelas (1878) e Crepusculares (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Malformación dos dedos caracterizada pola flexión permanente e indolora da primeira e da segunda falanxe dun ou de máis dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narrador e dramaturgo galego. Colaborador na prensa galega da época, arredor de 1923 dirixiu o semanario Noticiero del Avia, en Ribadavia, no que publicou os seus “Paliques” satíricos, en galego, e a revista Mar, de Pontevedra. Foi o autor da novela Argentina (1895), do volume de narracións breves Luz y sombra (Cuentos y novelitas), editado en 1901, e de numerosas pezas teatrais, entre as que destaca a comedia Caminos de Damasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narrador e dramaturgo galego. Fillo do tamén narrador Emilio Canda, licenciouse en Filosofía e Letras. Fundou a revista Finisterre (1943), en Pontevedra. Publicou a obra narrativa Consigna (Memorias de un alférez provisional) (1942), a comedia En un cuarto de hora e a farsa dramática Maese recuerdo (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro grego. Formado en Atenas, entre 1945 e 1951, foi colaborador de Le Corbusier. Preocupado polas cuestións do urbanismo e polas vivendas sociais, realizou importantes obras en Marrocos, amais doutros proxectos en Francia. A súa obra máis importante é a Universidade Libre de Berlín, realizada con J. Prouvé e P. Dony.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e cantautor. Foi o iniciador da corrente celta co lanzamento do seu primeiro disco Fonte do araño (1977), que supuxo unha renovación no eido musical, e o primeiro músico en recuperar a arpa como instrumento dentro da música tradicional galega. Boa parte do seu repertorio é cantado, tomando como base poemas propios e textos de Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra ou Suso de Toro, entre outros poetas. A partir de 1983 compuxo bandas sonoras para cine e teatro, entre as que destacan Xoana, de Xulio Lago (1986); Medea, de Eduardo Alonso (1989); Hamlet, de Ricard Salvat (1991); ou Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro (1997). Colaborou co coreógrafo Daniel Goldin musicando as coreografías La peregrinación (1986) e La sombra y la luna (1992), gañadoras, respectivamente, do primeiro premio á mellor coreografía do VII Concurso das Artes de Arxentina e á mellor coreografía do Concorso Internazionale de Coreografías...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e naturalista. Estudiou gramática, filosofía, matemáticas e medicina en València e dereito en Salamanca. Interesouse pola arqueoloxía e pola botánica. Mantivo correspondencia con Haller e con Linné, de quen traduciu ao castelán Philosofia botanica (Filosofía botánica) e Species plantarum (As especies das plantas). A súa publicación máis destacada é Teoremas y problemas para examinar y saber usar cualesquiera aguas minerales (1785).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hifas dos gasteromicetos que aparecen entre a gleba ou masa filamentosa dos corpos frutíferos dalgúns mixomicetos que se encontran mesturados coas esporas e serven para a dispersión destas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido oleoso de sabor rancio, presente en forma de glicérido no aceite de coco e nas graxas do leite, que se funde a 16,7 °C e ferve a 239,7 °C. É lixeiramente soluble en auga e soluble en alcol e éter. Emprégase na síntese de colorantes, de perfumes antisépticos e de funxicidas, e como plastificante.

    VER O DETALLE DO TERMO