"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Aos 24 anos obtivo un cargo real no Rosellón, onde escribiu algunhas obras para frauta e a cantata Les quatre saisons (As catro estacións). No ano 1723 estableceuse en París, onde, xunto con Mondonville e Rameau, foi un dos músicos máis apreciados do seu tempo. Foi músico da corte da duquesa do Maine, en Sceaux. Entre a súa produción destacan os ballets Don Quichotte chez la duchesse (Don Quixote na casa da duquesa, 1743), Daphnis et Chloé (Dafne e Cloe, 1747) e os grandes motetes Exaudiat te (1741) e Fugit nox (1742).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Secta atribuída ao pope coñecido como Bogomil e difundida en Bulgaria a partir de mediados do s X. Influída por doutrinas neomaniqueas de Asia Menor, a seita propugnaba unha reforma social da Igrexa oriental e a abolición da escravitude. O centro de difusión foi a cidade de Plovdiv (ou Filopópolis, Tracia). O bogomilismo perdurou ata a conquista turca (s XV), despois de terse estendido polo Imperio Bizantino. Influíu sobre algúns movementos occidentais, como o Catarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joseph Bodin de Boismortier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facción do movemento socialista ruso, dirixida por Lenin, que en 1903 conseguiu o control do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia. No segundo congreso do partido, celebrado en Bruxelas e en Londres (xullo-agosto de 1903), enfrontáronse dúas concepcións contrapostas: Lenin quería un partido reducido e disciplinado de revolucionarios profesionais (a vangarda do proletariado); Martov e Pavel Aksel’rod avogaban por un partido de base ampla segundo o modelo dos partidos socialdemócratas europeos. Lenin foi o derrotado no referente aos estatutos. O seu grupo, sen embargo, obtivo a maioría na designación dos cargos do partido. De aquí vén o nome de bolxeviques (maioritarios) para os partidarios de Lenin e o nome de menxeviques (minoritarios) para os de Martov. Os dous grupos separáronse na Conferencia de Praga (1912). En 1914 pronunciáronse contra a Primeira Guerra mundial. Os bolxeviques constituíronse en partido independente e, en maio, publicaron o seu periódico Pravda....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na Coruña no ano 1930. Levaba como subtítulo “Órgano oficial del ayuntamiento de La Coruña”. Aínda que nun principio tiña periodicidade mensual, logo saíu bimestralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facción do movemento socialista ruso, dirixida por Lenin, que en 1903 conseguiu o control do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia. No segundo congreso do partido, celebrado en Bruxelas e en Londres (xullo-agosto de 1903), enfrontáronse dúas concepcións contrapostas: Lenin quería un partido reducido e disciplinado de revolucionarios profesionais (a vangarda do proletariado); Martov e Pavel Aksel’rod avogaban por un partido de base ampla segundo o modelo dos partidos socialdemócratas europeos. Lenin foi o derrotado no referente aos estatutos. O seu grupo, sen embargo, obtivo a maioría na designación dos cargos do partido. De aquí vén o nome de bolxeviques (maioritarios) para os partidarios de Lenin e o nome de menxeviques (minoritarios) para os de Martov. Os dous grupos separáronse na Conferencia de Praga (1912). En 1914 pronunciáronse contra a Primeira Guerra mundial. Os bolxeviques constituíronse en partido independente e, en maio, publicaron o seu periódico Pravda....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corrente política francesa partidaria da volta dos Bonaparte ao trono.

    2. Categoría político-social típica de conxecturas de desorganización política ou de crise xeral, cunha lexitimidade caracterizada por un executivo de tipo cesarista e paternalista que recibe o respaldo da pequena burguesía. Este concepto foi cuñado por Marx en Der 18 Brumaire des Louis Bonaparte (O 18 Brumario de Luís Bonaparte, 1852) a partir da forma de estado instaurada por Luís Bonaparte. Posteriormente, este termo foi aplicado por autores marxistas a certos réximes plebiscitarios e carismáticos e a certas democracias autoritarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación por inxestión de compostos de boro, caracterizada por deshidratacións, erupcións cutáneas e trastornos gástricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema, empregado nos EE UU, que consiste na influencia predominante do boss, termo equivalente a amo, xefe ou cacique, nas organizacións políticas locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma grave de intoxicación producida pola inxestión de alimentos que conteñen a toxina botúlica, producida polo Clostridium botulinum, bacteria que se atopa no chan e no tracto intestinal dos animais domésticos. Os casos de botulismo humano están causados polo crecemento do microbio baixo condicións anaeróbicas en alimentos crus ou en conserva. A un pH inferior a 4,5 o crecemento da bacteria é imposible, en calquera alimento. Por esta razón, en tecnoloxía alimentaria, diferénciase entre condicións estipuladas para alimentos de baixa acidez (pH > 4,5) e condicións para alimentos de alta acidez (pH < 4,5). A porcentaxe máis alta de botulismo en conservas alimentarias deuse en conservas caseiras de baixa acidez, pois a elaboración doméstica de alimentos con frecuencia non pode cumprir con seguridade os parámetros tecnolóxicos da esterilización. Os síntomas característicos da intoxicación botúlica adoitan aparecer entre as 12 e 36 horas e son: debilidade, cefalxia,...

    2. Tipo de botulismo, coñecido dende 1976, que afecta especialmente a nenos máis pequenos dun ano, orixinado pola inxestión de alimentos contaminados polo Clostridium botulinum. Crese que é a responsable do 5% dos casos de morte repentina dos nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de insatisfacción no campo afectivo e social debido ao desequilibrio entre as aspiracións dunha persoa, que se imaxina superior ao que realmente é, e as súas condicións sociais, ambientais, psicolóxicas e intelectuais. O termo está inspirado no personaxe de Flaubert, Madame Bovary.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos bradisismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ascendente ou descendente do solo nunha área determinada da superficie terrestre. Obsérvase especialmente nas áreas costeiras, onde a superficie do mar dá un nivel de referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filosofía e sistema relixioso da India. O termo foi empregado polos primeiros viaxeiros e misioneiros europeos para expresar a influencia da caste sacerdotal dos brahmáns sobre a sociedade. Erroneamente, o termo foi utilizado en Occidente co significado de Hinduísmo. É a relixión de toda a rexión ocupada polos arios. As fontes do Brahmanismo están nos libros sagrados da India: Vedas, textos do coñecemento; Scruti ou textos da revelación; Samhita, colección de himnos; Brahmanas, textos de contido litúrxico ou mitolóxico; e os Upanishad, de carácter filosófico. Os deuses (deva) están xerarquizados; tres deles ocupan lugar preeminente: Brahmā, divindade suprema, pai de todos os deuses, xunto con Visnú e Siva, forman a trimurti ou trindade sagrada. Estes deuses residen no ceo ou no cumio dunha montaña inaccesible (Kailasa, Meru) e o seu comportamento é semellante ao dos homes. O punto esencial da súa filosofía é a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión, palabra ou xiro propio do Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Accidente tóxico provocado polo bromo e os seus compostos, en particular polo bromuro de potasio. A administración prolongada pode determinar o bromismo crónico, que se caracteriza por dispepsia, rinite e acne; a inxesta de doses demasiado fortes provoca o bromismo agudo, caracterizado por cefalalxia, exantema, bronquite, sopor e coma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente arquitectónica iniciada polos arquitectos ingleses Alison e Peter Smithson, creadores da escola Hunstanton, construída con ladrillos e aceiro, en Norfolk (1954). Na década dos cincuenta os arquitectos vangardistas do racionalismo deixaron sen revestir os materiais e as conducións exteriores; cultivaron tamén un severo formalismo que ofreceu un aspecto funcional axiña internacionalizado e relacionado co informalismo pitórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo occidental que indica o sistema polimorfo de crenzas e prácticas centradas no ensino e na persoa de Buda. A pesar da súa unidade orixinaria, presenta unha gran complexidade e heteroxeneidade motivada polos diversos desenvolvementos e distintas interpretacións da doutrina primitiva e pola súa adaptación ás características dos países onde penetrou. O núcleo da doutrina orixinal de Buda foi dado, segundo a tradición, no sermón de Benarés. Céntrase nas catro nobres verdades: primeira, a constatación da universalidade do sufrimento; segunda, a causa deste é o desexo; terceira, a súa cura é a supresión da dor mediante a supresión do desexo; e cuarta, o camiño ao que conduce é a vía media que evita estes dous extremos do aferramento ao pracer e da mortificación e se condensa na óctupla vía excelente: comprensión recta, intención recta, palabra recta, acción recta, medios de existencia rectos, esforzo recto, atención recta e concentración recta. Tratábase sobre todo dunha pedagoxía moral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina mercantilista imperante en Europa nos ss XVI e XVII. Debido a que a cantidade de metais preciosos acumulados por un país se consideraba como expresión da súa riqueza, propugnaba a defensa do ouro e da prata por procedementos autoritarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Influencia abusiva no funcionamento dun estado por parte da burocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO