"Icía" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en outubro de 1988 e subtitulada “Revista mensual e de expresión monolingüe galega”. Cesou a súa edición en marzo de 1990. Tiña unha tiraxe media de vinte mil exemplares e foi dirixida por Antón López Galocha. Malia que a maior parte dos seus contidos estaban orientados ao sector educativo galego, incluíu tamén información relacionada coa historia, a psicoloxía, a pegadoxía e a arte, xunto con artigos sobre lingua e literatura galegas. Outro dos apartados da revista inseriu recensións sobre libros en galego ou escritos noutras linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu durante o levantamento de 1846 un dos dous corpos do exército establecidos na asemblea do 15 de abril en Santiago de Compostela. Dirixiuse cara á Coruña baixo o mando do comandante Miguel Solís y Cuetos, que levaba como segundo a Manuel Buceta. O segundo corpo dirixiuse cara a Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa dedicada á distribución e venda de compoñentes electrónicos e automatismos. Creada en 1962 e integrada nun grupo empresarial nacional, independizouse como Electrosón Galicia SA en 1985. Posúe delegacións en Ourense, Vigo, Pontevedra, A Coruña, Lugo e Gijón, e a súa área comercial abarca Galicia, Asturias, Cantabria e o N de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Santiago de Compostela no outono de 1989. Dirixida por Lois Rodríguez, contou coa colaboración de Xosé L. Blanco Vila, Xosé Castro, Francisco Conde e J. Víctor Sueiro. Incluíu información sobre rutas de viaxes, turismo, música e libros, e incorporou unha axenda que contiña datos sobre restaurantes, hoteis e outros lugares de ocio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornadas de análise e debate sobre o feito teatral que se celebraron en Cangas do Morrazo (1997, 1998 e 1999) e Viana do Castelo (1997, 1998), organizadas polo Teatro do Noroeste de Viana, pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e polo Instituto Galego de Estudios e Investigacións Teatrais (INGAT), e baixo a dirección de José Martins e Manuel F. Vieites. Participaron actores, directores, escenógrafos, dramaturgos, críticos, programadores e outros creadores vinculados á creación teatral. Os relatorios e debates publicáronse en Ensaio, Revista de Teatro de Galicia e do Norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén adquira algo, como un costume ou un vicio.

    2. Adquirir alguén un vicio ou un mal costume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Emblema propio da Comunidade Autónoma de Galicia que simboliza a súa identidade como nacionalidade histórica.
    Lexislación
    O Estatuto de Autonomía de Galicia (Lei Orgánica 1/1981 de 6 de abril) recolle no seu Artigo 6.2 que “Galicia ten himno e escudo de seu”. Esta afirmación estatutaria desenvolveuna o Parlamento de Galicia ao aprobar a Lei de Símbolos de Galicia 5/1984 de 29 de maio (LSG), que no seu Artigo 1 proclama: “A bandeira, o escudo e o himno de Galicia simbolizan a súa identidade como nacionalidade histórica”. A composición do escudo indícase no Artigo 3: “O escudo de Galicia trae, en campo de azur ou azul, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. O timbre, coroa real, cerrada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de perlas, e de cada un dos floróns sae un diadema...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político que xurdiu en 1997 coa escisión de Esquerda Unida dun grupo, liderado por Anxo Guerreiro, desconforme coa dirección do partido, que non aceptaba presentarse en coalición co PSdG nos comicios autonómicos dese ano, aos que EdG se presentou finalmente en coalición co PSdG-PSOE e Os Verdes. Obtivo dous representantes no Parlamento, que lle permitiron constituír un grupo parlamentario propio. Definiuse como un partido socialista, democrático e republicano e as súas propostas estiveron vinculadas á defensa dos postulados da esquerda nacionalista. Nas eleccións de 2001 ofreceulle ao PSdG-PSOE un pacto para concorrer de novo xuntos aos comicios. A negativa dos socialistas, que só estaban dispostos a admitir a EdG se se integraba totalmente no partido, levounos a acudir en solitario aos comicios nos que non acadaron representación parlamentaria. Disolveuse en maio de 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Lei orgánica que lle otorgou a autonomía á comunidade galega. A aparición do nacionalismo en Galicia a principios do s XX trouxo consigo os xermes organizativos e os primeiros textos que reclamaban a descentralización do Estado español e as conseguintes transferencias de poder.
    Estatuto de 1936
    Coa proclamación da Segunda República iniciouse o proceso para levar á práctica os desexos autonomistas. Anteriormente á aprobación do texto constitucional, déronse dúas tentativas iniciais. A primeira, na Asemblea pro-Estatuto do 4 de xuño de 1931, convocada pola ORGA-FRG (Organización Republicana Gallega Autónoma-Federación Republicana Galega) na Coruña, e á que acudiron representantes de diversas agrupacións galegas; entre elas, as de emigrantes en América, da Universidade de Santiago de Compostela, do Seminario de Estudios Galegos, do maxisterio, de colexios de avogados e dalgunhas agrupacións socialistas, se ben a gran maioría estaba constituída polos republicanos dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Microbióloga. Graduada en ciencias biolóxicas (1977) e licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1979), doutorouse en Bioloxía nesta mesma universidade (1980). Ampliou os seus estudios en EE UU, nas universidades de Maryland e Oregon. Catedrática de Microbioloxía e Parasitoloxía da universidade compostelá dende 1991, desenvolve o seu labor investigador no eido da acuicultura, concretamente na patoloxía bacteriana e vírica, na patoloxía fenotípica, antixénica e molecular de microorganismos patóxenos dos peixes, no desenvolvemento de métodos de diagnóstico de patóxenos nos peixes, na epizootioloxía e na quimioterapia e vacinación. Ten patentadas tres vacinas empregadas en acuicultura: GAVA-3, para o control da vibriose en rodaballo e salmónidos; DI, para o control da pasteurelose en dourada e robaliza; e ET-2, para o control da estreptococcia en rodaballo. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais. Membro do comité de revisores de diferentes revistas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida na Coruña en xullo de 1988. Cesou a súa edición no 2001. Dirixida por Carlos Marcos Blanco e editada por Estilo Galicia SL, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Publicaciones de Galicia. Incluíu información e entrevistas referidas á política, á moda e á sociedade de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de estulto.

    2. Dito ou feito propio dun estulto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que lle outorgaron á institución militar galega os republicanos federalistas que se sublevaron en Ferrol o 11 de outubro de 1872. Na sublevación participaron arredor de 1.500 soldados e oficiais da mariña xunto a outras 1.000 persoas, fundamentalmente traballadores e gardas do estaleiro, obreiros doutras fábricas e os profesionais liberais republicanos da cidade, liderados polo brigadier Pozas, autoproclamado comandante xeneral, e polo capitán de fragata retirado, Montojo. O seu obxectivo era proclamar a república federal. Oito días despois, o levantamento foi sufocado e perseguidos e condenados os seus líderes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se fai ou se tramita fóra da vía xudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe clásica, histórica e literaria, derivado a finais da Idade Media do antigo xentilicio latino Fabricius ‘relativo ao artesán’, procedente, á súa vez, da voz común faber ‘artesán’. A forma feminina correspondente é Fabricia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, pai de Antolín Faraldo. De tendencia absolutista, foi deportado a Canarias durante o Trienio Constitucional e, ao regreso de Fernando VII, foi proposto como capitán do Batallón de Voluntarios Realistas. En 1832 foi nomeado, por designación real, secretario contador do Hospital Real de Santiago de Compostela, cargo do que foi destituído tras ser acusado de conspiración (1839).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista xurídica aparecida na Coruña en 1880. Reapareceu nunha segunda época o 30 de outubro de 1892 co subtítulo de “Revista jurídico-administrativa. Órgano de todas las colectividades judiciales y administrativas de Galicia”. Dirixiuna Manuel Rodríguez Bermúdez e imprimiuse cada dez días nos obradoiros tipográficos de Vicente Abad. Incluíu traballos xurídicos, unha sección de consultas e información sobre oposicións a notarías e outros postos da Xustiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización estudantil creada en Santiago de Compostela en 1990. Ten como obxectivos, ademais do labor reivindicativo, a formación de asociacións xuvenís, a divulgación dos dereitos e deberes dos alumnos nos centros educativos, a organización de asembleas, conferencias e congresos (política educativa, política lingüística, etc) e a defensa dos alumnos galegos diante das diferentes administracións educativas. Foi a primeira forza estudantil de ensino secundario en Galicia con preto de 350 conselleiros escolares adscritos. Membro activo do Consello Escolar de Galicia e do Consello da Xuventude de Galicia, foi pioneira na celebración de encontros sobre política lingüística entre asociacións estudiantís, en colaboración co Colectivo de Estudiantes Vascos (CEV-EIK) e coa Associació de Joves Estudiants de Catalunya (AJEC). Integrouse na Unión de Estudiantes de España (UDE), e posteriormente no Colectivo de Asociaciones de Estudiantes Progresistas (CAEP), e no ámbito internacional pertence á...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación fundada durante o primeiro congreso galego de empresarias de Galicia, celebrado o 27 de abril de 1989, na Coruña. Ten a súa sede en Santiago de Compostela e está integrada, no 2002, polas Asociacións de Empresarias da Coruña (AECO), Pontevedra (APE), Ourense (AME) e Lugo (AELU). A través dun convenio coa Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, conta desde 1999 cun servizo gratuíto de asesoramento para a creación e consolidación de empresas. Proporciona, ademais, asesoría xurídica e laboral e información socioeconómica de carácter xeral, e organiza cursos de formación, congresos e xornadas sobre temas de interese para as mulleres empresarias.

    VER O DETALLE DO TERMO