"Ise" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñeceu o emperador de Alemaña (desde 1870 ata 1918) e de Austria (desde 1806).
-
PERSOEIRO
Dramaturgo alemán. Cultivou os máis diversos xéneros dramáticos e adoptou sempre unha actitude entre crítica e satírica, que xa aparece nas primeiras obras, onde recreaba elementos míticos e temáticas bíblicas. Este feito provocou que a súa obra estivese prohibida entre 1933 e 1945 polo réxime nazi, tempo no que se exiliou en Suíza, onde morreu. O seu primeiro éxito, Os burgueses de Calais (1914), foi seguido de varias propostas de tipo expresionista e futurista, como Do amencer á medianoite (1917), Coral (1917), Gas I (1918) ou Gas II (1920), nas que, sen embargo, latexa un fondo compromiso co humanismo e coa loita contra a opresión, contra as armas de destrución masiva e a despersonalización. Posteriormente, escribiu Kolportage (1924), O soldado Tananka (1940), Napoleón en New Orleans (1937-1941) e A balsa de Medusa (1940-1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte construído en Berlín (1897-1904) por Ernst von Ihne. Despois da Segunda Guerra Mundial, as súas coleccións pasaron ao Bode-Museum, en Berlín Oriental, e ao Staaliche Museen, en Berlín Occidental. Trala unificación de 1990, a xestión do seu patrimonio mantívose no Staatliche Museen.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania-Palatinado, Alemaña (98.400 h [1990]). É un núcleo industrial, con industria metalúrxica, téxtil, papeleira e de fabricación de máquinas de coser.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora alemana. Representante dun humanismo moderno, baséase na antiga tradición literaria para tratar problemas actuais. Escribiu novelas como Elisa (1937), coleccións de contos, como Das dicke Kind (O neno gordo, 1951), e Eisbären (Osos brancos, 1972); e poesía, como Gedichte (Poesías, 1947). Tamén escribiu guións radiofónicos e ensaios.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast’ de Kemerovo, Rusia (121.000 h [1997]). É un importante centro de estracción de carbón, na conca hulleira de Kuzneck.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Cracovia 22.1.1891 - Provenza 29.4.1953) Pintor francés de orixe polaca. Pertenceu á Escola de París e interesouse polo impresionismo. Creou unha arte de ritmo preciso, de cores vivas e cun desexo decadente e sensual en retratos e naturezas mortas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Opočno, Bohemia 1871 - Puteaux 1957) Pintor checo. Establecido en París (1894), foi un dos primeiros artistas en cultivar a abstracción (Fuga en vermello e azul, 1911). Formou parte da Section d’Or e foi fundador do orfismo, con R. Delaunay, e do grupo Abstraction-Création.
-
PERSOEIRO
Poetisa francesa. Pertenceu á escola lionesa integrada por Maurice Scève, Olivier de Magny e Pernette du Guillet. A súa obra lírica é unha síntese da literatura amorosa europea, tanto no Débat de folie et d’amour (1556) como nas tres elexías e nos sonetos publicados en 1555. A súa produción, chea de vitalidade renacentista, ten influencias de Petrarca e da tradición francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e escritor francés. Ao servizo do duque de Orléans, pertenceu ao Club dos Xacobinos. Libretista de ópera, é autor de poemas galantes, do proxecto de tratado De l’éducation des femmes, e de Les liaisons dangereuses (1782), novela epistolar na que, con cinismo aparente, critica a conduta da nobreza rica, perversa e ociosa de finais do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de poliradiculite aguda que afecta aos segmentos medulares e que pode chegar a provocar a morte por asfixia se se lesionan os nervios que enervan a musculatura respiratoria do tórax e o abdome. Foi descrita polo neurólogo francés Jean Baptiste O. Landry (1826-1865).
-
PERSOEIRO
Escritor. De orixe xudía, é autor de numerosos contos e novelas cunha gran forza dramática e capacidade de invención, entre eles, Zelezny vlk (O lobo de ferro, 1920), a peza dramática Svatý Václav (san Wescenlao, 1912), e a narración para nenos Velblood uchem jehly (O can da segunda compañía, 1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Leinster, Irlanda (1.719 km2; 52.945 h [1996]). A capital é Port Laoise (4.049 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Caixa ou estoxo para gardar os lapis.
-
Cilindro delgado e estreito de plástico, metal ou outro material onde se encaixa unha barra de grafito que se utiliza como lapis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao froito ou ao ovario de septo ancho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Destrución dos leucocitos.
-
PERSOEIRO
Escritora belga. Coñecida como Françoise Mallet--Joris, triunfou coa novela Le rempart des béguines (1952). Da súa produción tamén destacan La chambre rouge (1953), Les mensonges (1956), L’empire céleste (Premio Femina 1958), Dickie-roi (1980) e Un chagrin d’amour et d’ailleurs (1981). Formou parte da Academia Goncourt.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afección grave do lactante, que se caracteriza por aplasia do tecido linfático, linfopenia importante e tendencia a candidiases repetidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Destrución do tecido linfoide e dos linfocitos.
-
-
Descomposición de triacilglicéridos nas células adiposas durante a mobilización de reservas alimentarias.
-
Descomposición dos lípidos alimentarios en ácidos graxos no curso da dixestión.
-
Destrución de graxas.
-