"Lacio" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 275.
-
-
Homeomorfismo dun espazo topolóxico nun poliedro que ten triángulos por caras.
-
Conxunto de operacións xeodésicas destinadas a fixar a posición dun certo número de puntos, mediante a determinación dunha serie de triángulos que teñen por vértices ditos puntos. O fundamento teórico deste procedemento, inventado por Tycho Brahe a finais do s XVI, é o teorema do seno, segundo o que, se nun triángulo ABC se coñece o lado AB e os ángulos nos vértices A e B, poden ser calculados os outros lados por medio da fórmula BC/sen A= AC/sen B=AB/sen C. Desta maneira obtense a posición dunha serie de puntos, os vértices de cada triángulo, que constitúen a denominada rede de triangulación. Na práctica, a rede de triangulación dunha rexión xeográfica extensa comprende diferentes fases. En primeiro lugar cómpre fixar un punto astronómico fundamental que serve de orixe do sistema de coordenadas. En segundo lugar establécese a rede de triangulación principal, que está constituída por triángulos regulares...
-
-
-
Sufrimento físico ou moral constante. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
Circunstancia que causa preocupación. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de persoas encargadas da manobra e do servizo nun barco, nunha aeronave ou nunha astronave.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxelación moi rápida que se efectúa a unha temperatura inferior a -40°C, que se consegue xeralmente coa utilización de líquidos crioxénicos, o que permite conservar ao máximo a estrutura física dos alimentos, que deben ser mantidos a unha temperatura entre -40°C e -25°C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de vacilar.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Titulado pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1927), realizou, entre outras obras, o Colegio Mayor América e a colonia obreira El Rayu en Oviedo, ademais de diversas centrais eléctricas en Asturias. En Santiago de Compostela realizou o Mercado (1937-1941) e a Escola de Traballo. Cultivou tamén a pintura (paisaxe e arquitecturas) e a escultura. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Ouro da Arquitectura (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e ilustrador. Cultivou principalmente a paisaxe, sobre todo a urbana, de carácter realista. Como ilustrador, destaca o seu traballo no libro Vigo sentimental, de F. Fernández del Riego, onde reflectiu recunchos e edificios da cidade e retratos de persoeiros de todos os tempos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de velar ou de cubrir cun veo.
-
-
Cerimonia monástica do ritual da consagración de virxes en que se lle impón o veo á relixiosa como símbolo dos esponsais con Cristo.
-
Cerimonia que consiste en cubrir cun veo os cónxuxes na misa nupcial. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
-
-
-
Renovación do aire que se efectúa nun ambiente determinado para mantelo puro ou dentro duns límites de nocividade aceptables. A ventilación pode ser natural, mediante aberturas, fiestras ou portas, ou artificial, por medio de dous condutos, un para o fornecemento do aire limpo e outro para a evacuación do aire viciado.
-
Instalación ou abertura para ventilar algo.
-
Corrente de aire que se establece ao ventilar unha cámara.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Quindimil (Palas de Rei). Ten planta rectangular con cuberta de catro augas. Na fachada principal conserva un corredor que se abre a un patio a onde tamén dan a capela, de planta rectangular, e outras construcións auxiliares.
-
-
Acción e efecto de vincular ou de vincularse.
-
Cada unha das institucións xurídicas en que se fai inalienable unha masa de bens, subtraída así ao comercio, e que queda nas mans de determinadas familias, comunidades ou institucións, grazas a unha orde predeterminada e inalterable nas sucesións. Ligada a un concepto precapitalista da propiedade, atópase no fideicomiso romano, aínda que foi completada polas normas propias do feudalismo e pola refeudalización do s XVI, unida á propiedade colectiva: vinculacións comunais e eclesiásticas (man morta) e a constituída polo fideicomiso e o morgado. En 1798 iniciouse o proceso de desvinculación de patrimonios e de desamortización. Actualmente só ten vixencia na sucesión de título nobiliarios.
-
-
-
Acción e efecto de violar.
-
Delito que consiste en entrar nun domicilio sen autorización ou permanecer nel contra a vontade do propietario ou do alugueiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construído por Diego Xelmírez para substituír o anterior palacio destruído polas revoltas de 1117, está situado á beira da catedral, na praza do Obradoiro. Orixinariamente tiña dous pisos pero engadíuselle un terceiro no s XVIII, polo que foi necesario reforzar os muros con contrafortes. No interior destaca o pórtico románico na planta baixa que dá a un vestíbulo polo que se accede á sala de armas, dividida en nove tramos por catro grandes piares formados por un feixe de columnas que sosteñen as nervaduras das bóvedas. No piso superior atópanse o salón de banquetes, cuberto por cúpulas nervadas construídas no s XIII polo arcebispo Xoán Arias e no que destacan os capiteis historiados das columnas con representación de banquetes e festas medievais. Foi declarado BIC en 1931.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de xesticular.
-
-
Acción e efecto de xubilar ou xubilarse.
-
Cantidade de diñeiro que cobra unha persoa xubilada.
-