"Loxia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 396.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da patoloxía que se ocupa das enfermidades do sistema nervioso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina psicofisiolóxica que estuda as relacións entre a actividade mental e o comportamento e as estruturas cerebrais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda as leis e a súa interpretación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo empregado por algúns pensadores, a partir do s XVII, que significa tanto ciencia dos primeiros principios, equivalente e ao mesmo tempo previo á metafísica, como en xeral ciencia do espírito, entendido como o entendemento (suxeito cognoscitivo), e que equivale á psicoloxía e á gnoseoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que describe, diferenza e clasifica as enfermidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pseudociencia que trata de explicar misterios e efectuar predicións mediante símbolos e propiedades numéricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda os fenómenos biolóxicos e xeolóxicos dos mares e dos océanos, empregando os coñecementos físico-químicos máis axeitados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que trata dos dentes e das súas enfermidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que trata do ollo e das súas enfermidades. As referencias á patoloxía ocular ocupan un lugar importante na medicina árabe, pero o impulso máis grande deuse no s XIX, coa introdución do oftalmoscopio e coa obra do cirurxián Von Graefe e cos estudos fisiopatolóxicos de Donders.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da patoloxía que trata dos tumores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo médico-psicolóxico dos soños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da semántica que estuda os diferentes significantes que lle corresponden a un significado determinado. Tómase un concepto, expresado en metalingua, e búscanse as palabras que nunha lingua serven para expresalo. Oponse á semasioloxía, que estuda os significados que corresponden a un significante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que trata sobre o ser. Se por ser se entende o que é e se amplía a todo o que pode ser, a ontoloxía aspira a un carácter de ciencia universal, xa que engloba toda realidade e posibilidade. Neste senso, a palabra ontoloxía empregouse por primeira vez a comezos do s XVII como sinónimo de metafísica e, pouco despois, a partir de C. Wolff denominou a metafísica xeral, en oposición á metafísica especial que se limitou á psicoloxía, cosmoloxía e teodicea. A neoescolástica rexeitou que a psicoloxía e a cosmoloxía fosen tratados metafísicos e mantivo a división da antiga metafísica, de raíz aristotélica, entre ontoloxía e teodicea. Respecto ao contido, as ontoloxías que se poden chamar clásicas, tanto escolásticas coma racionalistas, céntranse no estudo do ser (realidade, nada, posibilidade, devir), da súa constitución (acto-potencia, esencia-existencia) e tamén das propiedades comúns a todo ser ou atributos transcendentais (unidade, verdade, bondade e, en ocasións, beleza) e dos primeiros...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo concibido por Heidegger que designa a súa intención de superar a tradicional separación entre teoloxía e ontoloxía, para acadar o verdadeiro obxecto da metafísica. Este tema constitúe a segunda parte da obra Identität und Differenz (Identidade e diferenza, 1957). Ontoloxía e teoloxía comparten para Heidegger un carácter común que as diferenza de todas as outras ciencias, xa que mentres que as outras ‘loxías’ fan referencia a un conxunto de enunciacións, a ontoloxía e a teoloxía só o son na medida en que afondan no ser como tal e o fundamentan na totalidade, co que se constitúen na lóxica de todo discurso. A ontoloxía e mais a teoloxía, se ben aparentemente son diferentes, en realidade son complementarias e rematan formando unha unidade. Pódese falar, polo tanto, da constitución ontoteolóxica da metafísica. A importancia deste concepto foi decisiva na filosofía de finais do s XX e vinculouse á noción de diferenza, sobre a que se fundamentou o deconstrucionismo. Por outra banda,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da zooloxía que se dedica ao estudo dos ovos dos animais, sobre todo dos vertebrados e, especialmente, das aves. Os datos determinativos dos ovos das aves son as dimensións, o peso, a forma, a estrutura da casca, a cor e o debuxo.
-
-
Estudo dos órganos dos animais ou das plantas, tanto dos aspectos estruturais como dos funcionais.
-
Disciplina da musicoloxía que estuda as características dos instrumentos desde o aspecto acústico e mecánico. A organoloxía clasifica os instrumentos en aerófonos, cordófonos, idiófonos, membranófonos e electrófonos, coas correspondentes subdivisións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da zooloxía que estuda as aves. É unha das ciencias naturais máis desenvolvidas, tanto no nivel científico como no afeccionado. Pódese dicir que, prescindindo de antecedentes clásicos (Aristóteles, Plinio) a historia da ornitoloxía comezou no s XVI co francés Pierre Belon, autor da Histoire de la nature des oyseaux, e co seu contemporáneo Conrad Gesner, de Zúric, autor dun extenso tratado de zooloxía, que contén o Historiae animalum Liber II qui est de avium natura. Do s XVII destaca a obra monumental do italiano Ulisse Aldrovandi e a do inglés Joannes Jonston. Os autores nomeados, ademais das súas observacións directas sobre a fauna europea, baseáronse nas referencias de especies exóticas achegadas polos primeiros viaxeiros exploradores. A primeira fauna rexional europea estritamente ornitolóxica foi a Uccelleria, do boloñés G. P Olina. O s XVIII sinalou o nacemento da ornitoloxía concibida como ciencia, froito da coincidencia entre os grandes sistemáticos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da odontoloxía que se ocupa da prevención e o tratamento das irregularidades da posición dos dentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pronunciación correcta dunha lingua determinada. Adóptase como base desta corrección normalmente a variante lingüística propia dunha cidade ou dunha rexión determinada, que adoita ter un peso cultural específico no seu dominio lingüístico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo dos olores ou aromas.