organoloxía
organoloxía
(< órgano + -loxía)
-
s
f
[BIOL]
Estudo dos órganos dos animais ou das plantas, tanto dos aspectos estruturais como dos funcionais.
-
s
f
[MÚS]
Disciplina da musicoloxía que estuda as características dos instrumentos desde o aspecto acústico e mecánico. A organoloxía clasifica os instrumentos en aerófonos, cordófonos, idiófonos, membranófonos e electrófonos, coas correspondentes subdivisións.