Órganon
Órganon
Conxunto da obra lóxica de Aristóteles, coñecida con este nome a partir dos comentaristas neoplatónicos do s VI. O nome déuselle polo feito de que Aristóteles consideraba a lóxica como un instrumento (órganon) do pensamento para o recto procedemento científico. Constitúe a obra máis destacada da lóxica tradicional.