"Mos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 604.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten limo ou as características do limo.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na Escola Massana e en San Jordi. Seguidor do conceptualismo, fixo Llimós en marxa (1972). Desde 1975 traballou en Nova York, cunha pintura de cores vivas centrada na figura. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Lobaces (Trasmiras). Foi priorado de San Martiño de Grou, casa que pasou a depender de San Salvador de Celanova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
CMOS localmente oxidado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que, ao parecer, tivo a súa orixe en Vasco de Lemos, quen participou xunto co Rei Afonso I o Católico na conquista e repoboación das terras de Lugo cara ao ano 740. Posteriormente, Ramiro II outorgou un privilexio aos señores de Sober e Ferreira no ano 847, en que confirmaba a súa posesión sobre estas terras e así pasaron a denominarse López de Lemos. Trae por armas, en campo de azul, trece besantes de prata, colocados en tres paos de catro, cinco e catro.
-
PERSOEIRO
Clérigo e deputado. Foi denunciado á Inquisición en diversas ocasións entre 1796 e 1820 por defender posicións atrevidas en materia teolóxica e en 1809 por colaborar cos franceses. Tralo retorno do absolutismo sufriu unha nova persecución (1814-1820). Deputado nas cortes liberais (1820-1823), en 1825 sufriu a represión dos absolutistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Iniciou a súa actividade escénica en grupos afeccionados como Trasno, Tespis, Sapoconcho e O Moucho Clerc, e tamén traballou para o centro Dramático Galego (CDG) en espectáculos como O Incerto señor don Hamlet e Un soño de verán, co que obtivo o Premio Compostela ao mellor actor de reparto. Coa compañía Ollomoltranvía participou en Commedia e Raíñas de pedra, e con Mofa e Befa destacan Para ser exactos (1993) e Finis Mundi Circus (1998), co que logrou o Premio María Casares ao mellor actor de reparto. Tamén realizou traballos para cine e televisión en series como Mareas Vivas ou Un paso adelante.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do estado de Novo México, ao O de EE UU. Situada nun deserto, foi escollida para instalar un laboratorio para proxectar a bomba atómica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado no lugar de Lubre (Ares). Pola súa proximidade estivo vinculado ao mosteiro de Caaveiro.
-
PERSOEIRO
Escritor grego. A súa obra é moi variada, comprende diálogos (Diálogos das meretrices, Diálogos dos deuses, Diálogos mariños e Diálogos dos mortos), panfletos (O pescador, Temón, O galo), narracións fantásticas (Historias verdadeiras) e obras en verso (Tragodopodagra e Epigramas). Manifesta diversas tendencias, unha retórica e sofista, de carácter lixeiro, outra filosófico-moral, de actitude cínica e escéptica, e outra satírica, na que ataca feitos e personaxes da época. Usou unha lingua elegante, e foi considerado un cínico que só quería facer rir o público burlándose de todo. Influíu na literatura medieval, como en Liutprando, na bizantina, en Erasmo, Rabelais, Maquiavelo e Cyrano de Bergerac, na picaresca castelá, en Swift e en Voltaire.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e cabalista. Xudeu, estudiou a cábala e escribiu obras místicas. Foi sospeitoso de mesianismo, polo que se trasladou a Amsterdam e a Palestina. Ilustrado, converteuse en punto de partida da literatura hebraica moderna e abandonou a materia relixiosa anterior. Escribiu en hebreo e publicou A senda de rectitude (1740).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi arcebispo de Novgorod e metropolitano de Moscova (1543). Tivo moita influencia sobre o tsar Iván IV o Terrible. Recolleu a tradición rusa en varios volumes sobre a vida dos santos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica que considera o Universo como un grande organismo, semellante ao home ou microcosmos. A doutrina desta mutua correspondencia é propia de correntes filosóficas ocultistas e máxicas, e repítese en diversos autores renacentistas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Maglemosense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura mesolítica de Europa Septentrional que data de 6.800 a 5.000 a C, aproximadamente. O nome deriva da estación de Maglemose (Dinamarca). Estendeuse desde o SL de Reino Unido ata Estonia e Letonia, incluíndo zonas de Dinamarca, Suecia, Alemaña e Polonia. Era unha cultura de pastores e cazadores que fabricaban instrumentos de ósos, cornos de reno e sílex, xeralmente microlíticos.
-
GALICIA
Pintor e humorista gráfico. É un dos artistas máis representativos do cómic en Galicia, e principal impulsor, xunto con Reimundo Patiño, da banda deseñada galega. Promotor e director do Museo do Humor de Fene e director da revista Sapoconcho, desde a década de 1970 comprometeuse na defensa do uso da lingua galega no cómic e nos medios de comunicación. En 1975 editou con R. Patiño 2 Viaxes, o seu primeiro álbum. Tamén cómpre salientar outros traballos como Gaspariño (1978), Alcacén para gaitas (1980), Dos pés á testa (1986), O ABC do cómic (1995), Feito a man (1997) e Malfeito bufón (2003), ademais da súa colaboración en obras doutros autores. Colaborador de numerosos medios de comunicación como Can sen dono, Chan, La Codorniz, Diario16, Golfiño, El Ideal Gallego, Das Kapital, Luzes de Galicia, A Nosa Terra, Teima e, desde 1988, en La Voz de Galicia, realizou exposicións en distintas vilas de Galicia, en Madrid e Barcelona, e noutras cidades europeas como Lorient. Coa crise do Prestige,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo priorado do mosteiro cisterciense de Oseira, situado en Marín, fundado a finais do s XII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos marsupiais, da familia dos didélfidos, que alcanzan entre 8,5 e 19 cm de lonxitude. Presentan un corpo esvelto e unha pelaxe curta de cor gris ou terra avermellada. Son de hábitos solitarios e aliméntanse de froitas e pequenos animais. Habita sobre todo en Formosa e América, desde México e Chile ata Arxentina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame convocado polo Concello de Ferrol a partir de 1983. O fin foi o de constituír unha colección galega de gravado contemporáneo, conservada e incrementada despois de cada edición polo Arquivo Calcográfico Ferrolán. Non ten carácter anual e dos premios destaca o extraordinario para a especialidade de linóleo. As obras premiadas pasan a formar parte do Museo Municipal.
-
GALICIA
Filósofo grego. Pertenceu á escola de Elea e comandou a frota samia que derrotou os atenienses (441-440 a C). Consérvanse algúns fragmentos da súa obra en prosa Sobre a natureza ou sobre o ser, gardados por Simplicio. Tamén o tratado pseudo-aristotélico Sobre Meliso, Xenófanes e Gorxias.
VER O DETALLE DO TERMO