"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Brindisi, na Puglia, Italia, situada á beira do Mar Adriático (94.029 h [1998]). Polo seu porto natural e profundo, canalízase o comercio cara ao Mediterráneo oriental e cara aos países de Oriente. Posúe aeroporto internacional. Primitivamente habitada polos gregos (Bρεντέσιον), Brindisi (Brundisium) foi conquistada polos romanos (266 a C) e convertida nun centro comercial e no porto de embarque cara a Grecia. Durante a Alta Idade Media perdeu moita importancia a causa das invasións bizantinas, lombardas e musulmanas e non volveu recobrala ata que foi conquistada polos normandos (1071). Foi destruída por un terremoto en 1456. Entre os seus monumentos cómpre destacar a fonte Tancredi, o castelo do s XIII e as igrexas de San Giovanni al Sepolcro, románica do s XI de planta circular, Santa Maria de Casale, románico-gótica do s XIV, e a catedral construída no s XIII e reedificada no 1799. Ten un museo arqueolóxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Puglia, Italia (1.839 km2; 413.243 h [1998]). A capital é Brindisi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento para determinar a dureza dun material que consiste en comprimir unha esfera de aceiro contra unha superficie plana do material; con isto prodúcese unha deformación en forma de casquete esférico. A dureza vén dada polo cociente entre a presión P da esfera e a superficie S da deformación provocada, e exprésase en graos Brinell.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro sueco. Realizou investigacións no campo da cristalización e da manufactura do aceiro que o levaron a idear, no ano 1900, o ensaio de dureza para metais e aliaxes que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das varas que atravesan entrelazadas as costelas dunha cesta.
-
PERSOEIRO
Pintor ourensán. Concorreu á Exposición de Bellas Artes de Madrid no ano 1892 con dous bodegóns de obxectos de China e Xapón de pequeno tamaño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é fino, delgado ou esvelto.
-
PERSOEIRO
Escritor sudafricano. Moi influído polo nouveau roman, escribiu novelas e pezas teatrais de contido psicoloxista e de feitura experimental en lingua afrikaans e inglesa. Publicou Kennis van die Aand (Coñecemento da noite, 1973), prohibida polo goberno do seu país durante anos, An Instant in the Wind (Un momento no vento, 1976), Rumours of Rain (Rumores de chuvia, 1978), A Dry White Season (Unha estación seca e branca, Prix Médicis, 1979) e The Wall of the Plague (O muro da praga, 1984), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Etnólogo e arqueólogo norteamericano. Foi un dos principais iniciadores da etnoloxía en EE UU. Estudiou a lingua e as tradicións dos indios de América do Norte e América Central. Publicou entre outras, The Maya Chronicles (Crónicas dos maias, 1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cristais prismáticos solubles en disolventes orgánicos e en auga, obtidos por reacción de ácido pícrico sobre unha solución de bromo e óxido de calcio.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de santa Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica. O topónimo ao que remite presenta etimoloxía escura. Documéntase desde o s XIII: “Alfonso Rodriguez Bugarin” (doc ano 1250 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 532).
-
Liñaxe orixinaria da parroquia Bugarín, en Ponteareas, que deixou ilustres membros pola vilas do sur de Galicia como Porriño, Baiona, Pontevedra, etc. As súas armas levan escudo cortado: primeira partición, en campo de prata, con tres flores de lis de azul, postas en faixa; segunda partición, en campo de azul, cun brazo nacente do flanco sinistro, agarrando coa man tres ou catro paos entrecruzados, de prata. Outra variante trae escudo cortado: primeira partición, en campo de prata, con tres lises de azul colocadas en faixa; segunda partición, en campo de azul, cun brazo vestido movente do lado sinistro, sostendo na man tres varas de prata. Reséñase tamén outro escudo que ostenta: en campo de ouro, dous brazos vestidos e enluvados, moventes, un do flanco sinistro e outro do destro, sostendo cada man un feixe de ramallos de prata.
-
-
GALICIA
Dominicano. Deixou manuscritas varias obras, entre outras, Anales del Reino de Galicia, Historia eclesiástica y profana (catro tomos conservados no arquivo do Cabido de Santiago de Compostela) e Historia del apóstol Santiago, único y singular patrón tutelar de las Españas (hoxe na Academia da Historia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano. Foi misioneiro en Filipinas, entre outras, nas localidades de Pata Island, Abulug e Tuguegarao, superior do convento de Manila dende 1661 e vigairo de varias misións dende 1669. Coñecedor das linguas indíxenas, escribiu Arte de hablar el ibanag e un Vocabulario do mesmo idioma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, economista e teórico marxista. Membro do partido bolxevique dende 1906, exiliouse en 1910 ata que en 1912, entrou en contacto con Lenin. En 1916 dirixiu en Nova York o diario bolxevique clandestino Novy Mir (Novo Mundo). Volveu a Rusia trala Revolución de febreiro de 1917 e participou activamente na Revolución de outubro (7.11.1917). Dende o ano 1920 publicou varias obras nas que defendía a necesidade obxectiva do comunismo de guerra e formulaba a diferenza entre o modo de produción socialista e o modo de produción do período de transición ao socialismo. Apoiou as posicións de Trotskij e Jevgenij Preobraženskij ata mediados dos anos vinte, pero no 1924 enfrontouse a esté último e sostivo a tese dunha necesaria correspondencia entre a industria e a agricultura defendendo as realizacións da Nova Política Económica (NEP). Malia que en 1924 iniciou un proceso de moderación nas súas actitudes, foi elixido presidente do Kommintern en 1926. Caeu en desgraza en 1928 e, destituído...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da parroquia de Camariñas (concello de Camariñas) ata mediados do s XX.
-
-
Relativo ou pertencente aos burínidos.
-
Ave da familia dos burínidos.
-
Familia de aves da orde dos caradriformes que ten como único representante o xénero Burhinus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
tributirina.
-
PERSOEIRO
Xefe militar carlista. Comezou a carreira eclesiástica pero deixouna ao ter lugar o levantamento carlista (1833). Non aceptou o Convenio de Bergara (1839). Retirouse a Francia (1840) e máis tarde a Inglaterra, onde finou. Non quixo intervir na Terceira Guerra Carlista, rexeitando a oferta do pretendente Carlos VII. En 1875 recoñeceu a Afonso XII como rei lexítimo de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[Davallia canariensis, Fam das davaliáceas]