"SF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 419.

    1. Incorporación dun grupo fosfato a un composto orgánico.

    2. Reacción que ten lugar na fotosíntese en que o fósforo inorgánico se fixa a unha molécula de ADP para a formación de ATP, coa utilización de enerxía luminosa. Existen dúas vías: a fosforilación cíclica e a fosforilación non cíclica. Tamén recibe o nome de fotofosforilación.

    3. Reacción que se dá nos estadios finais da respiración aerobia, en que se produce a fosforilación do ADP, para formar ATP. Ten lugar nas mitocondrias celulares conxuntamente co transporte de electróns e representa un mecanismo de conservación de enerxía que se produce na respiración celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incorporar un grupo fosfato ou fosforilo a un composto orgánico mediante unha reacción de transferencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos enzimas do grupo das transferases que catalizan reversiblemente a escisión fosforolítica dos enlaces α(1 → 4) glicosídicos dos disacáridos ou dos polisacáridos, mediante a adición de fosfato inorgánico. Corresponde ao subgrupo das glicosiltransferases. O máis importante é a α-glicano-fosforilase ou fosforilase do glicóxeno e do amidón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical trivalente de fórmula (PO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación causada polo fósforo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola literaria sueca. Romántica con certas tendencias neoclasicistas, estivo influída por Schelling, Goethe e Schiller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade do apatito amorfo-coloidal, criptocristalina ou finamente fibrosa, que se formou nos procesos sedimentarios. Utilízase sobre todo como fertilizante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento químico non metálico pertencente ao grupo V da táboa periódica, de valencias +3 ou +5, número atómico 15 e masa atómica 30.97376. O nucleido 31 constitúe o elemento natural; coñécense seis nucleidos artificiais: 28, 29, 30, 32, 33 e 34. O alquimista H. Brand foi o primeiro en obtelo (Hamburgo, 1669), a partir dos ouriños. Aínda que é relativamente pouco abundante na natureza (a codia terrestre contén un 0,1%), ten unha importancia considerable nos reinos animal e vexetal; atópase, nas rochas, en estado de fosfatos metálicos, dos que o máis abundante é o fosfato tricálcico ou fosforita, de fórmula Ca 3 (PO 4 ) 2 , que constitúe xacementos importantes ao norte de África (Túnez) e nos EE UU (Florida). No procedemento clásico de preparación industrial do fósforo, que deriva do de Scheele, o fosfato tricálcico trátase con ácido sulfúrico, e o ácido fosfórico que se obtén é reducido polo carbono. No procedemento moderno o fósforo prepárase sobre todo...

    2. misto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método que permite a representación de obxectos emisores de luz ultravioleta mediante a utilización dunha pantalla fosforescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para observar a fosforescencia dun corpo e medir a súa intensidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fósforo.

    2. Que contén fósforo.

    3. Aplícase aos compostos de fósforo en que este ten unha valencia ou número de oxidación de +3.

    4. Ácido dibásico delicuescente que se obtén por hidrólise do tricloruro de fósforo. Coñécense dúas formas parcialmente deshidratadas: o ácido metafosforoso (HPO 2 ) e o ácido pirofosforoso (H 4 P 2 O 5 ).

    5. Óxido de fósforo no que este actúa con número de oxidación +3. Dáse na forma P 4 O 6 e é moi pouco ávido de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combinación do fósforo con outro elemento, preferentemente no caso de que o elemento sexa un metal. Os fosfuros dos metais pesados teñen un aspecto metálico e son bos condutores da corrente eléctrica; é importante, entre outros, o bronce de fósforo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa da superficie do Sol da que proveñen case todas as radiacións solares que chegan á Terra. Constitúe o disco visible do Sol, que é o disco luminoso que se pode observar en condicións normais. Ten unha profundidade duns 400 km. A temperatura nas rexións máis profundas é de 7.500°K, pero diminúe, ata que chega a un valor de 4.700°K nas rexións máis externas. As zonas máis profundas da fotosfera mestúranse cunha rexión dunha grande opacidade onde predominan os movementos de convección, que se denomina zona de convección. A superficie non perturbada da fotosfera ten unha estrutura granular; os elementos desta estrutura son uns polígonos ou celas de forma irregular que teñen unha largura de 300 a 1.500 km, separados entre eles por estreitas faixas de coloración máis escura. Moi a miúdo a superficie da fotosfera pertúrbase por procesos que se orixinan no interior do Sol e pódense observar formacións claramente máis escuras ca as das rexións que as envolven, denominadas manchas solares, que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de transformacións que, no contexto da mecánica clásica, prerrelativista, permite transformar as coordenadas entre sistemas de referencia inerciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor da imprenta de tipos móbiles. Coñecido como Johann Gutenberg. En 1450 asociouse con Johann Fust, quen achegou 800 gulden para facer libros, ata que en 1455 este último esixiu a devolución do capital e mais os intereses. Como Gutenberg non podía devolver o diñeiro, por orde xudicial tanto o obradoiro, como a maquinaria e os materiais pasaron a mans de Fust, entre os que probablemente se encontraba o primeiro libro impreso con tipos móbiles, a Biblia Latina, de 42 liñas e dúas columnas editada por Fust en 1456. O mesmo aconteceu con outra obra coñecida, o Salterio. Non hai ningunha obra que teña o nome de Gutenberg como impresor e só os testemuños contemporáneos permitiron poder atribuírlle esta invención e primeira edición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fosfoglicérido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal do ácido glicerofosfórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster de glicerol e do ácido fosfórico que resulta da redución do fosfato de dihidroxiacetona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión do espazo interestelar controlada polo Sol mediante o fluxo do vento solar. Esténdese unhas 50 ou 100 UA máis lonxe da órbita de Plutón. Engloba o Sol, os planetas, os seus aneis e satélites, os asteroides, os cometas e os raios cósmicos, que envolven o sistema solar, e caracterízase por unha densidade de enerxía do vento solar superior á do medio interestelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hemiesferoide.

    2. Que ten forma de hemiesferoide.

    VER O DETALLE DO TERMO