"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • Que se pode desarmar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desarmar ou desarmarse.

    2. Aplícase a un animal que non ten uñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desarmar ou desarmarse.

    2. Limitación ou supresión do armamento bélico susceptible de se utilizar nun conflito internacional. Esta idea formulouse por primeira vez na Conferencia da Haia (1899) pero só a finais da Primeira Guerra Mundial foi autenticamente obxecto de negociacións internacionais, que se plasmaron en acordos da Sociedade de Nacións. Estes intentos de negociación fracasaron a partir da chegada de Hitler ao poder en Alemaña en 1933, xa que practicou unha política de rearmamento que non puido ser controlada polo resto dos estados. A crise de Cuba en 1962 implicou a necesidade de celebrar acordos sectoriais de desarmamento entre dúas superpotencias, que acadaron máis control sobre as armas nucleares pero non a súa completa prohibición. En 1963 os EE UU e a URSS asinaron un tratado de prohibición de probas nucleares na atmosfera aprobado polas Nacións Unidas (1968). Os principais acordos asinados posteriormente son o tratado sobre a non-militarización do espazo (1967), o Tratado de Non-Proliferación (TNP,...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deixar a alguén sen armas.

      2. Suprimir ou reducir un Estado as forzas militares, especialmente cando deixa de estar en guerra. Os estados levan a cabo o desarmamento en períodos de paz co fin de perpetuar a paz e a seguridade internacionais mediante o control dos medios de destrución masiva, de forma que ningún estado poida acadar unilateralmente a supremacía política e estratéxica na sociedade internacional.

      3. Arrincar, durante a práctica da esgrima, a arma do adversario mediante un movemento rápido da propia.

    1. Desmontar as pezas que forman parte dunha cousa.

      1. Deixar a alguén sen argumentos nunha discusión.

      2. Facer variar a actitude hostil de alguén.

    2. Desmontarse as pezas que constitúen unha cousa.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar algo que estaba gardado nun arquivo.

    2. Retomar un proceso xudicial que estaba arquivado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desarraigar.

    2. Estado da persoa que non sente apego polo lugar ou a sociedade á que pertence.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arrincar da terra unha árbore ou unha planta coa súa raíz.

    2. Separar a alguén do seu lugar de orixe ou do ambiente en que vive.

    3. Eliminar un hábito, unha crenza, un sentimento, unha doenza ou vicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desarranxar.

    2. Aplícase á persoa que anda con aspecto desamañado e mal vestida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de orde ou organización.

    2. Trastorno dun aparato que dificulta o seu correcto funcionamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar os arreos aos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Restaurar a mobilidade perdida no corpo ou nalgún dos seus membros, xeralmente por mor do frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soltar algo que se ten collido no colo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desarrendar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar algo que se ten arrendado.

    2. Facer que un arrendatario desocupe unha propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo deixe de estar arrimado ou tocando algunha cousa.

    2. Deixar de estar próximo ou rozando algunha cousa.

    3. Deixar de vivir xuntas dúas persoas que mantiñan unha relación de parella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desfacer unha ringleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría de desenvolvemento económico na que priman os aspectos cuantitativos sobre os cualitativos e que persegue a mellora das cifras macroeconómicas dos estados, como a inflación, o gasto público ou a balanza de pagamentos, sen importar os custos sociais que o desenvolvemento económico ocasiona. Esta denominación aplicouse aos períodos da historia económica de España e América Latina da década de 1960. En España comezou co deseño do Plan de Estabilización en 1959 que perseguía o aumento da produción nacional, a estabilidade económica, o pleno emprego, a incorporación da economía española ao sistema económico mundial, a flexibilización dos mecanismos económicos e a distribución equitativa da renda nacional. Con estes obxectivos elaboráronse outros catro Planes de Desarrollo, entre 1964 e 1967, 1968 e 1971, 1972 e 1974, e de 1975 en diante, aínda que este último non chegou a poñerse en práctica. Os resultados manifestáronse sobre todo na industria, coa creación de empresas de grandes dimensións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe aparecida o 15 de xaneiro de 1985 en Santiago de Compostela. Dirixida por Pablo Viz Otero e coordinada por Carlos Burgos, contaba coa colaboración de M. Callejas Grandío, M. Barrera Herrero e Pilar Arias de la Vega. Recolle nas súas páxinas aspectos relacionados coa gandería, os cultivos, as masas forestais, as novidades técnicas e de maquinaria xunto con entrevistas e artigos de carácter político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de José Luis Pereiro Alonso, publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1981), que expón e reflexiona sobre a historia urbanística viguesa e atende tanto aos proxectos como ás realizacións, especialmente ao seu desenvolvemento nos ss XIX e XX. Segundo a obra, que constitúe un dos principais estudios urbanos realizados en Galicia, a urbanización de Vigo nesas dúas centurias respondeu a intereses especulativos, malia que non faltaron en diversos momentos proxectos e plans urbanísticos deseñados para construír unha cidade máis racional que, sen embargo, as máis das veces foron desbotados. A permisividade das autoridades responsables foi un dos factores que propiciou a adopción de modelos urbanizadores nos que, en xeral, primaron os intereses inmediatos dos promotores inmobiliarios, afastados das necesidades da poboación, que se viu abocada, segundo as conclusións do autor, a habitar un espazo inseguro, insalubre e, en certo sentido, inhóspito.

    VER O DETALLE DO TERMO