"Soči" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 360.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política italiana fundada en 1892, co nome de Partito dei Lavoratori Italiani, por Filippo Turati, Andrea Costa e Gregorio Agnini. Dominou o sector sindicalista entre 1904 e 1908. A gran crise produciuse coa cuestión da adhesión á Terceira Internacional no congreso de Livorno (1921), onde se produciu a escisión principal, a dos leninistas, que fundaron o Partito Comunista Italiano. O secretario do PSI, Giacomo Matteotti, foi asasinado (1924) e os socialistas reagrupáronse no exilio e asinaron en 1934 un pacto de acción cos comunistas para unha colaboración coa Resistenza. En 1947 escindiuse en dúas ramas: o PSI, guiado por Pietro Nenni, e o PSDI (Partito Socialista Democratico Italiano), guiado por Giuseppe Saragat. O afastamento entre o PSI e os comunistas permitiu a súa entrada nos gobernos de coalición dirixidos pola democracia cristiá. No período de 1978-1985, con Alessandro Pertini, acadou a presidencia da república, e o seu secretario xeral, Bettino Craxi, encabezou entre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de planificación, de carácter indicativo, vixente en España entre 1964 e 1976.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Sociedad Económica Amigos del País de Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime fascista establecido por Benito Mussolini no N de Italia entre o 9 de setembro de 1943 e o 25 de abril de 1945, con sede en Salò (Lombardia). Pouco despois de ser liberado polos alemáns, B. Mussolini formou un goberno republicano na zona de Italia dominada por aqueles no que tentou recuperar as pretensións sociais do primeiro fascismo. Organizou un xuízo, o Proceso de Verona, contra os supostos culpables da caída do réxime fascista en Roma, pero sucumbiu ante o avance aliado e a acción dos partisanos.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir de 1980. Trátase da segunda etapa dunha revista anterior, dirixida polo doutor Luis Gómez. Coordinada polo doutor Isaac Arias, tentou difundir entre os profesionais do sector unha terapéutica farmacolóxica máis racional para a súa aplicación en hospitais e centros de saúde. Incluíu ensaios sobre fórmulas farmacolóxicas, estudos sobre a aplicación de medicamentos, revisión bibliográfica de compostos químicos e referencias a actividades profesionais dos farmacéuticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa química francesa nacida da fusión da Société des Usines du Rhône (1895) cos Établissements Poulenc Frères (1827). É unha das principais empresas químicas mundiais e a primeira de Francia. Desenvolve a súa actividade preferente nos campos das fibras sintéticas (Rhovyl), produtos farmacéuticos, celulosa e filmes plásticos. En 1982 foi nacionalizada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación xeográfica británica creada en 1830 en Londres co propósito de promover e axudar aos estudos e ás investigacións de orde xeográfica. Foi a terceira asociación deste tipo creada no mundo. Publica desde 1893 o Geographical Journal. En 1995 fusionouse co Institute of British Geographers.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, fundado a finais de 1980 e dirixido por Guillermo Rojo (1990-1994) e Manuel González (desde 1994). Está formado por un equipo multidisciplinar que conta con psicólogos, sociólogos, lingüistas e sociolingüistas. Realizou o Mapa Sociolingüístico de Galicia, do que se publicaron tres volumes (Lingua galega e competencia lingüística en Galicia, 1994; Usos lingüísticos en Galicia, 1995 e Actitudes lingüísticas en Galicia, 1996). Participou en diversos proxectos europeos, en colaboración con socios de Irlanda, Holanda, Gales, Catalunya e Euskadi. No 2004 publicou a monografía O galego segundo a mocidade, na que combinando diversas técnicas de tipo cualitativo (grupos de discusión, entrevistas en profundidade e técnica de máscaras) se chega á conclusión de que as actitudes da mocidade cara ao galego non son tan favorables como reflectían as enquisas de carácter cuantitativo. No 2005 realizou unha actualización dos datos do Mapa sociolingüístico,...
-
CIDADES
Cidade situada no kraj de Krasnodar, Rusia (359.000 h [1997]). É un porto no Mar Negro e centro dunha importante zona balnearia e turística.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
sociable.
-
-
Calidade de sociable.
-
Modo en que se agrupan as especies dunha comunidade vexetal. Os individuos poden estar illados, reunidos en grupos máis ou menos grandes, ou constituíndo unha poboación continua.
-
-
-
Que tende a vivir en sociedade.
-
Que se relaciona facilmente cos demais.
-
Que é de trato agradable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de vexetación utilizada polas escolas fitocenolóxicas do N de Europa, que está caracterizada polas especies constantes, pola estrutura dos estratos e por diversos parámetros cuantitativos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación que na Antiguidade clásica recibiron as diversas guerras xurdidas entre os membros dunha mesma confederación. En Grecia produciuse unha guerra social (357 a C-354 a C) que levou á disolución da Segunda Liga Ática. En Italia os pobos itálicos aliados de Roma opuxéronse violentamente á urbe que se negaba a concederlles os dereitos que reivindicaban (91 a C-88 a C).
-
-
Relativo ou pertencente á sociedade.
-
-
Relativo ou pertencente ás relacións entre patróns e obreiros, considerados como clases sociais.
-
Relativo á clase traballadora.
-
cuestión social
Conxunto de problemas sociais, como a inxustiza no repartimento das riquezas ou a situación degradada do proletariado que abordou a Igrexa a finais do s XIX e na primeira metade do s XX.
-
-
Relativo ou pertencente a un grupo ou conxunto de individuos que viven en sociedade, en oposición a individual.
-
Relativo ou pertencente a unha asociación ou sociedade comercial, industrial, cultural ou de calquera tipo.
-
Membro da brigada político-social do corpo xeral de policía durante o Franquismo.
-
Movemento xurdido en Bélxica no Congreso de Malines (1863-1864) como réplica ao liberalismo. Arraigado na busca, despois da Revolución Francesa, dunha alternativa cristiá fronte ás correntes socialistas, foi unha corrente paternalista representada por Kettlen en Alemaña, Manning en Reino Unido e Taparelli de Argelio en Italia. A democracia cristiá herdou as súas directrices.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político británico xurdido en 1981 a raíz dunha escisión do Labour Party protagonizada por Roy Jenkins, David Owen, William Rodgers e Shirley Williams. Mantivo unha alianza electoral co Liberal Party que fracasou no intento de romper o sistema bipartidista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei promulgada polo congreso estadounidense en 1935, proposta por Frankling D. Roosvelt, onde por primeira vez aparece o concepto de seguridade social. Tiña como fin a implantación en EE UU da lexislación sobre seguros de desocupación e organizar un sistema de seguros para a vellez de determinados traballadores, como os cegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento socialista caracterizado pola renuncia ao marxismo, a aceptación das institucións liberal-democráticas e unha práctica política de tipo moderado. Desde finais do s XIX ata a Primeira Guerra Mundial fai referencia aos partidos políticos de inspiración marxista, sobre todo en Alemaña, países escandinavos e Rusia. A primeira tendencia revisionista do marxismo, protagonizada por E. Bernstein, rexeitaba a ditadura do proletariado e preconizaba unha transformación lenta do sistema capitalista, que se convertería en socialista mediante un proceso de reformas graduais e sucesivas, conseguidas a través da loita parlamentaria, en que os socialistas habían de buscar a alianza dos partidos burgueses da esquerda. As tendencias revisionistas penetraron profundamente na práctica política de diversos partidos socialistas, como o Sozialdemokratische Partei Deutschlands, o Partido Socialdemócrata Danés, o Partido do Traballo de Noruega e o Partido Socialdemócrata Sueco. O Labour Party británico...
-
-
Relativo ou pertencente á socialdemocracia.
-
Partidario da socialdemocracia.
-