"andi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 305.

  • Persoa que fai propaganda, especialmente en materia política ou ideolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á propaganda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos membros dunha familia de ácidos graxos quirais, opticamente activos, non saturados, de vinte átomos de carbono, que conteñen como esqueleto común o ácido prostanoico, constituído por un anel de cinco membros enlazados, en átomos veciños, dúas cadeas de sete e oito átomos de carbono, e o grupo carboxílico situado no carbono terminal da primeira. Están amplamente difundidos, en moi baixa concentración, no organismo dos mamíferos, e localízanse preferentente nos fluídos seminais. As prostaglandinas presentan unha acción acusada sobre a musculatura lisa. Comprobouse o efecto nos ciclos menstrual e do embarazo, e tamén na fertilidade masculina e na área cardiovascular como vasoconstritoras e vasodilatadoras. Empregáronse como abortivos, para inducir o parto e no tratamento de úlceras. Regulan a presión sanguínea por vasoconstrición ou vasodilatación, presentan antagonismo coas hormonas que inflúen no metabolismo dos lípidos, e a prostaglandina I2 (chamada tamén prostaciclina)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi catedrático de teoloxía dogmática e de moral no seminario de Santiago de Compostela, vicechanceler da Universidad Pontificia e administrador do pazo de Rajoy. En 1922 obtivo a coenxía de penitenciario na catedral de Santiago de Compostela. Entre 1933 e 1936 continuou a obra de A. Amor Ruibal Los Problemas Fundamentales de la Filosofía y del Dogma, da que se publicaron catro tomos postumamente. Escribiu, entre outras obras, De Oeconomia Theologica. Pars Prima: De forma sacramenti Matrimonii (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Calvos de Randín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana (1.870 h [2001]). A agricultura é principalmente de regadío, onde destacan os cultivos de cítricos. Posúe fábricas de ladrillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Abertura estreita que se forma nun sólido.

      2. fenda anelar

        Defecto da madeira consistente na separación de dúas capas contiguas do tecido leñoso.

    1. Suco máis ou menos profundo e sinuoso, situado na superficie dalgunhas vísceras. As máis importantes son as dos pulmóns e as do cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión administrativa e política entre Rhodesia do Sur (actual Zimbabwe), Rhodesia do Norte (actual Zambia) e Nyasalandia (actual Malawi), desde 1953 a 1963 co nome de Federación Centroafricana. A partir da década de 1930 a presión simultánea desde Salisbury e Lusaka para crear unha federación que incluíse tamén Nyasalandia chocou cunha forte resistencia en Londres, que quería garantir os dereitos dos africanos. Non obstante, a insistencia dos brancos de Rhodesia do Sur atopou un apoio favorable entre os conservadores británicos. En 1953 o goberno de W. Churchill autorizou a creación dunha federación cunha ampla autonomía, que conseguiu diversos avances económicos, pero topou coa resistencia dos nacionalistas africanos estimulados pola independencia de toda África negra e dirixidos por Hastings Banda en Nyasalandia e por Kennet Kaunda en Rhodesia do Norte. A federación disolveuse definitivamente o 31 de decembro de 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Normandie 932? - Fécamp 996) Duque de Normandie (942-996), fillo de Guillerme I de Normandie Longa Espada. Apoiou aos Capetos e enfrontouse con Luís IV de Francia ao que derrotou coa axuda do Rei Harald II de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista. Estudou a carreira de ciencias e comenzou pero non rematou a de medicina. Foi catedrático de Historia Natural dos institutos de Pontevedra, Donostia e Santiago de Compostela. Publicou diversos artigos e Elementos de Historia Natural (1895). Foi membro da Real Sociedad Española de Historia Natural e académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Normandie (1028-1035), fillo do duque Ricardo II e sucesor do seu irmán Ricardo III. Enfrontouse coa nobreza feudal, especialmente coa eclesiástica, ao fomentar a reforma da clerecía en Normandie. Foi pai do futuro Guillerme I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1054? - Cardiff 1134) Duque de Normandie (1087-1106), fillo e sucesor do duque Guillerme II (Guillerme I de Inglaterra). Rebelouse contra o seu pai en 1077-1078 e en 1082-1083. Viviu exiliado en Italia ata a morte deste. Ao tempo que o sucedía no ducado, o seu irmán Guillerme II de Inglaterra invadiu o territorio (1091), polo que se viu obrigado a cederlle os condados de Eu e Aumale.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador e clérigo galego. Activo no segundo terzo do s XIII, pertenceu á familia do abade de Valladolid Gomes Garcia, valido de Sancho IV e tamén trobador. Nomeado capelán por Afonso X, asinou o seu testamento o 16 de Nadal de 1273. Aínda que nas súas composicións femininas inseriu o tema da partida do amado cara a Sevilla para servir o rei, non se sabe con certeza da participación do autor na toma da cidade. Precisamente vai ser este o tema central das súas composicións de amigo, onde sinala de forma cronolóxica os diferentes estados de ánimo de antes e despois da separación. O amado, farto do sufrimento pola muller, decidiu partir en “Conhosco-me meu amigo”; pola súa parte, a amada pide á nai reunirse por última vez en “Madre, pois amor ei migo” e “Se vos non pesar ende” ou a nai participa da dor da filla e esta láiase da marcha do amado en “Id’ é meu amigo d’aqui”. Nas cantigas de amor, onde emprega unha coidada retórica e algunhas innovacións estilísticas e temáticas, destacan “De...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Senador de UCD pola provincia de Lugo (1977), foi cofundador de Coalición Galega (CG) e deputado no Parlamento galego (1985-1993). Presidiu CG en 1990. Publicou diversos traballos de investigación sanitaria como Necesidades de personal médico en Galicia (1972) e Concepto general y puesta en marcha de la Medicina Preventiva en el medio rural gallego (1972). É académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen manifesta pouca intelixencia e disposición.

    2. Que ou quen resulta inoportuno ou indiscreto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, con talos prostrados, longos e pilosos, de follas lobuladas, flores amarelas e froitos en pepónide comestibles. É oriúnda de Asia meridional e ou seu cultivo é moi antigo.

    2. Froito da planta do mesmo nome. É de gran tamaño, redondo, de pel lisa, zumarento, de polpa vermella e con moitas pebidas negras. O seu valor nutritivo é baixo, excepto polas súas vitaminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia situada na ribeira dereita da ría de Camariñas, na parroquia de Xaviña (Camariñas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira dereita da ría de Camariñas, situada na parroquia de Xaviña (Camariñas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo Estevo que dá nome ao concello de Sandiás, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Limia, situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 06’ 50” de latitude N e 7° 46’ de lonxitude O. Limita ao N con Allariz e Xunqueira de Ambía (ambos os dous na comarca de Allariz-Maceda), ao L e ao S con Xinzo de Limia (comarca da Limia), e ao O con Vilar de Santos (comarca da Limia). Abrangue unha superficie de 52,8 km 2 cunha poboación de 1.680 h (2007), distribuída nas parroquias de Couso de Limia, Piñeira de Arcos e Sandiás. A súa capital está no lugar de Sandiás, na parroquia homónima, a 137 km de Santiago de Compostela e a 32 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Xinzo de Limia.
    Xeografía física
    O relevo, claramente condicionado polos abondosos depósitos sedimentarios cuaternarios, é extremadamente simple. O 80% do territorio correspóndese coa depresión da Limia, e tan só o seu extremo NL conta con illadas elevacións. A maior parte do territorio caracterízase...

    VER O DETALLE DO TERMO