"atü" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 368.

    1. de naturalizar ou naturalizarse.

    2. Que recibiu a nacionalización noutro estado diferente ao seu orixinario.

    3. Aplícase á planta de procedencia estranxeira que se difundiu nunha rexión e que vexeta e se multiplica coma as plantas indíxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conceder a un estranxeiro a cidadanía dun estado.

    2. Admitir como propio dun lugar ou país algo estranxeiro ou foráneo.

    3. Aclimatar unha especie animal ou vexetal a un ambiente que non é o seu.

    4. Adquirir un estranxeiro a cidadanía dun estado.

    5. Difundirse unha especie vexetal ou animal exótico por un territorio, como se fose natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto da realidade tal como é independentemente da intervención e a acción humanas. Neste sentido, a natureza contraponse tanto á técnica como á arte e á cultura.

      2. Conxunto dos campos, os bosques e montañas, o mar, os ríos e lagos, a vexetación e a fauna, en oposición á cidade e á civilización.

      3. natureza morta

        Xénero pictórico que ten como tema exclusivo obxectos inanimados de diversa índole como froita, flores ou obxectos. Como xénero autónomo, a súa orixe sitúase no gótico tardío e nos inicios do Renacemento. Comezou a adquirir importancia na segunda metade do s XVI e sobre todo no s XVII con autores como F. Zurbarán, D. Velázquez, Caravaggio, P. Rubens e Rembrandt. Foi cultivado tamén no s XVIII, no XIX con F. Goya, V. van Gogh e P. Cézanne e no s XX polo cubismo, o surrealismo e o hiperrealismo, entre outras vangardas e posvangardas.

      4. reinos da natureza

        Coxunto dos tres ámbitos ou das tres maneiras de ser da realidade natural: o mineral, o vexetal e o animal.

      1. Esencia ou atributos propios dun ser.

      2. Maneira de ser.

      3. Conxunto de condicións físicas e morais do home.

      4. Principio constitutivo dunha cousa e no que consiste o fondo dun ser. Equivale á esencia, entendida en sentido físico. Segundo Platón, hai que diferenciar o que é por natura e o que é por convención, é dicir, aquilo que é determinado segundo un propósito humano.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de marzo de 1991. Subtitulada “Revista bimestral” e dirixida por Evelia I. Carballo e Xosé A. Pintos, foi unha publicación especializada con información sobre a natureza galega. De carácter divulgativo, favoreceu o coñecemento, a valoración e a defensa do medio natural cunha gran preocupación polas especies en extinción en Galicia. Incluíu seccións sobre enerxías renovables, asociacións ecoloxistas, entrevistas e bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina médica que propugna como elementos terapéuticos as forzas, os procesos e os produtos naturais (auga, sol, aire, herbas, alimentos). A súa orixe está nas técnicas dos antigos herboristas e nas prácticas da medicina popular. En Europa constátase o desenvolvemento de técnicas terapéuticas directamente vinculadas aos elementos naturais, como a talasoterapia, a hidroterapia e a fitoterapia, e a determinados modelos de comportamento vital, como o vexetarianismo ou o nudismo.

    2. Doutrina que defende a volta á natureza na maneira de vivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao naturismo.

    2. Partidario do naturismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Temperatura en que os materiais ferrimagnéticos ou antiferromagnéticos se converten en paramagnéticos. Este cambio ten lugar cando os momentos magnéticos dos átomos ordenados antiparalelamente perden a súa aliñación. OBS: Tamén se denomina punto de Néel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ou sistema de nomes que se empregan nunha rama da ciencia ou da arte.

      1. Conxunto de regras, de principios e de normas que se empregan para designar os diferentes taxons.

      2. nomenclatura binaria/binomial

        Método sistemático, establecido por Linné, para designar os xéneros e as especies e segundo o que cada ser ten un nome para o xénero, latino ou latinizado, escrito en cursiva e en maiúscula; e un nome para a especie, tamén latino ou latinizado, que recorda algunha característica da especie ou ben é o nome da persoa que descubriu a especie, un nome xeográfico ou un nome composto, escrito en cursiva e en minúscula.

    2. Conxunto de regras mediante as que se lles pode asignar un nome unívoco a calquera substancia simple ou composta. Durante moito tempo os químicos optaron por designar os elementos mediante nomes ou símbolos que facían referencia ás súas historias. O primeiro intento sistematizador foi a obra Méthode de nomenclature chimique (1787), de Guyton de Morveau, Lavoisier, Berthollet e Fourcroy, que establecía unha nomenclatura dual en que cada composto era designado por un nome xenérico, que definía a categoría á que pertencía, seguido dun adxectivo ou un complemento que o identificaba. Cando se coñeceu mellor a estrutura dos radicais podían formarse nomes funcionais certamente sistemáticos, o que deu lugar á denominada nomenclatura rádico-funcional, que aínda se emprega. O gran desenvolvemento experimentado pola química orgánica durante todo o s XIX e as limitacións inherentes ao sistema de nomenclatura rádico-funcional revelaron a necesidade de desenvolver un tipo sistemático...

    3. Lista que aparece cos planos dunha máquina, onde se dan indicacións sobre as pezas e a súa montaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clasificación establecida pola Oficina de Estatística das Comunidades Europeas (1972) para dispoñer dun esquema único e coherente de clasificación territorial para a elaboración das estatísticas rexionais comunitarias co fin de harmonizar a recompilación, transmisión e publicación das estatísticas nacionais e comunitarias. É unha clasificación en tres niveis, en que os dous primeiros recollen a estrutura administrativa dos estados membros, e o terceiro, que é un nivel adicional, para delimitar territorios comparables economicamente. Desde 1998 utilízase na lexislación comunitaria dos Fondos Estruturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Película dirixida por F. W. Murnau en 1922 e protagonizada por Max Schreck e Alexander Granach. Considerada a primeira película de terror do cine mudo, trata o tema do vampirismo baseándose na obra Drácula (1897), de Abraham Stoker.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou dignidade do nuncio.

    2. Casa ou residencia do nuncio.

    3. Tribunal eclesiástico que está suxeito ao nuncio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Temperatura en que ocorreu un proceso xeolóxico do pasado, por exemplo, a temperatura dun metamorfismo rexional ou dunha cristalización.

    2. Temperatura media do clima ou do mar nun momento determinado da historia xeolóxica. Para determinala, hai que basearse na relación de isótopos de osíxeno O 18 /O 16 , que están contidos en determinados compostos como os carbonatos. Esta relación depende da temperatura de formación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1986. Editada polo servizo municipal de Educación da cidade, tratouse dunha publicación especializada en literatura infantil cunha periodicidade irregular. Coordinada por Mª Jesús Fernández, tivo como obxectivos a promoción da lectura e a dinamización cultural. Incluíu entrevistas, creacións literarias e traballos sobre coñecidos escritores estranxeiros de literatura infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lesión inflamatoria, visible cos raios X, situada arredor do complexo primario da infección tuberculosa do pulmón. É un termo que está en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen padece paratuberculose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural protexido, cunha superficie de 9.393 ha, que se localiza nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero e Pontedeume. Constitúe unha das fragas costeiras mellor conservadas de Europa, onde se poden atopar, preto das augas do río Eume, bosques de salgueiros e amieiros, que están rodeados de carballos, bidueiros, acivros, abeleiras, teixos, castiñeiros e loureiros. Tamén se poden observar sobreiras na súa vertente S. Unha importante riqueza florística da zona constitúea a flora de criptógamas e pteridófitos. En canto á flora de briófitas, están representadas 221 especies do total de 471 especies coas que conta a bioflora galega e a flora de liques conta con tres especies novas para Europa continental e 24 para a flora española. Destacan na flora a Woodwardia radicans, Culcita macrocarpa, Trichomanes speciosus, Narcissus cyclamineus e Narcissus asturiensis. Na fauna existen especies de invertebrados endémicos de Galicia e de Europa,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave limícola de 38 cm de lonxitude; ten longas patas vermellas de ata 23 cm de lonxitude, a plumaxe do corpo é branca, excepto no dorso e as ás, que son totalmente negras no macho e pardas na femia. Viven en marismas e esteiros, onde se alimentan de pequenos invertebrados, peixes e materia vexetal. En España é unha ave estival, pero non aniña no norte, e en Galicia a súa presenza é como ave de paso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten as patas ou os pés máis grandes do normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de soldados irregulares durante a Primeira Guerra Carlista.

    2. Conxunto de xente ruidosa.

    3. Conxunto de nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico natural que se localiza en diferentes fungos. A súa estrutura foi determinada por R.B.Woodward, que posteriormente conseguiu sintetizala por primeira vez. Esta molécula tivo un interese máis ben teórico desde o punto de vista da elucidación estrutural e de síntese, posto que as súas propiedades antibióticas van acompañadas de efectos secundarios de efectos convenientes.

    VER O DETALLE DO TERMO