"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • Que ou o que desintegra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dividir algo nas súas partes integrantes ou descompoñelo ata quedar reducido ou practicamente destruído.

    2. Dividirse algo nos elementos que o conforman ou descompoñerse ata quedar reducido ou practicamente destruído.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desinteresar ou desinteresarse.

    2. Que non é interesado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén deixe de ter interese por algunha cousa ou por alguén.

    2. Perder o interese por alguén ou por algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de interese por alguén ou por algunha cousa.

    2. Actitude de quen dá e comparte o que ten ou actúa sen tentar sacar ningún proveito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso no sistema bancario polo que os demandantes e os ofertantes de recursos financeiros organizan a cesión destes directamente, é dicir, evitando que pasen polas entidades de crédito. En España, este é o caso das obrigas do Tesouro e de empresa, colocadas directamente polos seus emisores entre o público inversor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desintoxicar ou desintoxicarse.

    2. Conxunto de procesos que reducen ou diminúen os efectos nocivos de substancias tóxicas, como drogas ou velenos. Realízase a través da redistribución, da biotransformación, fundamentalmente no fígado,da eliminación pulmonar, urinaria, dixestiva ou doutras, e tamén co uso de antídotos. OBS: A grafía < x > representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que desintoxica. OBS: A grafía < x > representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Combater a intoxicación ou os seus efectos.

    2. Deixar de estar intoxicado. OBS: A grafía < x > representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo que está enmarañado deixe de estalo.

    2. Tentar solucionar algo que está pouco claro ou é confuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Decisión de carácter financeiro que consiste na venda das participacións nunha empresa ou na diminución da propiedade de certos tipos de valores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer un desinvestimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desinzar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sacar dun lugar aquilo do que está inzado.

    2. Eliminar aquilo que inzou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica alemá realizada en 1921. Foi dirixida por Viking Eggeling. Esta curtametraxe destaca pola sucesión de pinturas e debuxos cun fondo musical. A música funciona como un leitmotiv que agrupa unha serie de repeticións pitóricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Correspondente de Faro de Vigo, publicou El Jardín de los romances (1947). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, xeógrafo e historiador grego. Formouse en Atenas, no Liceo de Aristóteles, onde se relacionou con Teofrasto e estudiou temas vinculados coa moralidade. Membro da escola peripatética, dentro da súa concepción filosófica a alma é o resultado da harmoniosa organización do corpo, así como a política o é da síntese harmónica de democracia, aristocracia e monarquía. Destacou como xeógrafo e cartógrafo; elaborou o primeiro método xeométrico para determinar a medida da circunferencia da Terra, que estableceu en 54.000 km. Posteriormente, cando deseñou un planisferio no que representaba o mundo coñecido polos gregos da época, rectificou os seus cálculos e determinou a circunferencia en 39.600 km. Unha das achegas máis transcendentais da súa cartografía foi a xeoreferenciación segundo un eixe de coordenadas; no seu planisferio trazou dúas liñas, unha horizontal que levou dende o estreito de Xibraltar ata o Cáucaso polo Peloponeso e Anatolia, e unha vertical perpendicular a aquela que pasaba...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo cínico grego. Foi desterrado da súa cidade e estivo en Esparta, Corinto e Atenas. Discípulo de Antístenes, puxo en práctica, dun xeito radical, as teorías do seu mestre e adoptou un xeito de vida austero. Levou ao extremo a liberdade de expresión e dedicouse a criticar e denunciar os elementos que limitaban o individuo, en particular as institucións, e enfrontouse constantemente ás normas sociais. Considerábase cidadán do mundo e a súa carencia de ambicións materiais creaba unha separación radical cos outros filósofos e cos políticos. Recomendaba o adestramento para endurecerse e chegar á impasibilidade e á autosuficiencia. Considerado o máximo expoñente da escola cínica, escribiu, entre outras obras, Republica, Arte moral, Da morte, Da virtude e Do bo, que se perderon. Algúns indicios permiten supoñer que eran de carácter breve, en forma de máximas ou sentencias agudas e irónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe e político de Swazilandia. Xefe do Imbokodvo National Movement desde 1964, foi dirixente da conferencia de independencia de Londres (1968) e primeiro ministro (1967-1976).

    VER O DETALLE DO TERMO