"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Medida do grao de contaminación da auga debida á concentración de materia orgánica biodegradable. Vén indicada pola cantidade de osíxeno consumido como resultado da actividade respiratoria dunha mostra de microorganismos aerobios que medran sobre compostos orgánicos, a unha temperatura de 20°C ao longo dun período de tempo determinado. Cando o período de tempo é de cinco días, coñécese como demanda biolóxica de osíxeno estándar ou DBO5. Exprésase en miligramos de osíxeno consumido por litro de auga (mg/l) ou en partes por millón (ppm). Proporciona unha medida só aproximada, xa que non sinala a presenza de substancias orgánicas difíciles de degradar. O proceso de degradación non se remata en cinco días e a presenza de substancias tóxicas para os microorganismos encargados da degradación fai diminuír o valor de DBO respecto ao teórico. Malia iso, é un dos parámetros indicadores da calidade da auga máis empregados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político italiano. Colaborou activamente na organización do movemento fascista e participou na Marcha sobre Roma (1922). No ano 1935 ocupouse do alto comisariado das colonias da África Oriental Italiana e dirixiu as operacións de Etiopia. Foi ministro de Estado en 1942 e no 1943 votou en contra de Mussolini, feito polo que foi procesado e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Acadou un grande éxito en Broadway co drama The Petrified Forest (O bosque petrificado, 1933), e coa versión cinematográfica que tamén interpretou en 1936. Foi contratado pola Warner dende 1932 ata 1951. Converteuse nun novo tipo de “duro” e de gángster do cine americano, cunha personalidade rica e de dimensión tráxica, con filmes como High Sierra (Serra Alta, 1941); The Maltese Falcon (O falcón maltés, 1941); Casablanca (1942); The Big Sleep (O soño eterno, 1946); Key Largo (1948); The African Queen (A raíña de África, 1952), pola que obtivo un Oscar; Sabrina (1954); The Desperate Hours (Horas desesperadas, 1955) e The Harder They Fall (Máis dura será a caída, 1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘palabra por palabra’. Emprégase, adoito, para designar o proceso de transcrición textual realizado de forma literal, ao pé da letra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Michigan, EE UU (897.286 h [1990]). Formouse ao redor da fábrica Ford, establecida en 1920 na periferia de Detroit. É a sede do Instituto Tecnolóxico Edison.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo exipcio situado no lugar do antigo Cuartel del Parque del Oeste en Madrid. Doouno en 1968 o goberno exipcio a España en agradecemento pola axuda prestada na recuperación dos monumentos do val do Nubia, que ían ser sepultados pola presa de ‘Aswān, e reedificouse en 1972. Construíuno no s IV a C o Rei Adijalami de Meroe e ampliouse na época da dinastía ptolemaica e dos emperadores Augusto e Tiberio. Dedicado aos deuses Amón e Isis, consta duns pilonos que forman unha vía que conduce ao templo, que ten o santuario na súa parte traseira. No seu interior destacan as columnas de fuste monolítico con capiteis papiriformes e os baixorrelevos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘forno’.

    2. Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘forno (das tellas)’.

    3.   Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘forno (do pan)’.

    4. Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘forno (dos ladrillos)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xuíza e profetisa de Israel. Segundo o libro dos Xuíces, conduciu a Barac contra os cananeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. irar ou inclinar algunha cousa para que quede boca abaixo ou verta o seu contido.

    2. Ir cara a abaixo nun camiño.

    3. Precipitarse ou caer un líquido por algún sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abram Moisejeviĉ Ioffe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de debouzar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bater o liño coa espadela para tirarlle a casca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dez sílabas, aplicado especialmente a un verso ou palabra.

    2. erso composto de dez sílabas. Empregábano xa na época medieval os trobadores provenzais, os galego-portugueses e os antigos poetas italianos. Comporta dous acentos principais, un fixo na décima sílaba e outro na cuarta, seguido ou non de cesura. Por influencia italiana introduciuse na poesía castelá o decasílabo sen cesura, co acento interno predominante na sexta sílaba e, de xeito eventual, con acentos secundarios nas sílabas cuarta e oitava, feito que o converte nun verso de ritmo binario. Segundo a posición dos seus acentos distínguense varios tipos: trocaico simple, no que os acentos recaen nas sílabas impares do verso; trocaico composto, formado por dous pentasílabos trocaicos que se acentúan na segunda e cuarta sílaba de cada un; dactílico simple, que leva os acentos na terceira, sexta e novena sílabas; dactílico composto, que combina dous pentasílabos dactílicos, acentuados na primeira e cuarta sílabas de cada un; dactílico esdrúxulo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guerreiro troiano fillo de Hécuba e de Príamo, rei de Troia, e irmán favorito de Héctor. Nun combate entre Héctor e Aquiles, Atenea coa figura de Deíbofo, enganou a Héctor incitándoo a resistir e causando desta maneira a súa perdición. Existen dúas lendas sobre el. Segundo unha delas foi derrotado por Paris nos xogos fúnebres realizados en honor do propio Paris a quen crían morto. Deífobo, anoxado, quixo matar a Paris coa súa espada, pero este refuxiouse no altar de Zeus onde foi recoñecido por Casandra. Segundo a outra lenda, foi o quinto esposo de Helena coa que casara trala morte de Paris, e o único con quen ela non tivo descendencia. O día da caída de Troia, Ulises e Menelao atacaron a súa casa, capturaron a Helena e mataron a Deífobo. Nos infernos a súa sombra aparéceselle a Eneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo belga. Estudiou filoloxía románica na Universidade de Liexa, na que posteriormente foi profesor, e na Sorbonne. Centrou as súas investigacións na lingüística histórica, na dialectoloxía, na literatura medieval e na literatura valona. Escribiu unha tese sobre o xénero pastoral na Francia anterior ao Renacemento, e especializouse na edición de textos franceses da Idade Media (Le tournoi de Chauvency, 1932, e Le lai d’Aristote de Henri d’Andeli, 1951). En canto á creación e transmisión dos cantares de xesta defendeu a teoría de autor individual fronte ás hipóteses neotradicionalistas. Foi membro da Academia Real de Lingua e Literatura Francesas de Bélxica e, desde 1964, membro correspondente do Institut d’Estudis Catalans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro do partido comunista dende a súa fundación, en 1947 publicou a novela A befejezetelen mondat (A frase inacabada), unha ampla visión da sociedade húngara. A partir de 1960 reapareceron elementos surrealistas e expresionistas na súa obra. Da súa produción destaca Niki ou l’histoire d’un chien (Niki ou a historia dun can, 1956), G. A. úr Xben (O señor G. A. na cidade de X, 1964) e Ítélet nincs (Sen veredito, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacar a un obxecto as aboladuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mover un obxecto do lugar no que está encaixado.

    2. Moverse un obxecto do lugar no que está encaixado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anular un abonamento.

    VER O DETALLE DO TERMO