"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • ENTRADA LARGA

    Órgano creado polos Reis Católicos, pola provisión do 3 de agosto de 1480 ditada en Toledo que se encarga da administración de xustiza no Reino de Galicia. Nesta data nomeouse un xustiza maior e un oidor para exercer a xurisdición civil e criminal en primeira instancia, en grao de apelación e en casos de corte, admitindo apelacións das súas sentenzas nos casos en que houbera lugar en dereito e exclusivamente diante o rei. Posteriormente nomeáronse alcaldes maiores.
    Regulamento e composición
    Ademais da cédula fundacional, regularon a Audiencia as pragmáticas de Salamanca do 7 de decembro de 1486 e as de Madrid de 1494 e do 27 de novembro de 1504. En 1679 imprimíronse as Ordenanzas de la Real Audiencia del Reyno de Galicia que tentaron sistematizar a organización e funcionamento da institución. A Audiencia estaba composta polo gobernador, inicialmente xustiza maior, e polos alcaldes maiores, que pertencían á nobreza. O gobernador era presidente da Audiencia e capitán xeneral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club deportivo marítimo que se fundou en 1902 en Vilagarcía de Arousa para promocionar o deporte do remo e da vela. Presidido polo Rei Xoán Carlos I, foi o primeiro Club Real que se constituíu en Galicia e o segundo de España. Disputou a súa primeira regata, a Copa do Rei, o 23 de agosto de 1903, na honra de Afonso XIII. Ao longo da súa historia participou na organización de diferentes competicións como a Copa Galicia, o Trofeo Gil-Casares ou o Trofeo Almirante Rodríguez-Toubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Decreto-Lei aprobado polo goberno da UCD o 16 de marzo de 1978, que foi publicado no BOE dous días máis tarde e no que se lle concedeu a Galicia un réxime de autonomía transitoria. Organizado en 11 artigos e tres disposicións finais, instituíu a Xunta de Galicia como órgano de goberno con personalidade xurídica plena para xestionar e administrar os servizos e funcións cedidos pola administración central, propoñer ao goberno medidas relacionadas cos intereses de Galicia e integrar as funcións das catro deputacións provinciais en canto atinxisen aos intereses xerais de Galicia. De acordo con este Decreto, e co Real Decreto 474/1978 que o desenvolvía, o goberno preautonómico galego, que se constituíu o 18 de abril baixo a presidencia de Antonio Rosón Pérez, exerceu provisionalmente as súas funcións en tanto non se constituíron os órganos definitivos da Comunidade Autónoma de Galicia, definidos no Estatuto de Autonomía de 1981. O feito de ser considerada unha nacionalidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto filharmónico que se creou en Santiago de Compostela o 29 de febreiro de 1996. No seu inicio foi dirixida polo mestre alemán Helmuth Rilling e como segundo director por Maximino Zumalave, aínda que contou con numerosos directores convidados como Enrique García Asensio, sir Peter Maxwell Davies ou sir Neville Marriner. Está composta por un número variable de instrumentistas de corda, vento e percusión e ten a súa sede no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Nas súas actuacións contou con importantes solistas como o violoncellista M. Rostropovič, a mezzosoprano Teresa Berganza, a pianista Alicia de Larrocha ou o frautista Jean-Claude Gérard. En 1998 realizou unha serie de concertos por toda Europa e participou no Grosse Festspielhaus de Salzburgo, dentro da Semana Mozart. Ese mesmo ano comezou a gravación das sinfonías completas de Franz Schubert para a discográfica Hänssler Classic e inaugurou a primeira edición do Compostela Millenium Festival. En 1999 levou a cabo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Tosende (Baltar). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento repentino que experimenta a temperatura de determinados metais durante o seu arrefriamento ao pasar pola temperatura crítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gladiador que loitaba sen coiraza, armado unicamente cun tridente, un puñal e unha rede, que lanzaba sobre o seu adversario coa finalidade de envolvelo e de privalo do uso das súas armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forza ou boa saúde.

    2. Que ten mal carácter.

    3. Que é difícil de levar ou de soportar.

    4. Que non se move coa facilidade debida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de recorrer.

    2. Carácter do que se repite.

    3. Reaparición dos síntomas dunha enfermidade aparentemente curada, sen apenas novo contacto patóxeno. A recorrencia implica un lapso superior ca no caso da recaída.

    4. Definición dunha función sobre os números naturais definíndoa para 1 e, para cada n máis grande ca 1, en función dos valores que toma para números máis pequenos ca n. Por exemplo, a función factorial pode ser definida facendo 1!=1 e, para un n>1, facendo n!=(n-1)!n. Estes procedementos de demostración e de definición, xa coñecidos e empregados polos gregos, foron xeneralizados e pasaron a utilizarse en calquera conxunto ben ordenado.

    5. Método de demostración que consiste en probar que unha proposición é verdadeira para 1 e que se é verdade para n tamén o é para n+1. Diso dedúcese que a proposición é verdade para todo n.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a natureza do recremento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de recruar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olta dun tecido ou dunha parte diferenciada ao seu estado orixinal ou a unha condición semellante á orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Barítono. Debutou no Teatro Real (1919) con La Traviata de G. Verdi e, posteriormente, viaxou a Italia, onde interpretou La Forza del Destino (1920). Establecido en Barcelona, deixou a ópera para dedicarse por completo á zarzuela. Foi galardoado coa Gran Cruz de Isabel a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repetición innecesaria de palabras ou conceptos.

    2. Exceso de caracterización a calquera nivel da lingua. A redundancia axuda a cubrir a perda de información que hai na transmisión da mensaxe lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de referir ou referirse.

    2. Relación que se establece entre varias cousas.

    3. Conxunto de datos dunha persoa ou cousa sobre as súas aptitudes ou calidades. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.

    4. Magnitude ou sinal que serve como elemento de comparación nun regulador automático.

    5. Home ou muller respecto aos que se calculan as necesidades enerxéticas dos diversos individuos. Segundo a FAO (1957), o home de referencia ou tipo ten 25 anos, pesa 65 kg e habita en zonas cunha temperatura media anual de 10°C. A muller tipo pesa 55 kg. As súas necesidades enerxéticas son, respectivamente, 3.200 e 2.300 Kcal. As necesidades enerxéticas doutros individuos calcúlanse introducindo as debidas variacións segundo a idade, o clima, o peso e a actividade. Estes criterios acéptanse universalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á referencia.

    2. Conxunto formado por un punto dun espazo afín e unha base do espazo vectorial asociado.

    3. sistema de referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • factor de reflexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • refractividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de refulxente.

    VER O DETALLE DO TERMO