"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Celebración en honor á santa cruz festexada en Laza. Dura varios días nos que normalmente ten lugar unha representación do sacrificio de Isaac, das loitas entre mouros e cristiáns e dunha procesión coa cruz parroquial, a Virxe do Rosario e o Xesús Cristo na cruz cara á igrexa parroquial.
-
CAPITAIS
Capital da rexión de Friuli-Venecia-Xulia e da provincia homónima, en Friuli, Italia (209.520 h [2001]). É o porto máis importante de Italia despois do de Xénova, situado na costa setentrional do Adriático, no fondo do golfo de Trieste. O desenvolvemento da cidade comezou a principios do s XVIII, ao obter a categoría de porto franco, e afirmouse como porto de tránsito ata que foi aberto o canal de Suez. Ligada ás funcións portuarias, desenvolveuse a actividade industrial, principalmente nas ramas da siderurxia e os estaleiros. Habitada orixinariamente polos celtas, a antiga Tergeste foi colonia romana (s II a C), pero despois da caída do Imperio Romano, pasou a poder dos godos, bizantinos, longobardos e francos. Municipio libre (1060), caeu baixo o dominio de Venecia (1202), malia conservar o seu goberno interno e en 1382 pasou ao dominio dos Habsburgo. Moi próspera no s XV, foi a principal saída ao mar de Austria. Ocupada polos franceses durante as guerras napoleónicas, en 1813...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Friuli-Venecia-Xulia, Italia (212 km2; 240.549 h [2001]). A súa capital é Trieste.
-
GOLFOS
Golfo que constitúe o extremo setentrional do Mar Adriático, situado entre a península de Istria, ao SL, e as costas de Friuli, ao N.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Trieste ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Trieste.
-
-
-
Que dura un trimestre.
-
Que ten lugar unha vez cada tres meses.
-
-
-
Espazo de tempo de tres meses.
-
Cousa ou conxunto de cousas que se computa por un período de tres meses.
-
-
PERSOEIRO
Feminista e socialista utópica, avoa de Paul Gauguin. Coñecida como Flora Tristan, estivo influída polas doutrinas de Fourier e Saint-Simon e dedicouse a difundir o seu ideal de rexeneración social. Defendeu a liberación da muller, que consideraba intimamente relacionada coa liberación do proletariado. Publicou Pérégrination d’une paria (1838), Promenades dans Londres (1840) e Union des ouvriers (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar que separa as illas de Hokkaidō e de Honshū e que comunica o mar de Xapón co Océano Pacífico. Na súa beira están os portos de Hakodate (Hokkaidō) e Aomori (Honshū).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar que separa as illas Tsushima da costa NO de Kyūshū, Xapón, e comunica o mar de Xapón co mar da China Oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo artístico inglés que se desenvolveu desde o s XIV ata o comezo do s XVII e que tivo o momento de máximo esplendor durante o reinado da dinastía Tudor. Caracterizouse pola progresiva inserción do estilo renacentista no estilo gótico. No tocante á pintura sobresaíu Hans Holbein o Novo e en escultura deixáronse sentir as innovacións italianas e francesas, especialmente nas efixies funerarias. Destacan a capela do King’s College de Cambridge, a de Saint George do castelo de Windsor e a de Enrique VII na abadía de Westminster, edificios onde se prolongou o perpendicular style.
-
REXIÓNS
Rexión histórica e xeográfica de Asia central, habitada por pobos turcos, comprendida entre o Mar Caspio ao O, as estepas siberianas ao N, as montañas de Altai e o deserto de Gobi no L e as serras do Hindu Kush, de Pamir e do Kunlun ao S. Convencionalmente divídese no Turkestán occidental ou ruso, que abrangue Turkmenistán, Kirguizistán, Uzbekistán, Taxikistán e a parte meridional de Kazakhstán; no Turkestán oriental ou chinés, que abrangue o zizhiqu de Xinjiang Uygur; e o Turkestán meridional ou afgán, que abrangue a parte setentrional de Afganistán. Pola súa situación xeográfica, no medio das rutas comerciais que unían o Mediterráneo co Extremo Oriente, a rexión sufriu un continuado cruzamento de culturas e de invasións. No s X iniciouse a penetración do Islam a partir de Transoxiana. Despois da conquista de Xenguis Khan (1218-1220), Turkestán permaneceu separado do Imperio Mongol e formou un khanato independente. En 1639 Turkestán foi ocupado polo timúrida Tuhgluk Timur, que...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade suburbana ao N de Budapest, Hungría, que desde 1950 constitúe un barrio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura fina dunha célula, tal como se observa no microscopio electrónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo económico e aduaneiro establecido por Costa de Marfil, Dahomey (Benin), Alto Volta (Burkina Faso), Mali, Mauritania, Níxer e Senegal en 1964. Os seus obxectivos eran establecer o libre cambio entre eles e facer unha redistribución dos ingresos aduaneiros procedentes das vendas a outros países non membros; pero estes obxectivos non foron acadados e había tantos réximes aduaneiros e fiscais como estados. En 1970 foi substituída pola Comunidade Económica de África Occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación cultural creada en Betanzos en 1979 coa finalidade de realizar e promover actividades culturais e estudos de investigación centrados nas Mariñas. Entre as súas actividades destacan a recuperación da documentación do Arquivo Histórico Municipal, a posta en marcha do Museo das Mariñas, a recolección de material para o Fondo Fotográfico de Betanzos e a publicación, desde 1985, do boletín Untia.
-
PERSOEIRO
Avogado e xornalista. Liberal, foi deputado por Vigo (1881-1922), subsecretario de Gobernación (1887) e ministro de Facenda con Sagasta, Montero Ríos e Romanones. En 1908 fundou o diario La Voz de Vigo e colaborou en Los Debates e El Correo. Fundador do Partido Nacional (1913) e presidente honorario da Cámara de Comercio de Vigo, desde 1923 foi nomeado senador con carácter vitalicio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Valladolid, Castela e León (1.576 h [2001]). As principais actividades económicas son a agricultura, a gandaría e a manufactura da madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filóloga. Catedrática de Filoloxía Galega e Portuguesa na Unversidade de Santiago de Compostela, dedícase ao estudo da cultura lusa e brasileira e á súa difusión en España. Elaborou numerosos estudos, traballos de investigación e traducións ao castelán de autores portugueses e brasileiros, como Torga e Bandeira. Da súa produción destacan Gramática portuguesa (1940), Espanha ante o Ultimatum (1975), A poesía portuguesa actual (1976), A língua e a cultura portuguesas no tempo dos Filipes (1988), Eça de Queirós: El mandarín (1990) e O que um falante de português deve saber acerca do galego (2002). Recibiu a Medalla Castelao (1995) e é doutora honoris causa pola Universidade de Lisboa (2002).
VER O DETALLE DO TERMO