"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • CIDADES

    Cidade de Kazakhstán, situada na vertente noroccidental da cadea de Džungarskij Alatau, á beira do río Karatal (98.000 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. En 1335 participou na construción da catedral de Florencia, onde ampliou o corpo do edificio proxectado por A. di Cambio, levantou a nave e fixo os últimos tres pisos do campanil, iniciado por Giotto e A. Pisano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos talibáns.

    2. Membro dos talibáns.

    3. Grupo integrista islámico radical afgán fundado en 1994 por Mohamed Omar Akhund. Integrado por estudantes de teoloxía islámica, xurdiu nas madrasas afgás como unha milicia cuxo obxectivo era o de homoxeneizar cultural e relixiosamente o país, para poñer fin ao caos étnico e relixioso posterior á retirada das tropas soviéticas (1989). Apoiados economicamente por Pakistán e Arabia Saudí, os talibáns conquistaron Kabul e derrocaron o goberno musulmán moderado de Rabbani, que substituíron por un goberno fundamentalista entre 1996 e 2001. Inmediatamente proclamaron o Emirato de Afganistán e impuxeron a sarī’a, lei que implicaba estritas normas de conduta, para homes -que foron obrigados a deixar barba- e mulleres, ás que prohibiron estudar e traballar e obrigaron a cubrirse totalmente. Ademais, condenaron o paganismo (en 2001 destruíron os budas de Bamiyán). En 2001, despois do ataque do 11 de setembro a EE UU atribuído a Osama Ben Laden, -xefe da rede terrorista Al-Qaeda,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto que representa ou leva inscrito algún signo celeste, ao que se lle atribúe un poder máxico e que está presente en todo o mundo. A diferenza do amuleto, que é un medio de protección pasiva, o talismán confire poderes máxicos activos ao seu posuidor.

    2. Calquera cousa á que se lle atribúen efectos marabillosos ou un gran poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a virtude do talismán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento cortante formado por dúas follas de aceiro unidas por un eixe onde se cruzan e abren en forma de aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que corta ou talla.

    2. Que non admite ningún tipo de discusión.

    3. Que non admite termo medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Estudou leis civís e canónicas en París e exerceu como conselleiro, antes de introducirse nos círculos literarios. Asiduo ao Hôtel de Rambouillet, chegou a ser confidente da marquesa de Rambouillet. As súas Historiettes (1835) reflicten este ambiente mundano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia feudal occitana da casa condal de Perigord, iniciada por Elies de Perigord coñecido como Taleran (morto en 1205), fillo do conde Elias V. O seu fillo Boson de Taleran recibiu do seu tío, o conde Arquimbaldo II de Perigord, o señorío de Grinhòls e foi pai de Elias Taleran (morto en 1322), que adquiriu por matrimonio en 1270 o señorío de Chalais. Os seus descendentes empregaron desde o s XVI o título de príncipe de Chalais (que desde 1714 tivo anexada a grandeza de España). En 1613 Daniel Taleran foi nomeado conde de Grinhòls e obtivo por matrimonio o marquesado de Eissidelh. Este patrimonio dividiuno entre os seus fillos: Charles de Taleran foi o príncipe de Chalais, marqués de Eissidelh e vizconde de Fronsac e formou unha liña, que en 1743, ao recaer nunha muller, se uniu á formada polo outro fillo, Andrieu de Taleran , que herdou o condado de Grinhòls. Deste foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático, príncipe de Benevento e duque de Talleyrand. Foi bispo de Autum en 1788 e deputado aos Estados Xerais un ano máis tarde. Entre 1797 e 1799, foi ministro de Asuntos Exteriores e participou no golpe de estado do 18 brumario. Colaborou inicialmente con Napoleón pero, en 1814, caído este, foi nomeado xefe do goberno provisional que instaurou Luís XVIII. Despois dos Cen Días foi presidente do consello de ministros, pero perdeu as eleccións e tivo que dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ao inicio da Revolución Francesa foi deputado montagnard. En 1794 casou con Thérésa Cabarrús, de quen se divorciou en 1802, e moderou os seus pulos revolucionarios. Durante o Directorio, foi membro do Consello dos Cincocentos, adicto a Barras. Participou na expedición francesa a Exipto e foi cónsul en Alacant en 1804. Ao caer Napoleón, retirouse da política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lanzador de xavelina. Director do complexo deportivo de Monterrei, dos seus galardóns destacan a medalla de bronce nos Xogos do Mediterráneo en Tunes (1967), o Gran Premio Ciudad de La Coruña (1970) e a Copa Latina de Atletismo (1975). Conseguiu o Campionato de España en seis ocasións (1968-1971, 1974-1975) e a mellor marca nacional en 1968 e 1971. Internacional absoluto en 24 ocasións, participou nos Xogos de Montréal (1976) e foi nomeado mellor deportista nacional (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Balsa (Muras). O seu cumio acada os 995 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano da Gallaecia pertencente ao convento xurídico Bracarense. Asentáronse pola zona do val de Monterrei e no actual Verín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilamarín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, cinco crecentes de prata, colocados en aspa, o do centro cargado dunha estrela de ouro. Outro trae, en campo de prata, unha aguia de sable, brochante sobre ela, en abismo, un escudiño de goles, con cinco crecentes colocados en aspa, o do centro cargado dunha estrela de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Tamallancos (Vilamarín). Ten planta en forma de L. O patio delimitado polas coxías da vivenda está pechado por dependencias auxiliares, polo que o conxunto presenta un trazado irregular. Na fachada principal atópase a porta cun arco de medio punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. tamanco.

    2. Persoa torpe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zoco rústico de coiro con sola de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero desdentado arborícola co fociño curto e a lingua pegañenta. É de costumes arborícolas e de vida nocturna. Aliméntase doutros insectos ademais de formigas. A área de distribución da especie comprende América Central e do Sur ata Bolivia.

    VER O DETALLE DO TERMO