"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cedeira. Construída en estilo gótico-barroco durante os ss XVI-XVIII, da anterior igrexa só conserva unha porta no muro N e as pinturas murais, que representan o martirio do santo, tapadas en parte polo retablo barroco. No exterior, destaca a torre campanario do s XVIII de base cadrada e formada por tres corpos decrecentes e cuberta cunha cúpula rematada en pináculo. Nas súas inmediacións celébrase unha romaría o 8 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenente coronel da Garda Civil. En 1978 estivo implicado no intento de golpe de estado coñecido como Operación Galaxia, polo que foi condenado a 7 meses de cárcere. O 23 de febreiro de 1981 ocupou pola forza o Congreso de los Diputados e mantivo retidos aos deputados ata a mañá seguinte. Fracasado o intento de golpe de estado, entregouse. Foi condenado a 30 anos de cárcere e en 1996 acadou a liberdade condicional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión vascular que está producida pola dilatación dun ou máis vasos capilares. A súa localización principal está na cara, na parte alta do tórax e nas extremidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á telanxiectasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor que está formado por vasos capilares dilatados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación dos vasos capilares.
-
-
Accionamento a distancia dun mecanismo, dunha máquina ou dun vehículo, que se pode efectuar a través de enlaces mecánicos, con cables ou fíos eléctricos, mediante ondas radioeléctricas ou infravermellas e tamén por sistemas pneumáticos ou hidráulicos.
-
Mando a distancia dun aparato, dun sistema ou dunha máquina.
-
-
PERSOEIRO
Compositor alemán. Cultivou toda clase de xéneros. Compuxo a súa primeira ópera con tan só doce anos e foi director musical da Ópera de Leipzig (1702). Coñeceu a música instrumental francesa, a ópera italiana e a música popular polonesa. Entre 1722 e 1738 foi director da ópera de Hamburgo, para a que compuxo numerosas obras, das que destaca Pimpinone (1725). É autor de corenta e dúas óperas, corenta e seis paixóns, oito oratorios, ao redor de 1.400 cantatas e innumerables obras vocais e instrumentais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Judeţ de Romanía (5.790 km2; 436.025 h [2002]). A súa capital é Alexandria (58.651 h [1999]).
-
PERSOEIRO
Mártir e papa (125-136). Introduciu na misa diversas oracións e o himno Gloria in Excelsis Deo. A Igrexa Romana celebra a súa festividade o 5 de xaneiro e a grega o 22 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea pública española de televisión de ámbito estatal que comezou a emitir o 28 de outubro de 1956, coas primeiras instalacións na Avenida de La Habana, en Madrid. A programación regular chegaba só a área de Madrid pero, a partir de 1960, foise ampliando ao resto do Estado. Ese mesmo ano comezaron as retransmisións a través de Eurovisión e a TV por satélite (1962). En 1965 TVE fixo probas para implantar a televisión en cor e comezou a emitir en UHF, unha canle que logo pasou a denominarse La 2 (1990). Establecida nos estudios de Prado del Rey (1972), ampliou a rede de centros territoriais de TVE, creáronse os Servicios Informativos (1967), implantouse o Teletexto (1985) e comezaron as retransmisións de Hispavisión de TVE para América (1994). Recibiu o Premio Galicia de Comunicación (1998), ademais de multitude de galardóns por destacados programas como “En Portada”, “Documentos TV” ou “Informe Semanal”.
-
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido, situado ao NO de Birmingham (290 km2; 158.525 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. En 1932 secundou ao xeneral Sanjurjo e foi desterrado ao Sáhara español. Amnistiado, mandou o primeiro terzo da Legión. Ao remate da Guerra Civil foi gobernador militar de Lugo. En 1943 foi separado do exército e, acusado de empregar soldados e prisioneiros de guerra nas obras do seu pazo de Adai, foi confinado en Albacete e Palencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, V duque de Osuna e duque consorte de Uceda, marqués de Peñafiel e marqués consorte de Frómista, conde de Ureña. Loitou en Portugal (1657-1664), pero desprestixiouse coa derrota de Castelo Rodrigo de 1664. Foi gobernador de Milán (1670-1674).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e eclesiástico. Pertenceu á Inquisición de Toledo ata 1543 e foi destinado ao Consello de Indias, que presidiu (1564). Visitador do vicerrei (1544-1547) en Nueva España, promulgou as Leis Novas contra os encomendeiros. En España ocupou as chancelarías de Granada (1557) e Valladolid (1559), e os bispados de Osma (1567) e Plasencia (1578).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. De nome Pedro González Telmo, foi ordenado sacerdote en Palencia e, na toma de posesión como deán, un abalo tirouno ao chan, feito que interpretou como un sinal divino que lle chamaba á humildade e renunciou ao cargo. Evanxelizou o norte de Portugal e Galicia e instalouse en Tui. Foi capelán dos exércitos de Fernando III na conquista de Córdoba e Sevilla. Atribúeselle a organización dos gremios de pescadores en Galicia e a construción de diversas pontes. Represéntase vestido co hábito negro ou branco e cunha pequena nave, chama ou vela encendida como atributo persoal. A súa festividade celébrase o luns seguinte ao de Pascua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Antioquía. De nome Erasmo, sufriu o martirio en dúas ocasións, con Diocleciano e Marximiniano, e nas dúas librouno Deus ao envíar anxos que o arredaron dos tormentos que lle provocaba o lume. Represéntase vestido de bispo, co cabrestro da proa dun barco ou adival enrolado nel, e unha maqueta de barco nas mans, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 20 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Carballedo. A súa igrexa consagrouse en 824 e o mosteiro está documentado desde 964. A igrexa parroquial que se conserva é de nave e ábsida de planta rectangular, con cuberta a dúas augas. Conserva a tapa dun sarcófago paleocristián de forma rectangular que está realizado en mármore branco, empotrado no muro sobre o arco triunfal. Dividido en tres compartimentos, representan a Adoración dos Reis Magos e o pecado de Adán e Eva á dereita, e a historia de Xonás á esquerda, cunha tabela no centro sen inscrición.
-
-
Que chega antes do tempo previsto, especialmente o froito.
-
Aplícase ao inicio de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que actúa con temperanza.