"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Que ou quen teima na súa actitude ou nas súas ideas aínda que estea equivocado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perseverar nunha actitude ou idea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Neorrealista, escribiu contos, como Il dio di Reoserio (1954) e novelas, como La catedrale (1974). Cultivou tamén a poesía, en L’amore (1968), e teatro, SdisOré (1991), ademais de versións actualizadas de traxedias clásicas, como Macbetto (1974) e Edipo (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome annamita do primeiro día do ano do calendario chinés, que comeza coa primeira lúa nova, entre o 30 de xaneiro e o 19 de febreiro do calendario gregoriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección que se caracteriza pola exaltación permanente da excitabilidade mecánica e eléctrica dos nervios periféricos, que se manifesta nun estado espasmódico singular (accesos agudos) ou en certos fenómenos interparoxismais. Débese a situacións que comportan un aumento do pH ou a unha diminución da concentración do calcio extracelular.

    2. Espasmo tónico continuo dun músculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tétano ou á tetania.

    2. Que produce ou pode producir tétano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado tetánico.

    2. Hipertonía muscular que se observa ás veces nos nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de tetanizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inducir espasmos ou tétano.

    2. Inducir movementos de contracción convulsiva nun músculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade infecciosa aguda producida pola neurotoxina do bacilo Clostridium tetani, identificada por Arthur Nicolaier. A porta de entrada da enfermidade adoita ser unha ferida grande e anfractuosa, e noutras ocasións maniféstase despois do nacemento (tétano neonatal) ou de intervencións cirúrxicas (tétano postoperatorio), incluso pode non ten porta de entrada coñecida (tétano criptoxenético). Na ferida o bacilo pasa da forma de espórula á vexetativa e inicia así a produción de exotoxina que chega ás células nerviosas da asta anterior da medula espiñal, e produce unha esaxerada resposta reflexa nos estímulos aferentes, que se manifesta por espasticidade dos músculos esqueléticos e contraccións paroxismais. Son síntomas característicos o trismo e a risa sardónica. A afectación progresiva vai acompañada de opistótonos e de dolorosos paroxismos convulsivos. Nos casos non tratados prodúcese a morte por asfixia e ás veces por parálise cardíaca. A profilaxe...

    2. Estado de rixidez e contracción tónica sostida dos músculos voluntarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de visión nos cadrantes correspondentes a ambos os dous campos visuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área de sedimentación mariña que se orixinou durante o Precámbrico ao fragmentarse a Panxea, e que se estendía desde Pireneos ata Indonesia, pasando por Asia central. O Mediterráneo é unha parte antiga do mar de Tetis. Deulle o nome o xeólogo austríaco Edward Suess.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tetrabranquios.

    2. Molusco da subclase dos tetrabranquios.

    3. Subclase de moluscos cefalópodos que inclúe especies con catro banquias, numerosos tentáculos, corpo protexido por unha cuncha externa dividida en membranas e cámaras separadas por tabiques transversais. Os tetrabranquios foron moi abundantes durante a Era Secundaria e na actualidade só existe unha forma viva, o náutilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gas incoloro de extraordinaria estabilidade e inercia químicas, non inflamable e de escasa toxicidade. Obtense por combinación directa dos seus elementos e ten unha grande aplicación como axente refrixerante e como propulsor. OBS: Coñécese industrialmente como freón 14.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico que consiste nun anel de cinco membros que contén un átomo de osíxeno na súa estrutura. É un solvente de tipo básico que ten unha gran facilidade para combinarse con metais, oxídase orixinando un peróxido explosivo e pode ser polimerizado formando diversos poliéteres. É o produto de partida para a preparación de diversos compostos como a pirrolidina ou o clorobutanol. Ten unha grande aplicación como solvente industrial e de síntese orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que se emprega como substancia patrón na espectroscopia de resonancia magnética nuclear (RMN) en medios non acuosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten catro estames.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido incoloro inflamable, de moi elevada toxicidade, miscible con alcohol e éter, e inmiscible con auga, que se emprega como combustible para foguetes e en síntese orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anopsia que só afecta a un cuadrante do campo visual.

    VER O DETALLE DO TERMO