"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Tiziano Vecellio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade veciña de Tenochtitlán, coa que formou, xunto con Texcoco, unha confederación. Constituíu unha das tres bases da organización azteca, aínda que baixo a hexemonía de Tenochtitlán. Chamada Tacuba, é un suburbio da cidade de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tlapanecos.

    2. Individuo do pobo tlapaneco.

    3. Pobo amerindio de México que vive no estado de Guerrero, en Sierra Madre del Sur.

    4. Lingua do phylum amerindio que falan os tlapanecos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Última etapa do Xurásico Inferior, situado sobre o Pliensbaquiano e baixo o Aaleniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Foi docente da Escola Normal de Santiago de Compostela, onde contribuíu tanto á renovación como á galeguización do profesorado mozo que formaba, e foi un dos creadores de Vanguardia Pedagógica. Publicou Problemas que nos plantea la escuela y el niño de Galicia (1935), en que se fai unha análise da situación escolar galega, adiantando orientacións de reforma cara á construción dunha escola galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático. En 1916 trasladouse a Santiago de Compostela onde se licenciou en Dereito (1927). Participou en 1923 na fundación do Seminario de Estudos Galegos do que foi secretario de actas ata 1928. Ingresou co traballo “Algunhas moedas castelás atopadas no Valadouro”. En 1936 converteuse en conselleiro permanente do Seminario en calidade de director da sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. Durante este tempo realizou investigacións históricas que publicou no Boletín da Real Academia Galega, Nós e Arquivos do Seminario, ademais do “Vocabulario popular galego-castelán” que publicou en Faro de Vigo. En 1929 trasladouse a Berlín onde iniciou estudos de ciencia política e entrou en contacto co marxismo. No curso 1930-1931 converteuse en profesor de dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en que incluíu un pequeno curso da historia do dereito galego, e en 1931 trasladouse a Madrid para realizar o doutoramento. Ese mesmo ano participou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi profesor axudante de dereito político na Universidad Complutense de Madrid, facultativo do Instituto Bibliográfico Hispánico ou integrante da Dirección General del Libro y Bibliotecas. Como xornalista colaborou en El Compostelano, El Correo Gallego, La Noche, “As nosas páxinas galegas” do ABC e en Mundo Gallego, foi redactor xefe da revista Chan (1963-1985) e redactor da axencia EFE. Colaborou en diversas revistas especializadas como Revista Internacional de Sociología, Revista de Estudios Políticos ou Boletín da Real Academia Galega e tamén en Bibliografía de traduciones españolas de obras sociológicas y sociales publicadas de 1870 a 1915. Escribiu, entre outras obras, La idea de progreso social en Concepción Arenal (1957). Como tradutor recibiu o Premio Nacional de Tradución Fray Luis de León en 1966 por Felipe II, de C. Petrie. Foi correspondente da Real...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rampla inclinada para que os nenos esvaren por ela.

    2. Rampla lisa e en pendente que serve para transportar cousas ou esvarar por ela desde un punto superior a outro inferior.

      1. Zorra longa, tirada normalmente por cans, que empregan os pobos do N de Canadá.

      2. Zorra similar á anterior, pero de dimensións máis reducidas, que se emprega en deportes de inverno para descender por pistas de pendente pronunciada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Con relación a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Brasil de 2.640 km de lonxitude. Nace no estado de Goiás, preto de Pirenópolis, na vertente N dun sector tabular, segue unha dirección xeral de S-O, e desemboca, augas abaixo de Belém, nun antigo esteiro (río Pará) do Amazonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico escocés. Estudou nas universidades de Glasgow, Frankfort am Main e Oxford. As súas investigacións abarcan case todos os campos da bioquímica, estudou a composición química de determinados enzimas e vitaminas como a E ou a B12, e o seu maior logro foi o estudo e síntese dos nucleótidos, e sintetizou o ATP, FAD e o UTP. En 1957 recibiu o Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre os nucleótidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista e crítico. Codirector da revista Poétique, introduciu no mundo occidental o formalismo ruso con Théorie de la littérature: Textes des formalistes russes réunis (1965). Escribiu Littérature et signification (1967), Grammaire du Décaméron (1969), Introdution à la litterature fantastique (1970), Ditionnaire encyclopédique des sciences du langage (1972), con O. Ducrot; Théories du symbole (1977) e Critique de la critique (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festa popular do calendario cristiá, que se celebra o 1 de novembro, para conmemorar a todos os xustos, canonizados ou non, que se atopan no ceo. En Roma ten como orixe a dedicación do Panteón, por Bonifacio IV (610), á Virxe e a todos os mártires (Sancta Maria ad martyres). Esta festa foi propagada por todo Occidente por Gregorio IV (827-844). Dentro do conxunto de costumes cristiáns a festa vai envolta de antigas prácticas populares e relixiosas, a miúdo mesturadas co día dos mortos, que se celebra ao día seguinte, pero que se inicia a tarde do día de Todos os Santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo dos Dolomiti que domina a conca de Cortina d’Ampezzo. Os tres cumes que lle dan o nome son Tofana di Rozes (3.225 m), Tofana di Mezzo (3.243 m) e Tofana di Dentro (3.237 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cartógrafo e astrónomo. Entre 1783 e 1788 realizou o levantamento cartográfico das costas españolas. Realizou o “Plano de la ría de Pontevedra con las islas Ons y Onza” (1787), “Plano de la ría de Vigo” (1787), “Plano de las rías de Ferrol, Coruña y Betanzos” (1787), todos eles incluídos no Atlas marino de España, islas Azores y adyacentes (1765-1788); e a Carta esférica de la costa de Galicia (1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Toirán. Construída en estilo románico (s XI), presenta nave e ábsida rectangulares. Sufriu varias modificacións durante o s XVIII, que afectaron fundamentalmente á fachada, en que destaca o rosetón formado por unha cruz de brazos iguais. Tamén do s XVIII é o engadido que se fixo á sancristía, anexado á capela maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Vila de Cruces. Documéntase nos ss XII e XIII e puido ser anexado ao de Sobrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa electrónica xaponesa creada en 1875 en Toquio para a produción de material eléctrico. Co tempo, a fabricación de electrodomésticos converteuse na principal actividade do grupo, seguida da maquinaria eléctrica e diversos elementos electrónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo irlandés. Representante do deísmo británico, opúxose a todo o sobrenatural e só admitía unha relixión natural. Foi autor de Christianity not Mysterious (1696).

    VER O DETALLE DO TERMO