"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Filosofía, foi creador, director e presentador dos programas En Familia (1975), Tiempo de vivir (1976-1982) en RNE, e Nuestros hijos (1980) e Vivir para vivir (1987-1989) en Radio Cadena Española. En televisión conduciu Escuela de Salud (1976-1979), Voces sin voz (1981-1982) e Usted por ejemplo (1983-1984), en TVE; e Boa Saúde e Meigas Fóra (1990-1995) na TVG. Desde 1997 dirixe e presenta Saber vivir, traballo polo que recibiu diversos premios. Colaborador habitual da prensa especializada, como Salud total e Natura, publicou Comida sana (1999). Membro fundador da Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión de España, recibiu o Premio Ondas (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. As súas poesías foron publicadas en tres libros por Quevedo (1631). Foi un dos primeiros cultivadores do soneto. Destacan as cancións e as oito églogas de La bucólica del Tajo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Castelló de La Plana, Comunitat Valenciana (4.790 h [2001]). Ten cultivos de laranxeiras, hortalizas e amendoeiras, industria do moble e instalacións turísticas na costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -Montanari, en Boloña, a fachada da igrexa de Sant’Agostino, en Reggio de l´Emilia, e o Palazzo degli Studi, en Mantua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e asesor xurídico. Doutor en Dereito polas universidades de Valladolid e Sarre (Alemaña) e diplomado de Altos Estudos Europeos, foi director do Servizo Xurídico da ONU e secretario xeral (1980-1986) do Tribunal Internacional de Xustiza, do que é xuíz ad hoc. Doutor honoris causa da Universidad de Alcalá de Henares, recibiu, entre outros galardóns, a Gran Cruz del Mérito Civil e a Gran Cruz de la Orden de Mayo (Arxentina).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Integrante da Xeración das Festas Minervais e incluída no movemento da Nova Narrativa, foi alumna de R. Carballo Calero en Ferrol, quen a iniciou no coñecemento da literatura galega e no gusto pola escrita. Tras a consecución do Premio de Poesía da Asociación da Prensa de Vigo con “Nuestra primavera, tojos” (1958) e a súa participación en diversos recitais poéticos, incluíu algunhas composicións en diversas publicacións periódicas, como Aturuxo, Vida Gallega e Vieiros. No eido teatral foi actriz do grupo vangardista Teatro-Estudio de Ferrol e escribiu os dramas A outra banda do Iberr (1965) e Un hotel de primeira sobre o río (1968, Premio Castelao de Teatro). Creadora do primeiro programa radiofónico presentado integramente en galego desde a Guerra Civil española, Raíz e Tempo (1963), participou na gravación de discos sobre Castelao e Cunqueiro. Da súa obra lírica, en que reivindica o papel da muller e a súa loita por Galicia, e que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Marín 17.6. 1901 - 10.5.1995) Pintor. Foi un dos membros da vangarda histórica galega, do grupo dos Renovadores. Estudou maxisterio por libre desde 1914 e en 1925 trasladouse como mestre a Oia (Vigo) e comezou a asistir aos parladoiros do café Derby. En 1927 obtivo unha pensión da Deputación de Pontevedra e marchou a Madrid, onde estudou debuxo e pintura e participou en exposicións colectivas como a de arte galega realizada no palacio do Retiro. En 1931 gañou unha bolsa de viaxe da deputación provincial e viaxou a París. Foi socio fundador e profesor de debuxo da Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia, que posteriormente tomou o seu nome, e realizou a maioría das súas exposicións en cidades e vilas galegas. Na década de 1920 comezou a colaborar como columnista e como viñetista en diversas publicacións como Faro de Vigo (1925),Vida Gallega (1925-1929), Céltiga (1925), El Sol (1929), La Libertad (1929), El Pueblo Gallego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Promotor da facultade de Ciencias Económicas, Sociais e Políticas de Madrid (1944), foi catedrático de Teoría Económica (1945) e decano, e intentou unha certa racionalización da política económica de España. Atraído nunha primeira época polo nacionalismo económico, inclinouse gradualmente cara ao neoliberalismo e o neocapitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo e escritor. Encetou a carreira eclesiástica no Seminario de Santiago de Compostela e estudou humanidades, filosofía e teoloxía na Universidad Pontificia de Comillas. Doutorouse en Teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma cunha tese sobre o pensamento de A. Amor Ruibal e en Filosofía na Universidade de Santiago. Profesor de filosofía da relixión na Universidade de Santiago, coordinou o equipo de especialistas que traduciu a Biblia ao galego. Director de Encrucillada. Revista Galega de Pensamento Cristián, das súas obras destacan Teoloxía e Sociedade (1974), Constitución y evolución del Dogma. La teoría de Amor Ruibal y su aportación (1977), Recupera-la salvación (1977, Premio da Crítica 1978), Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri (1990), O inferno a revisión (1995), El problema de Dios en la Modernidad (1998), Para unha filosofía da saudade (2003),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como “el niño”, xoga na posición de dianteiro. Comezou a súa carreira futbolística no Atlético de Madrid aos dez anos e fixo o seu debut no primeiro equipo do clube Atlético de Madrid na tempada 2000/01 e na primeira división española o ano seguinte trala ascensión do Atlético. Xogou cinco tempadas neste equipo, co que marcou un total de setenta e catro goles. No ano 2007 asinou un contrato con equipo inglés Liverpool CF no que foi a fichaxe mais cara na historia do clube. Debutou como internacional na selección española o 6 de setembro de 2003, participou na Eurocopa de 2004, no Mundial de 2006 e na Eurocopa de 2008, marcando o gol que lle deu a vitoria a España fronte a Alemaña na final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático italiano. Estudou en Faenza e Roma. Sucedeu a Galileo como matemático do gran duque de Toscana. Estudou o movemento dos corpos e o seu equilibrio, así como a caída dos líquidos. Construíu diversos instrumentos, entre eles un termómetro, e en 1643 realizou unha experiencia para medir a presión atmosférica mediante un tubo de mercurio, que constitúe o fundamento do barómetro. Publicou Trattato del moto (1640) e Opera geométrica (1644).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Seguidor de Miguel Anxo e con influencias de B. da Maiano, o seu estilo alternou entre o academicismo e o naturalismo. Traballou en Roma, en Londres (esculturas de Enrique VII de Inglaterra e Isabel de York, sepulcro de Enrique VIII de Inglaterra e Catarina de Aragón) e en Sevilla (1520), onde contribuíu á introdución das formas renacentistas (Virxe co Neno, San Xerome penitente).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiveiro e bibliotecario. Dirixiu, entre outras, a biblioteca privada de Afonso XIII. Foi fundador e primeiro presidente (1949) da Associació Nacional d’ Arxivers, Bibliotecaris i Arqueòlegs. Organizou a biblioteca xeral do CSIC e foi director do Instituto Nacional de Bibliografía Nicolás Antonio, do que dirixiu a revista Bibliografía Hispana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Etapa da parte alta do Mioceno (Terciario Superior), situado sobre o Serravaliano e por debaixo do Messiniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Italia peninsular, que se estende desde a vertente occidental dos Apeninos ata as costas do mar de Liguria e o Tirreno (22.997 km2; 3.460.835 h [2001]). A súa capital é Florencia. Formada pola alternancia de relevos montañosos, outeiros, concas internas e pequenas chairas, pódese distinguir o sector dos Apeninos toscano-emilianos, o sector subapenino, con relevos máis suaves e moderados, e dúas concas interiores, das que a máis importante é a de Florencia, regada polo Arno, río principal de Toscana. A costa está formada por amplas praias. Na conca de Florencia e na chaira litoral do Arno están as principais cidades: Livorno, Pisa e Florencia. Os cultivos máis importantes son os de cereais (millo, trigo e cebada), vide, oliveiras, hortalizas, patacas e remolacha. Dentro da actividade industrial destaca a produción de mercurio, o sector da metalurxia e a industria téxtil, da pel, a alimentaria e de artes gráficas. Os primeiros poboadores coñecidos desta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo, matemático, astrónomo e astrólogo italiano. Gozou dunha fama extraordinaria entre os seus contemporáneos. Case todas as súas obras sobre astronomía e matemáticas están perdidas. Dedicouse sobre todo á xeografía e á cosmografía, e renovou as ideas do seu tempo, como afirmar que a travesía do Atlántico era o camiño máis directo cara a Oriente. Confeccionou tamén un mapa do mundo coñecido no seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Toscana, aos seus habitantes e ás súas variedades lingüísticas.

    2. Natural ou habitante de Toscana.

    3. ariedade lingüística italorrománica que na súa modalidade florentina se converteu na base da lingua literaria italiana. Os seus trazos lingüísticos máis relevantes son: a formación do plural con i para o masculino e e para o feminino, en lugar de con -s; ningunha palabra remata en consoante e adaptan as estranxeiras (cognac > cognache); a presenza das consoantes longas xeminadas que se opoñen fonoloxicamente (FATUM > fato ‘fado’/ FACTUM > fatto ‘feito’); simplificación do grupo RJ latino: RJ > j (AREA > aia); o paso de LV > rb e RV > rb (NERVU > nerbo) e a aspiración das oclusivas intervocálicas C, P e T (K > kh, P > ph e T> th).

    4. Orde romana que se constituíu como unha simplificación da orde dórica. A base é ática, pero simplificada, e o fuste é liso e con éntase pronunciada. O capitel está formado por molduras e a columna ten en total sete diámetros de alto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Grupo de illas do Mediterráneo, situadas entre Córsega e a costa de Toscana, Italia (300 km2). Comprende as illas de Elba, a principal, Gorgona, Capraia, Pianosa, Giglio, Montecristo e Giannutri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Camariñas. Por causa das rapinas, os seus monxes refuxiáronse en varias ocasións no de San Paio de Antealtares, que o restaurou como priorado e o refixo como construción durante o s XII. As súas rendas foron unidas ás do mosteiro de San Paio, ata a súa desaparición, ao ser unido a San Martiño Pinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Murcia (24.657 h [2001]). Destacan os cultivos de laranxeiras situados ao pé da serra de Espuña.

    VER O DETALLE DO TERMO