"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
-
Relativo ou pertencente ás pináceas.
-
Planta da familia das pináceas.
-
Familia de coniferais integrada por árbores e raramente por arbustos dioico, case sempre perennifolios, con follas alternas e aciculares. As flores masculinas son estrobiliformes e levan na base catafilos escamudos; os seus estames constan de dous sacos polínicos e dunha bráctea ou escama estaminífera. O aparato feminino, interpretado como unha inflorescencia, é un estróbilo ou cono pseudocárpico, que se lignifica ao madurar, e que consta de escamas seminíferas, que levan dous primordios seminais, e de escamas tectrices intercaladas. As sementes teñen o episperma lignificado e a miúdo están aladas. A polinización é anemófila e os grans de pole son vesiculares. Son propias das zonas temperadas e frescas do hemisferio norte.
-
-
CAPITAIS
Capital do estado de Pulau Pinang, Malaisia, situada na illa homónima (180.573 h [2000]). O resgardado porto queda separado da costa occidental da península de Malacca por un canal de 5 km de ancho. Ademais de refinarías de estaño, posúe industria arroceira, de aceite de coco, de xabóns e artesanía de bambú.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Presidente do Centro Cultural de Valadares (Vigo) e director do grupo de teatro Escoitade, foi concelleiro en Vigo. Escribiu guións de cine e obras de teatro, das que destacan Historia de unha reconquista contada á miña maneira (1979), Queda terminantemente prohibido o suicidio (1983) e O milagre do torreiro de Quintián (1985). Co grupo Escoitade representou, ademais das súas propias obras, Estebiño (1973), de Prado Lameiro; Edipo (1975) de Sófocles; e Un home, un pobo (1984), de H. Ibsen. Recibiu o Premio Nacional a la Animación Cultural (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista francés. En 1933 realizou o Hôtel Latitude 43 en Saint-Tropez e, xunto con Mallet-Stevens, o Pavillon de la Lumière da Exposición Universal de París de 1937. Tamén foi autor da urbanización de Saarbrüken e do Mémorial de la Déportation, na illa da Cité (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás piperáceas.
-
Planta da familia das piperáceas.
-
Familia das piperais integrada por plantas herbáceas ou leñosas, de follas simples enteiras, xeralmente alternas e con estípulas, de flores hermafroditas ou unisexuais, de ovario súpero e unilocular, dispostas en espigas ou en cimas mestas, e con froitos en baga. Comprenden unhas 1.300 especies, propias das rexións tropicais, das que destacan o bétel (Piper betle), o cubeba (Piper cubeta) e a pementeira (Piper nigrum).
-
-
PERSOEIRO
Pacifista belga. Dominicano, creou a Aide aux Personnes Déplacées (1949) e fundou o Mahatma Gandhi International Peace Centre, transformado na Universidade da Paz (1960) en Tihangelez-Huy (Bélxica). Escribiu Bâtir la paix (1966). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1958) e o Premio Sonning de Dinamarca (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Francia, situado na rexión administrativa de Aquitania (7.645 km2; 600.018 h [1999]). A súa capital é Pau.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Francia, situado na rexión administrativa de Languedoc-Rosellón (4.116 km2; 392.803 h [1999]). A súa capital é Perpignan.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema orográfico da Península Ibérica que se estende desde a costa cantábrica ata a mediterránea, no límite con Francia. Este sistema montañoso está enmarcado polas depresións do Ebro ao S, e de Aquitania ao N. A súa lonxitude é duns 425 km e a súa anchura en xeral non pasa de 100 km. As grandes unidades estruturais dos Pireneos poden agruparse en tres conxuntos: o baseamento está constituído por terreos do Precámbrico e do Paleozoico, ata o Carbonífero superior; a cobertoira está constituída por zonas mesozoicas e terciarias afectadas polas estruturas de dobramento do ciclo alpino; e os terreos postoroxénicos que comprenden o Neoxeno e o Cuaternario. A partir da distribución cartográfica dos materiais divídense en tres zonas de N a S: a zona N prepirenaica, a zona axial e a zona S prepirenaica. Os Pireneos axiais son unha estrutura creada no Terciario e caracterízanse polos mantos de corremento, pola erosión fluvial, pola tectónica distensiva posterior e, finalmente, polas glaciacións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de paz asinado na Illa dos Faisáns, na desembocadura do río Bidasoa, o 7 de novembro de 1659, entre os representantes de Filipe IV -Luis Méndez de Haro e Pedro Coloma-, e os de Luís XIV de Francia -Mazzarino e Hugues de Lionne-, que puxo fin á contenda iniciada entre eles en 1635, durante a Guerra dos Trinta Anos. Como antecedente tivo lugar a Conferencia de Madrid (1656), infrutuosa, onde Francia manifestou que non renunciaría ao Rosellón se non era a cambio de Navarra. En 1658 retomáronse as conversas e, co Pacto de París como base, iniciouse o acordo definitivo o 13 de agosto de 1659. O tratado estipulaba a cesión de Filipe IV a Francia de diversas poboacións de Flandres, Artois (agás Aire e Saint Omer), Hainaut e, ao S, a cesión do Condado do Rosellón e da metade do Condado de Sardeña. Así mesmo, acordouse o matrimonio de Luís XIV con María Tareixa de Austria, filla de Filipe IV.
-
CIDADES
Cidade do nomós de Ática, situada nas ribeiras do golfo Sarónico (182.671 h [1991]). Centro portuario é, en realidade, o porto de Atenas, cidade coa que forma actualmente un só núcleo homoxéneo de poboación. Ten industrias azucreiras, destilarías, manufactura de tabaco e estaleiros de construción naval. Na Antigüidade acadou importancia cara a 470 a C, cando Temístocles a rodeou con grandes murallas que a uniron con Atenas. Converteuse en bastión da democracia e foi duramente castigada polos espartanos ao final da Guerra do Peloponeso (404 a C). Máis tarde, gozou de prosperidade ata o 86 a C, ano en que foi destruída por Sula.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación obsoleta dun grupo de nucleótidos derivados da piridina. Foi substituída polos nomes derivados de nicotinanida-adenina-dinucleótido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘alto’.
-
-
Relativo ou pertencente ás piroláceas.
-
Planta da familia das piroláceas.
-
Familia, da orde das ericais, constituída por plantas herbáceas ou raramente subarbustivas, de follas xeralmente dispersas, flores regulares, hermafroditas, de ovario súpero, comunmente pentámeras, que poden formar acios ou ser solitarias. Son propias dos países temperados e fríos do hemisferio norte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento meteorolóxico destinado á medida da radiación efectiva, que se emprega xeralmente para facer observacións illadas.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. A súa obra, satírica, centrouse na observación das clases acomodadas da súa época. Escribiu sobre todo novelas, como Tys’ača duš (Mil almas, 1858), en que amosa de forma sombría os costumes rusos nunha época previa á abolición da servidume; e Meščane (Os pequenoburgueses, 1877), aínda que tamén destacou no xénero dramático coa súa obra Gorkaja sud’ba (Un destino amargo, 1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema fundamental da xeometría segundo o que nun triángulo rectángulo a área do cadrado, que ten por lado a hipotenusa, é igual á suma das áreas dos cadrados que teñen por lado os catetos. Se a e b representan a lonxitude dos catetos e h a lonxitude da hipotenusa, o teorema exprésase pola igualdade h2 = a2 + b2.
-
PERSOEIRO
Director e actor ruso. Fundou un teatro de vangarda en Peterburgo. Triunfou, sobre todo, como director en Francia pola súa ousadía na presentación dun repertorio selecto clásico e moderno, especialmente a partir de obras de L. Pirandello, Čekhov, Shaw e O’Neill. Formou parte do Grupo dos Catro, integrado por Louis Jouvet, Charles Dullin e Gaston Baty. A súa muller, Ludmille Pitoëff (Novorossijsk 25.12.1899 - Rueil-Malmaison, Hauts-de-Seine 15.9.1951), foi unha destacada actriz que se especializou na representación de obras de A. Dumas, H. Ibsen e, sobre todo, de teatro relixioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás pitosporáceas.
-
Planta da familia das pitosporáceas.
-
Familia de roseiras composta por plantas leñosas de follas simples, alternas ou verticiladas, de flores actinomorfas, hermafroditas, pentámeras e de ovario súpero, con froitos carnosos ou en cápsula loculicida. A maioría son naturais de Australia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría enunciada por M. Planck (1900) co fin de atopar unha formulación que dese satisfacción á experiencia na radiación dun corpo negro, despois de fracasada a teoría clásica coa fórmula de Rayleigh-Jeans, e segundo a que calquera sistema físico en que a coordenada que o caracteriza efectúe oscilacións harmónicas simples, soamente pode ter unha enerxía total E que satisfaga a relación E=nhv, onde n é un enteiro (dito número cuántico), h a constante de Planck e v a frecuencia de oscilación. Tamén se denomina teoría dos cuantos.