"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Acción e efecto de transmitir ou transmitirse.

    2. Condutibilidade nerviosa.

    3. Transferencia, contaxio ou comunicación das enfermidades ou das calidades hereditarias.

    4. Paso ou transporte de información (sinais) entre dous puntos, por medio da enerxía eléctrica ou electromagnética, e a través dun medio, como é o caso dunha liña de transmisión. Distínguese entre transmisión analóxica, en que os sinais son transmitidos mediante multiplexación por división da frecuencia, e transmisión dixital, en que os sinais de natureza dixital se fan mediante multiplexación por división de tempo. Co fin de mellorar a calidade da transmisión, os sinais analóxicos son traducidos previamente a dixitais.

      1. Comunicación do movemento dun órgano ou un elemento mecánico a outro.

      2. Órgano ou conxunto de órganos que serven para comunicar o movemento dunha peza, un elemento mecánico ou varios deles, a outro ou outros. Pódense distinguir dous grupos, dependendo de que a peza ou elemento motor e o elemento movido estean separados e sexa posible variar a posición relativa dun respecto do outro (como é o caso das transmisións por poleas, correas ou cables sen fin) ou de que a distancia entre o elemento motor e o movido sexa pequena e invariable (como é o caso dos axustes, engrenaxes e articulacións).

      3. Conxunto de todos os órganos e elementos mecánicos que contribúen á hora de transmitir o movemento do motor ás rodas motrices dun vehículo, e que no automóbil clásico son, por esta orde, o embrague, o cambio de marchas, a árbore de transmisión articulada, o diferencial e os semieixes.

      4. transmisión hidrostática

        Sistema de transmisión de enerxía que se basea no desprazamento dun fluído a presión (de 2 a 300 bares) e a baixa velocidade (de 5 a 8 m/s) nun circuíto pechado.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que transmite.

    2. Aparato destinado a efectuar unha transmisión. Polo xeral ten que poder converter un código, sinais de son ou de vídeo, e modular un sinal de radiofrecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación matemática entre as variables de saída e as de entrada dun sistema ou servosistema que serve para expresar o comportamento do sistema. OBS: Tamén se denomina función de transferencia.

    2. Inversa da opacidade dun corpo. OBS: Tamén se denomina factor de transmisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer chegar a alguén algo.

      2. Facer pasar información entre dous puntos por medio de enerxía eléctrica ou electromagnética a través dun medio.

    1. Facer pasar unha enfermidade ou xerme patóxeno dun organismo a outro.

      1. Conducir ou deixar pasar ao seu través.

      2. Facer pasar un fenómeno físico, como a luz, dun lugar a outro.

    2. Facer pasar un dereito ou unha obriga a outro por transmisión de dereitos ou de créditos.

    3. Pasar unha enfermidade ou xerme patóxeno dun organismo a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • trasmontano -na.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • transmutable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de transmutable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode transmutarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transmutar ou transmutarse.

    2. Cambio de identidade dun núcleo atómico que ocorre espontánea ou artificialmente ao variar o número de nucleóns que o forman. Cando a transmutación é espontánea denomínase desintegración, e cando é inducida artificialmente, reacción nuclear.

    3. Alteración da información xenética por medio de mutacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformar(se) unha cousa ou persoa noutra de natureza completamente distinta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado crítico ou situación decisiva pola que pasa alguén.

    2. Estado en que os sentidos suspenden as súas funcións.

    3. Condición ou estado psicofisiolóxico especial, típico dos médiums e doutras persoas durante as sesións de espiritismo. Moi semellante ao estado hipnótico e ao somnambulismo, adoita implicar unha notable disociación da personalidade.

      1. Paso da vida á morte.

      2. Estado en que a alma se sente en unión física con Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está na outra banda do océano.

    2. Que se realiza a través do océano.

    3. Que pasa dunha banda á outra do océano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transmisión do son que se forma nunha parte a través doutra.

    2. Combinación da auscultación e a percusión que permite limitar dous órganos veciños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás velocidades inmediatamente inferiores ou superiores á do son.

    2. Relativo ou pertencente ás velocidades inmediatamente próximas á do son.

    3. Aplícase ao réxime de voo dunha aeronave cando o seu número de Mach está comprendido entre 0,8 e 1,2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado polos romanos á rexión de máis alá do Oxus (actual Amudarja), correspondente á Sogdiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Estado creado por Napoleón I tras a Batalla de Lodi (1796). Comprendía o Milanesado e parte dos territorios de Bérgamo, Brescia e Cremona. En 1797 uniuse á República Cispadana para formar a República Cisalpina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de transparente.

    2. diapositiva.

    3. Procedemento técnico que permite rodar escenas de exteriores nun estudo cinematográfico, e que consiste en situar os actores entre unha pantalla especial, sobre a que se proxecta o escenario real, e a cámara.

    4. Pincelada lixeira, xeralmente feita con verniz, que permite transparentar a textura do lenzo dunha pintura.

    5. Calidade dun mercado, xeralmente expresada en termos relativos de prezo, en que a información sobre a evolución, a estrutura e o comportamento da oferta e da demanda, é completa e accesible a todos os que concorren nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar un corpo ver algo a través del.

    2. Deixar ver ou percibir algunha calidade ou estado de ánimo.

    3. Deixar pasar a luz un corpo ao seu través.

    4. Deixarse ver un obxecto a través dun corpo transparente.

    5. Deixarse ver o estado de ánimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que deixa pasar a luz de xeito que poden verse os obxectos ao seu través.

    2. Que é moi claro de expresión ou que deixa ver o sentido sen dificultade.

    3. Obxecto que deixa pasar a luz ao seu través e que se coloca ante unha luz con efecto decorativo.

    4. mioporo.

    VER O DETALLE DO TERMO