"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Acción e efecto de transpirar.
-
-
Paso dos humores do corpo, especialmente da suor, ao exterior, a través da pel.
-
transpiración insensible
Excreción de suor en pequena cantidade que se evapora antes de poder ser percibida.
-
transpiración pulmonar
Exhalación de vapor de auga dos pulmóns pola boca, visible con tempo frío.
-
-
Proceso que consiste na eliminación por evaporación dunha gran parte da auga que é absorbida polas plantas. Unha gran parte da transpiración (aproximadamente o 90%) ocorre a través dos estomas e o resto a través das cutículas e das lenticelas. A transpiración prodúcese por tres razóns principais. En primeiro lugar, dado que o dióxido de carbono só pode entrar na célula en disolución, as superficies celulares onde teñen lugar os intercambios gasosos da fotosíntese teñen que ser brandas, o que implica unha grande evaporación. En segundo lugar, a transpiración contribúe á ascensión da auga absorbida e en terceiro lugar porque ten un efecto refrixerante.
-
-
-
Perder un corpo ou planta algún líquido polos poros.
-
Exhalar vapor de auga un tecido orgánico ou unha planta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está do outro lados dos Pireneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
transplante.
-
-
Cambiar un vexetal do lugar en que está plantado a outro, extraéndoo da terra coas raíces.
-
Cambiar un tecido ou un órgano dun lugar a outro nun mesmo individuo ou dun individuo a outro.
-
Trasladar a unha persoa ou cousa a un lugar distinto daquel en que está arraigada.
-
-
-
Acción e efecto de transplantar.
-
Operación de transplantar un órgano ou un tecido. O transplante pode facerse nun mesmo individuo (autotransplante), entre dous xemelgos univitelinos (isotransplante), entre individuos da mesma especie (homotransplante) e individuos de especies diferentes (heterotransplante). Os autotransplantes e os isotransplantes non presentan ningún problema a parte do da propia técnica cirúrxica, e non son rexeitados. Pola contra, os homotransplantes, e sobre todo os heterotransplantes, presentan graves problemas de rexeitamento debido á incompatibilidade inmunolóxica dos tecidos do doador e o receptor. O rexeitamento continúa sendo o principal problema por resolver, a pesar das melloras farmacolóxicas e dos avances na investigación inmunolóxica conseguidos.
-
Técnica de manipulación xenética experimental que consiste en introducir un núcleo diploide dunha célula doadora nun óvulo fecundado e do que previamente se extrae o núcleo. Reimplantado o óvulo no útero da femia da célula orixinal, comeza a serie de divisións celulares ata o desenvolvemento do embrión. Os transplantes de núcleos de individuos adultos non dan lugar a individuos normais, ou estes non sobreviven ata a idade adulta, xa que proveñen de células especializadas que non presentan a totipotencia das indiferenciadas. OBS: Tamén se denomina transplantación nuclear.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
transportable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser transportado.
-
-
Que transporta.
-
Instalación fixa que serve para transportar diversos materiais e produtos ao longo de determinados traxectos.
-
Círculo ou semicírculo graduado, de metal, plástico ou papel que se emprega para medir e debuxar ángulos sobre un papel. Son modificacións del os aparatos que se usan coa mesma finalidade en artillaría e topografía, os que moitas veces son complementados coa adaptación de nonios. OBS: Tamén se denomina semicírculo graduado.
-
-
-
Levar algo ou a alguén dun sitio a outro.
-
Cambiar a tonalidade dunha composición.
-
Extasiarse con algo.
-
-
-
Acción e efecto de transportar ou transportarse.
-
-
Actividade que proporciona os medios para transportar persoas ou mercadorías. Chámase transporte terrestre ou por terra o que se efectúa por vías de comunicación terrestres (vías férreas ou estradas) ou fluviais; transporte marítimo o que se efectúa por mar con calquera clase de embarcación; e transporte aéreo o que se efectúa por aire mediante avións, helicópteros ou outras aeronaves. O transporte forma parte da actividade económica xeral, xa que incrementa a utilidade de determinados bens ao trasladalos de lugares onde teñen pouca actividade ata outros onde teñen moita. É posiblemente no turismo onde o transporte, adquire un sentido por si mesmo. Como actividade económica foi concibida como un servizo, aínda que posteriormente comezou a ser considerado como unha das esferas da produción material, pois pode abaratar ou encarecer o custo dos produtos ou obxectos transportados. A revolución dos transportes experimentada desde a segunda metade do s XIX...
-
ehículo que se dedica a transportar persoas ou cousas.
-
-
Transmisión de enerxía eléctrica en grandes cantidades, xeralmente a través de liñas de alta tensión e a gran distancia.
-
Proceso polo que as rochas ou os elementos se trasladan dun lugar a outro.
-
Expresión matemática que fai o balance das ganancias e das perdas de partículas nun elemento de volume dV dun medio, en función dunha dirección de desprazamento determinada r , tendo en conta as perdas clásicas (suma alxébrica das entradas e as saídas) que teñen lugar na dirección r considerada. OBS: Tamén se denomina ecuación de Boltzmann.
-
ariable que se define, para cada anión ou catión dunha solución electrolítica pola que se fai circular unha corrente eléctrica, como a fracción da corrente total transportada por cada un deles. Nun sistema que consta dun anión e un catión, os índices poden representarse con t + e t - , e cúmprese que t + + t - = 1. A orixe dos índices de transporte está no feito de que, en xeral, os ións non teñen a mesma velocidade de migración cara ao eléctrodo, polo que os ións máis rápidos transportan máis cantidade de corrente por unidade de tempo. A medida dos índices de transporte pode efectuarse mediante o método de Hittorf ou polo método da superficie de separación móbil, máis preciso ca o de Hittorf.
-
Mecanismo de transferencia dunha substancia desde unha rexión en que se atopa en escasa concentración ata outra en que é máis alta, e atravesa unha membrana que as separa. Para facer que este tránsito sexa termodinamicamente posible hai que liberar enerxía, que na célula procede do metabolismo en forma de ATP. É preciso un transportador entre a capa externa e a interna da membrana, o que pode consistir nunha proteína estereoespecífica con moita afinidade polo substrato, aínda que está sempre condicionada a unha suficiente dispoñibilidade de ATP.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica profesionalmente a facer transportes.
-
-
Acción e efecto de traspoñer.
-
Operación cirúrxica que consiste en transplantar un enxerto sen fixalo completamente ata que queda unido ao novo lugar.
-
Permutación da posición dos condutores dunha liña para establecer unha simetría eléctrica entre as diversas fases e en relación coa liña de terra ou outras liñas veciñas.
-
Paso dun termo dunha ecuación dun membro a outro cambiando o seu signo.
-
-
Situación inversa anormal das vísceras.
-
transposición dos grandes vasos
Enfermidade conxénita do corazón en que a arteria aorta se orixina no ventrículo dereito e o tronco pulmonar no ventrículo esquerdo.
-
-
Tipo de reacción química que recolle aqueles procesos en cuxo transcurso se produce a migración dun átomo, un grupo ou unha cadea dunha posición a outra dunha molécula.
-
-
-
Que traspón.
-
Mecanismo especial dalgúns instrumentos que permite transportar o ton dunha peza musical de maneira automática.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segmento de ADN que pode inserirse en diferentes lugares dun plásmido ou dun cromosoma, independentemente do sistema de recombinación da célula hóspede. Os transposóns conteñen os xenes implicados na inserción e tamén outros xenes que poden conferirlle novas propiedades fenotípicas á célula que os contén, como a resistencia a diferentes antibióticos.
-
-
Alterar a orde ou o funcionamento dunha cousa.
-
Perturbar o estado físico ou mental de alguén.
-
Alterarse o estado físico ou mental.
-
-
PERSOEIRO
Poeta. Influído polo surrealismo e por E. Lindegren, está considerado unha das principais figuras da lírica sueca. Das súas obras destacan 17 dikter (17 poemas, 1954), Hemligheter pa vägen (Segredos no camiño, 1958), Den halfvärdiga himlen (O ceo a medio facer, 1962) e Sanningsbarriären (A barreira da verdade, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de transubstanciar.
-
Conversión de toda a substancia do pan no corpo de Xesús Cristo e de toda a substancia do viño no seu sangue, do que só quedan as aparencias ou accidentes do pan e viño eucarísticos. O termo, empregado xa no IV Concilio de Letrán (1215), fai referencia ao realismo peculiar da presenza persoal e física -pero non material- de Xesús Cristo na Eucaristía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de transudar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido orgánico que atravesa unha superficie non inflamada (pel, mucosa ou serosa), como ocorre principalmente na insuficiencia cardíaca, na nefrose e na cirrose. Ten unha densidade inferior a 1,015 e unha concentración de proteínas inferior á metade da concentración sanguínea.