"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cantón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina política que pretende organizar a sociedade en cantóns federados, que substitúan a organización estatal. Foi especialmente importante en España e Suíza na segunda metade do s XIX.
-
-
Relativo ou pertencente ao cantonalismo.
-
Partidario ou defensor do cantonalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento que tivo lugar en diversos lugares de España (Comunitat Valenciana, Andalucía, Murcia e Galicia) en xullo de 1873, co obxecto de instaurar un réxime federal nos antigos estados históricos, provincias e municipios (os cantóns). O goberno republicano de Pi i Margall adiou a instauración da república federal, a pesar dos votos favorables nas Cortes, e impulsou os sectores federais intransixentes a lanzarse á proclamación dos cantóns federais, que obrigaría ao poder a aceptar os feitos consumados. O punto de partida da revolución cantonal foi a retirada das Cortes, o 1 de xullo, da minoría intransixente, que comezou a revolución política e colaborou na formación dos cantóns. A insurrección iniciouse o 12 de xullo en Cartagena e estendeuse pola costa meridional mediterránea, onde predominaba o federalismo, e chegou ata Granada, Ávila, Salamanca, Andújar e Bailén. Pi i Margall dimitiu o 18 de xullo sendo substituído por Salmerón na presidencia do executivo republicano, feito...
-
-
-
Peza de forma angular, de ferro ou aceiro perfilado en escuadra, moi empregada nas construcións metálicas como reforzo ou elemento de unión.
-
Peza en forma de L, xeralmente metálica, que se coloca como reforzo ou adorno nas esquinas de mobles.
-
Cada unha das pedras talladas que, postas na esquina dun edificio, serven de reforzo, especialmente cando o resto da parede é de pedra sen traballar ou de tapia.
-
Peza de metal, coiro ou outro material que serve para reforzar o canto da cuberta dun libro.
-
-
Moble de forma triangular que se coloca nun recanto dunha estancia.
-
Parte dunha viñeta que corresponde a cada un dos catro cantos dunha páxina ou rectángulo.
-
Triángulo de papel que vai colocado en cada un dos cantos da páxina dun álbum para fixar as fotografías.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Cantón, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Cantón.
-
ariedade do chinés falada por preto de 54 millóns de persoas, fundamentalmente no SL de China, incluíndo Hong Kong. Tamén se denomina yue.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación practicada para corrixir a estenose do orificio palpebral.
-
-
Persoa que canta ou que ten por oficio cantar.
-
Aplícase ás aves que emiten sons melodiosos e agradables.
-
Intérprete solista nos inicios dos cultos litúrxicos xudeu e cristián, que na Igrexa Católica cantaba os temas solistas do culto e dirixía o coro nas catedrais medievais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enunciado da teoría de conxuntos que afirma que a colección de todos os conxuntos non é un conxunto.
-
PERSOEIRO
Matemático. Estudiou en Zúric, Göttingen e Frankfurt. A súa obra abrangue os campos da análise, a topoloxía e a lóxica matemática. Creador da teoría de conxuntos, definiu o concepto de cardinal para conxuntos finitos e infinitos. Así mesmo, desenvolveu a teoría dos números irracionais, introduciu os números transfinitos e definiu, ao mesmo tempo que Julius Wilhelm Dedeking, Augustin-Louis Cauchy e outros, o número real. Entre as súas obras destacan Grundlagen einer Mannifgaltigkeitslehre (Fundamento dunha teoría xeral da pluralidade, 1883) e Beiträge zur Begründung der transfiniten Mengenlehre (Contribucións para a fundamentación dunha teoría de conxuntos transfinitos, 1895-1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e historiador da ciencia. Foi profesor en Heidelberg e publicou Vorlesungen über Geschichte der Mathematik (Curso sobre a historia das matemáticas, 1880-1898), onde expón o desenvolvemento das matemáticas desde as súas orixes ata o ano 1799.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio segundo o cal, na recta real, toda sucesión de intervalos pechados, onde cada un está contido no anterior e as súas lonxitudes tenden a cero, define un número real.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema da teoría de conxuntos, segundo o que, se C é un conxunto e Ã(C) é o conxunto de todos os subconxuntos de C, entón cúmprese que card [Ã(C)] > Card (C) e que card[Ã(C)] = 2card(c), onde card é o símbolo de cardinal dun conxunto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de cantos de coro que comezou a empregarse na fin do s XV como compilación de pezas para o acompañamento na celebración de oficios relixiosos. Posteriormente, estendeuse o seu uso a ámbitos profanos.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, drenado polo río Almanzora, augas arriba da súa confluencia co torrente de Albox (3.357 h [1996]). O relevo é montañoso, con barrancos e chairas formando pequenas terrazas. Aproveita as augas do río para o rego. Posúe unha economía agrícola onde os cultivos principais son a viña e as árbores froiteiras. Tamén posúe minas de ferro como a de Numancia. A escasa industria, céntrase no traballo do mármore.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tribuna destinada aos cantores nas igrexas. Sobresaen, pola súa decoración escultórica, as dúas cantorias da catedral de Florencia (1433-1439), unha obra de Lucca della Robbia e outra de Donatello.
-
PERSOEIRO
Político valenciano. Militou de mozo no partido liberal de Canalejas e, posteriormente, no radical de Lerroux. Foi deputado a Cortes por ambos os dous partidos, representando o distrito de Llucena (Alcalatén) en todas as eleccións celebradas desde 1905. Foi ministro de Xustiza nos dous gobernos Lerroux, no 1934 e no 1935.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Olduvaiense.
-
-
Parte dunha cana comprendida entre dous nós.
-
Tubo curto e delgado de madeira, metal ou calquera material que serve de canle.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino derivado do latín Canutus, forma que non se empregaba como cognome na Roma imperial, senón que se trata dunha adaptación ao latín medieval dun nome persoal escandinavo: Knut, en sueco, e Knud, en danés. Ambas as formas están relacionadas probablemente co danés Knude e co sueco Knut, e correspóndense co alemán Knoten ‘nó, ligame’. Outra hipótese considérao préstamo do antigo ou medio alto alemán knûz ‘orgulloso, afouto, audaz’. Levan este nome varios reis de Dinamarca dos séculos X, XI e XII; entre eles destaca Canuto IV o Santo (1040-1086), fronte a outros santos reis escandinavos coma santo Olavo de Noruega e santo Eric de Suecia. É avogoso dos calvos. Aparece representado na iconografía cunha lanza e unha frecha, símbolos da súa morte; celébrase o 10 de xullo. San Canuto Lavard (s XI-XII), príncipe de Dinamarca e duque de Schlewig, celébrase o 19 de xaneiro.