"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente a Troia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Troia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de asteroides que teñen órbitas semellantes á de Xúpiter e que están situados arredor de dous puntos, os que, unidos con Xúpiter e o Sol, forman dous triángulos que teñen un lado común. O primeiro asteroide do grupo foi descuberto en 1906 por Max Wolf. Foron bautizados co nome de heroes da guerra de Troia, de onde vén o nome de grupo Troiano ou dos troianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Doutor en Dereito, foi profesor de dereito canónico na Universidade de Santiago de Compostela. Ordenado sacerdote en 1937, foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela, secretario capitular da mesma e chantre do cabido. Publicou Vida del Ilustrísimo Sr. D. Francisco de Aguiar y Seixas (1951) e La bula “Apostolici Ministerii” en Santiago (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Emigrou a Bos Aires onde foi panadeiro e adoptou o ideal libertario, dirixindo o seu gremio. Foi representante da Sociedad de Resistencia y Colocación de Obreros Panaderos creada en Montevideo (1901). En 1903 expulsárono de Arxentina e instalouse ao ano seguinte en Montevideo. Foi membro do Sindicato de Oficios Varios da Villa del Cerro e dirixiu o xornal El Obrero. Participou na Conferencia Latino Americana del Trabajo en México (1938), dirixiu o Sindicato de Vendedores de Diarios e foi o xestor da Casa del Canillita, denominación dos vendedores de xornais na rúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Iniciado tardiamente na literatura, non acadou o éxito ata a publicación de The Warden (1885), seguida por cinco títulos que completan a serie denominada Barsetshire (ata 1867). Ademais doutras novelas, escribiu una notable Autobiography (1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación da membrana íntima dun vaso sanguíneo con formación de trombos.

    2. Doenza propia dos homes fumadores en exceso que se caracteriza por arterites obliterantes múltiples que aparecen sucesivamente e dan lugar á gangrena das extremidades. OBS: Tamén se denomina doenza de Buerger ou endoarterite obliterante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que trona.

    2. Ser imaxinario ao que se lle atribúe o poder de producir a treboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial e escritor. Colaborou nas publicacións La Meta, El Pueblo Gallego, Hoja del Lunes, Ideal Gallego, Triunfo e Semana, e foi correspondente de Radio Popular de Vigo e de La Voz de Galicia, e das axencias EFE e CIFRA. Publicou La Guardia, El Rosal y Oya (1979) e Santa María de Oia. Real e Imperial (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Coñecido como o abade de Vilar e Couto, actuou como guerrilleiro durante a Guerra da Independencia na provincia de Tui. Atacou a cabalaría francesa na ponte de Mourentán (Arbo), participou no sitio de Tui e na reconquista de Vigo e Santiago de Compostela. Foi nomeado xeneral dos patriotas de Miño, cóengo da catedral de Santiago de Compostela e recibiu a Cruz de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Dedicouse á paisaxe, e entrou en contacto cos pintores da escola de Barbizon. Logo dunha viaxe aos Países Baixos, en 1845, onde coñeceu as obras de P. Potter e A. Cuyp, introduciu animais nas súas paisaxes. Destaca Berger et son troupeau sur un chemin forestier.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa que é desvergonzada ou vive do engano.

    2. folgazán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor de poemarios de carácter popular, como Libro de los cantares (1851) e Libro de las montañas (1867), publicou tamén novelas e contos, como Cuentos de color de rosa (1859) e Cuentos campesinos (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Rodríguez Trueba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Figura destacada da Nouvelle Vague, estableceu novos postulados sobre a estética e a expresión cinematográfica, cunha nova capacidade expresiva da imaxe por si mesma. Da súa produción destacan Jules et Jim (1961), La peau douce (1964), Fahrenheit 451 (1966), L’enfant sauvage (1969), L’histoire d’Adèle H (1975), Le dernier métro (1980) e Vivement dimanche! (1983). Recibiu o Premio á mellor dirección no Festival de Cannes (1959), por Les Quatre-cents coups, e o Oscar á mellor película estranxeira (1973), por La nuit americaine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Doutora en Dereito (1991), desde 1993 é profesora na Universidad de Extremadura. Foi conselleira do Consejo Económico y Social de Extremadura e conselleira da Presidencia (2000) e de Fomento (2003-2004) da Junta de Extremadura. En 2004 converteuse en ministra de Vivenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi elixido senador demócrata por Missouri (1934) e vicepresidente de EE UU (1944) con Franklin D. Roosevelt. Á morte de Roosevelt (1945), acadou a presidencia e foi reelixido presidente en 1948. Ordenou o lanzamento da bomba atómica sobre Hiroshima e Nagasaki. A súa actitude anticomunista favoreceu o desenvolvemento do maccarthismo e o desencadeamento da Guerra Fría. Cara ao final do seu mandato iniciou a Guerra de Corea (1950). Non se presentou ás eleccións de 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Coñecido como Truman Capote, tivo un grande éxito coa súa primeira novela Other Voices, Other Rooms (1948), onde presentou un mundo adolescente entre a realidade e a fantasía. Tamén destacan The Grass Harp (1951), Breakfast at Tiffa-ny’s (1958), levado ao cine en 1961 e In Cool Blood (1966), coa que iniciou a modalidade narrativa da non-fition, baseada na reconstrución novelística de feitos documentados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político croata. Foi deputado e alcalde de Split (1879). Partidario da unión dos croatas, serbios, eslovenos e montenegrinos nun único estado, foi un dos asinantes do Pacto de Corfú (1917). Foi ministro de Asuntos Exteriores (1918-1920) do novo estado iugoslavo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos parasitos que se atopan no plasma sanguíneo do home e dos animais, e que se caracterizan por unha delicada membrana ondulante e un flaxelo nunha extremidade. As especies parasitas e patóxenas para o home son T. gambiense e T. rhodesiense, produtoras da tripanosomíase africana ou enfermidade do sono, e T. cruzi, produtor da enfermidade de Chagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego. Foi gobernador xeral de Creta (1920-1932). Durante a Segunda Guerra Mundial foi un dos xefes da resistencia grega. Xefe do partido populista, foi presidente do goberno (1946-1947) e ministro de Asuntos Estranxeiros (1946-1950). Coa chegada ao goberno do mariscal Papagós, pasou á oposición.

    VER O DETALLE DO TERMO