"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do curso superior do Brahmaputra, no Tíbet.
-
MACIZO
Macizo do N da illa de Madagascar, onde se atopa a maior altitude da illa, o Maromokopo (2.886 m). Está cuberto de bosque tropical húmido. A vertente oriental cae abruptamente sobre a estreita chaira litoral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi autor do edificio dos laboratorios Sandoz de Orléans (1952-1955), do dos seguros Vaudoises de Lausanne (1956), do silo de gran de Renens, do edificio da casa Nestlé, en Vevey, e da sede da Organización Mundial da Saúde, en Xenebra, construída á súa morte (1962-1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago do Tíbet, no Himalaia setentrional, situado a unha altitude de 4.557 m, entre os cumios de Gagrin Pochhe (6.714 m), ao N, e o Gurlha Mandhātā (7.728 m), ao S. A súa superficie e duns 440 km2.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político malgaxe. Foi deputado da Assemblée Française (1956-1959) e fundou o partido socialdemócrata (1956), de signo conservador e profrancés. Foi presidente de Madagascar en 1960, cargo para o que foi reelixido en 1965 e en 1972. Levou unha política pro-occidental e antimarxista, e foi derrocado en 1972 por unha revolta popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico chinés. En 1998 recibiu, xunto con R. B. Laughlin e H. L. Störmer, o Premio Nobel de Física, polo descubrimento dunha nova forma de fluído cuántico coas excitacións cargadas fraccionalmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos tswanas.
-
Individuo do pobo tswana.
-
Pobo bantú que habita na República Surafricana, no SO de África e en Botswana, nas zonas veciñas do deserto de Kalahari. A súa economía é esencialmente gandeira, pero tamén practican a agricultura. Agrúpanse en clans patriarcais, que integran unha tribo cun tótem común.
-
Lingua bantú do phylum níxer-congo que fala o pobo tswana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo da deusa Dana que, segundo a mitoloxía celta, habitaba Irlanda antes da chegada dos fillos de Mile, antepasados do pobo irlandés. A antiga crónica lendaria Leabhar Gabhála (Libro das invasións) considéraos o pobo irlandés. A lenda popular asóciaos a numerosas fadas que habitan nas covas, nas árbores e nas augas do país.
-
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Le Romain, traballou na decoración dos xardíns de Versailles (Le char d’Apollon, Le Rhône, La Saône), fixo a tumba da nai de Le Brun na igrexa de Saint-Nicolas de Chardonet e colaborou con A. Coysevox nos monumentos funerarios de Colbert, na igrexa de Saint-Eustache de París, e de Mazzarino no Institute de France de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo, gravador e teórico da arte, conde de Caylus. Gran viaxeiro, foi coleccionista de obras de arte antiga. Publicou, entre outras obras, Recueil d’antiquités (1752-1757) e Nouveaux sujets de peinture et sculpture (1755), onde se identificaba coa arte galante de Antoine Wateau ou François Boucher.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e historiador. Participou na campaña de África (1859-1869) e residiu moito tempo en Sevilla, onde foi un dos precursores do federalismo. Viviu en Madrid e, retirado da política, dedicouse á investigación artística e literaria. Publicou, entre outras obras, Murillo, su época, su vida, sus cuadros (1864), Pablo de Céspedes (1868), El arte y los artistas contemporáneos en la Península (1871), Cervantes y el Quijote (1872) e Estudios sobre el arte en España (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada entre as de Grúa, Fénix, Hidra macho, Octante, Pavo e Indio. Contén 44 estrelas observables a simple vista, das que a máis brillante é α-Tucanae, que ten unha de magnitude de 2,91 e está situada a unha distancia de 142 anos luz. Contén tamén a pequena nebulosa de Magalhães e o cúmulo globular 47 Tucanae.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación de Tucán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave piciforme, da familia dos ranfástidos, que se caracteriza por presentar pico grande e coloreado. Aliméntase principalmente de froita. A especie Ramphastos toco vive na Güiana e en Brasil, Selenidera maculirostris, no SL de Brasil, Andigena laminirostris, en Colombia e no Ecuador, Ramphastos cuvieri, en Colombia e Brasil e Ramphastos sulfuratus habita desde o S de México ata Venezuela.
-
-
Relativo ou pertencente aos tucanos.
-
Individuo do pobo tucano.
-
Conxunto de varios pobos amerindios da rexión noroeste da conca amazónica, que habitan nas zonas de Putumayo e en Napo, en América do Sur, e entre os que destacan os tucanos.
-
Lingua amerindia falada polo pobo tucano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Arxentina, situada na rexión Norte (22.524 km2; 1.331.923 h [2001]). A súa capital é San Miguel de Tucumán. Atópase ao L da cordilleira de Aconquija, da que xorden diversas ramificacións en dirección L formadas por materiais metamórficos e cristalinos. A zona central é unha chaira percorrida polo río Sali. Ten clima e vexetación tropicais, o que a converte nunha zona produtora de cana de azucre, arroz, liño, tabaco, froitas e produtos da horta. Antes da chegada dos españois, o territorio estaba poboado por pequenos grupos tribais. No s XVI producíronse as incursións dos pobos de Charcas e de Chile e quedou vinculado a Charcas cun intenso comercio de mulas e coiros. En 1813 foi incorporada ás provincias de Río de la Plata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea das provincias unidas de Río de La Plata celebrada en 1816 que promulgou a independencia arxentina e a primeira constitución. Non estiveron representados nin Paraguay nin as provincias de Corrientes, Entre Ríos, Santa Fe, Misiones e a Banda Oriental, feito que provocou que triunfase o obxectivo das provincias unidas baixo a hexemonía do porto de Bos Aires e a á conservadora dos patriotas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mariano Rodríguez Tudela.
-
PERSOEIRO
Derradeiro emperador da dinastía sino-mongólica Yuan (1333-1368). Coñecido co nome chinés de Shuendi, o seu goberno caracterizouse polas desordes internas. Derrocado por unha revolta popular (1368), foi expulsado de Pequín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista ruso. A súa tese doutoral foi unha investigación histórica sobre as crises industriais en Inglaterra (1894). Difundiu a teoría da desproporcionalidade a través da súa crítica á exposición das causas das crises feita por Marx. Chegou á conclusión de que o derrocamento do capitalismo non era unha necesidade económica.
VER O DETALLE DO TERMO