"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Profesor na Universidade de Florida, cofundou e dirixiu The Society of Photographic Education (1964). Especializouse no método sándwich de combinación de negativos, conseguindo visións enigmáticas que subverten as relacións naturais entre os obxectos. Foi nomeado membro da Royal Photographic Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesc Mateu i Nicolau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista e adestrador. Iniciou a súa carreira profesional en Brasil, xogando no Flamengo, co que gañou unha liga, e no Corinthians. Regresou a España ao Atlético de Madrid (1964-1974), co que gañou tres ligas e dúas copas. Foi internacional en 16 ocasións. Retirouse no Rácing de Santander (1974-1976). En 1997 incorporouse como adestrador á Real Federación Española de Fútbol e acadou dúas Eurocopas coa selección Sub-16 (1999 e 2001) e o subcampionato do mundo Sub-20 (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio do Permiano Superior, situado sobre o Kunguriano e o Kazaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África oriental, situado ao N do lago Victoria, que limita ao N co Sudán, ao L con Kenya, ao O coa República Democrática do Congo e ao S con Tanzania e Rwanda (241.038 km2; 22.388.000 h [estim 2001]). A capital é Kampala.
    Xeografía física
    O relevo está constituído por vastas chairas inclinadas de N a S. No L e no O atópanse os sistemas montañosos do Elgon e do Ruwenzori (5.119 m). No centro da chaira están os lagos Kyoga e Kwania, e ao longo da depresión do Rift Valey os lagos Mobutu, George e Edward. O clima é ecuatorial e está suavizado pola altitude, as temperaturas son elevadas e as chuvias teñen a máxima de marzo a xuño e de setembro a novembro. O río máis importante é o Nilo Victoria. A vexetación ten, en xeral, carácter de selva seca ou de sabana, con galerías de bosque húmido.
    Xeografía económica
    A agricultura e a gandaría son a base económica do país. Os principais cultivos comerciais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de 22 católicos ugandeses, parte do centenar de cristiáns que foron vítimas da persecución do kabaka Mwanga de Buganda (1885-1887). As primeiras vítimas foron o bispo anglicano James Hannington e os seus compañeiros (1885). Polo feito de protestar por estas mortes, Joseph Mukasa, membro da casa real, foi decapitado e os seus paxes e soldados foron sacrificados. A persecución continuou contra os misioneiros católicos e protestantes ata 1887. Canonizados colectivamente (1964), a súa festividade celébrase o 3 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Uganda ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Uganda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e ilustrador. Formado inicialmente na Escola de Artes e Oficios de Vigo, en 1967 desprazouse a Madrid para estudar na Real Academia de San Fernando e no Círculo de Bellas Artes. O seu estilo comezou vinculándose ao realismo costumista e académico, próximo en ocasións á nova figuración. Con estas obras realizou as súas primeiras exposicións. En 1968, atraído pola pintura dos diferentes ismos, decidiu viaxar a París e realizar algún experimento informalista. A actividade artística de Uhía divídese entre a pintura, a ilustración e o deseño gráfico. A primeira evolucionou cara á abstracción, tal e como amosou na III Bienal Internacional (1978) e na V Bienal Nacional (1979) de Pontevedra. Parte da súa obra delata a inspiración mariña, dominada polas liñas curvas que se converten en motivos oníricos. Sobre este mundo submarino dirixiu varios documentais cinematográficos, galardoados en festivais nacionais e internacionais. Como ilustrador de literatura infantil e xuvenil colabora en diversas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Profesor de linguas xermánicas, foi deputado liberal no parlamento de Frankfurt (1848). Notable representante do romanticismo de Suabia, a súa obra lírica reflicte un sentimento de unión coa natureza da súa terra. Destacan Die Kapelle (A capela) e Der Wirtin Töchterlein (A filliña da ama).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Profesor nas universidades de Amsterdam (1892) e de Leiden (1899-1926), publicou estudos sobre lingüística indoeuropea (lingua gótica ou sánscrito), sobre o éuscaro (Beiträge zu einer vergleichenden lautlehre der baskischen dialecte, Contribucións a unha fonética comparada dos dialectos vascos, 1903) e sobre linguas americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inmigrante británico chegado ás antigas provincias de Transvaal e Orange desde o descubrimento de xacementos de ouro e diamantes, a mediados do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Célebes Meridionais, Indonesia, situada na costa SO da illa de Célebes (1.121.300 h [1996]). É un porto turístico e comercial e un centro exportador de tabaco, café, copra e palma de coco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Mongolia e ajmag independente (4.700 km2; 773.700 h [2000]). Situada ao N do país, xunto ao río Tuul, preto dun importante xacemento de lignito, medrou rapidamente grazas á modernización e á industrialización. É o único centro industrial do país organizado segundo o sistema soviético de combinados industriais. Primitivo centro de migración estacional, en 1639 converteuse en capital relixiosa grazas á construción do mosteiro Da Khure, residencia do bodgo-gegen (gran sacerdote do budismo tibetano). Os rusos chamárona Urga. Coa independencia de Mongolia exterior (1911), converteuse en capital, co nome de Niislel Khureheh, e despois da ocupación das tropas revolucionarias e soviéticas (1921) foi capital da nova república (1924) co nome actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República dos Buriatos, en Siberia Oriental, Rusia (370.000 h [1997]). Ten un porto no río Selenga, con construcións mecánicas e metalúrxicas e fábricas de materiais para a construción. Fundada en 1666, foi convertida en fortaleza en 1689, co nome de Verkhneudinsk (que cambiou polo actual en 1934). En 1920 foi capital da República do Extremo Oriente, e, entre 1921-1923, da oblast’ de Baikal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado de cabalaría lixeira, armado de lanza. Orixinariamente polacos, os ulanos serviron como mercenarios en Polonia, Prusia, Austria e Francia. Desapareceron en 1918 e, desde entón, só existen formacións con este nome en Alemaña, Austria e Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina rusa. Foi primeira bailarina (1944-1960) e profesora do teatro Bolšoj de Moscova. Caracterizada pola súa excelente técnica e habilidade interpretativa, destacou como bailarina clásica nos ballets Romeo e Xulieta, Crebanoces e A Bela Durminte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (37.300 km2; 1.472.400 h [estim 1999]). A súa capital é Simbirsk (679.000 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao río Ulla e ás comarcas da súa contorna ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da ribeira do río Ulla ou das comarcas da súa contorna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca natural e histórica da Comunidade Autónoma de Galicia, que inclúe as parroquias da veiga dos ríos Ulla e Sar, nos concellos de Padrón, Pontecesures, Dodro e Valga. Aloxada na Depresión Meridiana e drenada por estes dous ríos, a unidade natural propiciou unha integración comarcal a escala social e económica, reforzada polo trazado das grandes vías de comunicación que conectan as aglomeracións urbanas do litoral setentrional e meridional de Galicia. A comarcalización establecida pola administración autonómica na década de 1990 cinguiuse á delimitación provincial preexistente, diluíndo a súa personalidade nas comarcas do Sar, ao N, e Caldas, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO