"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pedigree.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado no lugar de Fragoselo en Coruxo (Vigo). A rocha de 10,50 m por 4,70 m, presenta unha gran cantidade de combinacións circulares de diferentes tamaños, sucos, cazoletas, coviñas e pegadas zoomorfas. Destaca o gran suco que percorre a rocha en sentido norte a sur, á dereita do que aparece unha gran combinación circular de 124 cm de diámetro. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de San Paio de Senra e Riobó (Rodeiro). O seu cumio acada os 737 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1011? - 1046) Rei de Hungría (1038-1046), fillo de Ottone de Orseolo, duque de Venecia, e de María, irmá de Estevo I de Hungría. Sucedeu a este pero foi expulsado do país polos pagáns (1041). En 1044 recuperou o poder pero asasinárono os partidarios do seu sucesor André I de Hungría.
-
PERSOEIRO
Príncipe e metropolita de Montenegro (1782-1830), sobriño e sucesor do Rei Sava. Co apoio de Rusia, combateu contra Turquía; e co de Reino Unido, contra Francia. Centralizou o poder e impulsou a economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1672 - Peterburgo 1725) Tsar de Rusia (1682-1725), fillo menor de Aleixo I de Rusia e sucesor de Teodoro III de Rusia. Interesado en occidentalizar Rusia, reorganizou a administración territorial e creou un senado de nove membros en 1711, que, xunto cos nove colexios ou consellos ministeriais, foi o órgano supremo de goberno. Pero estas reformas non conseguiron unha transformación da arcaica estrutura socioeconómica do país. A adquisición dunha ampla fachada ao Báltico custoulle 21 anos de guerra contra Suecia (Guerra Nórdica), no curso da que derrotou a Carlos XII de Suecia en Poltava (1709), pero na que perdeu o mar de Azov, a saída ao Mar Negro. Deu nome á cidade de Peterburgo (1703), a onde trasladou a capitalidade, ata entón en Moscova, en 1713.
-
PERSOEIRO
Príncipe e metropolita de Montenegro (1830-1851), Sucedeu a Pedro I de Montenegro e mantivo boas relacións con Rusia, que o axudou nas guerras con Turquía e Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1276-1285) e de Sicilia (Pedro I, 1282-1285), fillo de Xaime I de Aragón e de Violante de Hungría. Polo derradeiro testamento do seu pai (1262) recibiu Catalunya, Aragón e València. Casado con Constanza Stauten de Sicilia, alegou dereitos sobre Sicilia, dominio dos Anjou. Despois das Vésperas Sicilianas, insurrección antifrancesa de 1282, corouse rei. O Papa Martiño IV excomungouno e entregou os seus reinos a Carlos de Valois, fillo do rei de Francia. Tentou fortalecer a autoridade real e enfrontouse á nobreza feudal e ás oligarquías urbanas. Nas Cortes de Tarazona de 1283 os propietarios, que formaban a Unión aragonesa, presentáronlle ao rei o Privilexio da Unión, e este tivo que ceder. Tamén os cataláns, nas Cortes de Barcelona (1283), lle presentaron peticións que foron a base do constitucionalismo catalán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade debida a un déficit de ácido nicotínico. Clinicamente caracterízase por síntomas gastrointestinais, trastornos cutáneos, trastornos nerviosos psicolóxicos e neurolóxicos, e síntomas xerais.
-
-
Relativo ou pertencente á pelagra.
-
Que ou quen está afectado de pelagra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peregrino.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao pé da serra de Yedra, ao N da capital provincial (8.439 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e nas industrias alimentarias, de materiais para a construción e téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico arxentino. Fundador en 1926 do primeiro grupo surrealista hispanoamericano, impulsou o lanzamento das revistas Qué (1928-1930), Ciclo (1948) e A partir de cero (1950). Relacionado con André Breton, elaborou en 1961 unha importante antoloxía da poesía surrealista. Publicou El muro secreto (1949), Construción de la destrución (1957) e Antología de la poesía viva latinoamericana (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista italiano. Profesor das universidades de Palermo, Trieste e Padua, o seu campo de investigación centrouse nas variedades véneta, friulana e ladina. Dirixiu o Atlante storico-linguistico-etnografico friulano (1972-1984) e das súas obras destacan Appunti di grammatica storica del provenzale (1965), Gli arabisme nelle lingue neolatine con speciale riguardo all’Italia (1972), Saggi di linguistica italiana (1975), Studi di dialettologia e filologia veneta (1977) e diversos artigos de balcanística.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista. Estudou en Turín e foi lector de italiano en Heidelberg (1925-1939), onde profundou no estudo dos poetas galego-portugueses. Interesouse pola historia da literatura portuguesa, sobre todo pola figura de Luis Vaz de Camões, e pola lírica galego--portuguesa e foi un destacado dantista, sobre quen versou a súa tese. As súas investigacións foron fundamentais para a elaboración científica e para o desenvolvemento dos estudos de poesía ibérica medieval. En 1927 publicou Don Denis, unha selección de textos de don Denís con tradución italiana. Ao ano seguinte publicou a edición crítica de cincuenta composicións en Auswahl altportugiesischer Lieder e tamén neste ano realizou a edición diplomática de “I Lais portoghesi del codice vaticano”, en Archivum romanicum. Tamén é fundamental o seu Repertorio bibliografico, as edicións críticas de poesías afonsinas e Il canzoniere di D. Lopo Liáns (1964). Traduciu ao italiano Os Lusíadas (1934) e elaborou unha antoloxía da lírica de Camões (Liriche...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción ósea semilunar que se produce na parte superior do ligamento lateral interno do xeonllo, debida a un traumatismo.
-
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Torible (Lugo) e Vilalvite (Friol). O seu cumio acada os 598 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Viveiró (Muras). O seu cumio acada os 700 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Coiras (Piñor). O seu cumio acada os 793 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Vilaformán (Trabada) e Vilaouruz (A Pontenova). O seu cumio acada os 541 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO