"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural protexido, situado no arquipélago de Cabrera, que ten unha extensión de 1.836 ha. Presenta unha cuberta vexetal pouco alterada, onde predominan os arbustos leñosos que forman a garriga. As especies vexetais máis características son a sabina, o piñeiro ou os lentiscos, e existen máis de 30 especies vexetais endémicas, como as especies Rubia angustifolia ssp cespitosa, Rhamnus ludivici-salvatoris, Dracunculus muscivorum, Paeonia cambessedessi e Helleborus lividus ssp lividus. En canto á fauna, nos seus illotes e acantilados viven varias especies de aves mariñas, como a pardela cinsenta, a pardela balear (Puffinus mauretanicus), o paíño común, o corvo mariño cristado, a gaivota de Audouin (Larus audouinii), especie en perigo que conta aquí cunha das mellores colonias do Mediterráneo, e a gaivota patiamarela. É ademais unha zona de paso de aves migratorias, e na que se poden atopar rapaces como o...
-
ENTRADA LARGA
Espazo natural protexido situado na costa atlántica galega, formado polos arquipélagos das Illas Cíes, de 2.658 ha marítimas e 433 ha terrestres; o arquipélago das illas Ons, de 2.171 ha marítimas e 470 ha terrestres; a illa de Sálvora, de 2.309 ha marítimas e 278 ha terrestres; e as illas de Cortegada, Malveiras e illas próximas, de 43,8 ha terrestres.
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de declaración e historia
O proceso que sufriron as illas ata chegar ata este estado de protección comenzou coa declaración do arquipélago das Illas Cíes como Parque Natural en 1980 e de zona especial para aves (ZEPA, 1999). En 1999 aprobouse mediante o Decreto 274/1999 o Plan de Ordenación dos Recuros Naturais (PORN) debido á necesidade de contar cun instrumento de planificación dos recursos naturais que permitira acadar os obxectivos preestablecidos en materia de conservación e harmonizase todos os intereses, tanto o uso sostible como o goce destes espazos naturais. A Comunidade Autónoma de Galicia incluíu... -
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural protexido, cunha superficie de 9.393 ha, que se localiza nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero e Pontedeume. Constitúe unha das fragas costeiras mellor conservadas de Europa, onde se poden atopar, preto das augas do río Eume, bosques de salgueiros e amieiros, que están rodeados de carballos, bidueiros, acivros, abeleiras, teixos, castiñeiros e loureiros. Tamén se poden observar sobreiras na súa vertente S. Unha importante riqueza florística da zona constitúea a flora de criptógamas e pteridófitos. En canto á flora de briófitas, están representadas 221 especies do total de 471 especies coas que conta a bioflora galega e a flora de liques conta con tres especies novas para Europa continental e 24 para a flora española. Destacan na flora a Woodwardia radicans, Culcita macrocarpa, Trichomanes speciosus, Narcissus cyclamineus e Narcissus asturiensis. Na fauna existen especies de invertebrados endémicos de Galicia e de Europa,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque empresarial creado en San Cibrao das Viñas en 1992 por iniciativa da Xunta de Galicia. Agrupa empresas e institucións de alto nivel tecnolóxico e innovador. Depende das consellerías de Economía e Facenda e de Industria e Comercio pero como órgano de xestión constituíuse en sociedade anónima na que participan, ademais da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, a Cámara de Comercio e Industria de Ourense, os concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas, a Confederación Empresarial de Ourense, UGT e as tres universidades galegas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que serve para controlar o tempo que un vehículo permanece nun estacionamento suxeito a pagamento.
-
-
-
-
Territorio elemental da división eclesiástica que está baixo a xurisdición dun cura e que é a unidade básica de división territorial en numerosas áreas rurais do norte da Península Ibérica. A parroquia é a igrexa en que se administran os sacramentos e se dá axuda espiritual aos habitantes do territorio que están baixo a súa xurisdición espiritual. Cada diocese distribúese en porcións territoriais, asignando a cada unha delas unha igrexa especial, un conxunto de fieis determinado e un reitor ou pastor propio. Divídese en parroquias, onde un clérigo fixa a súa residencia no lugar e atende aos fieis. Os requisitos precisos para que exista unha parroquia son cinco: un territorio concreto, uns fieis determinados, unha igrexa especial ou templo para os actos do culto, un reitor especial que como propio pastor estea á fronte da igrexa e do pobo, e un dote suficiente, renda fixa ou emolumentos, para atender o sustento do párroco e os gastos propios da parroquia. A Igrexa establece diferentes clasificacións...
-
Igrexa principal da circunscrición parroquial, en que radica a actividade pastoral do reitor.
-
Despacho parroquial ou tamén edificio, anexo normalmente á igrexa, onde o reitor celebra reunións, atende os fieis ou ensina o catecismo.
-
-
Conxunto de fregueses dunha parroquia.
-
Circunscrición ou división administrativa de Andorra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado na parroquia de Santa María, en Vigo, a partir da década de 1970. Subtitulada “Comunidad Eclesial”, tivo tres épocas distintas. Dirixido por Laureano Puga, o seu equipo de redacción estaba conformado por Xosé García, Xosé Mª Pazó, Arturo Vázquez e Ricardo García. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Paz. Incluíu, desde unha perspectiva católica, artigos sobre distintos temas e preocupacións da sociedade civil.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á parroquia.
-
ARQUIPELAGOS
Grupo de illas na parte máis setentrional do arquipélago ártico de Canadá, ao N de Melville Sound, descuberto por W. E. Parry (130.000 km2). As principais illas, practicamente deshabitadas, son Melville, Bathurst, Devon, Príncipe Patrick e Cornwallis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político que xurdiu inicialmente como corrente interna de Izquierda Unida (1992) e que celebrou o seu congreso constituínte en novembro de 1996. En marzo de 1998 tivo lugar o I congreso de Nueva Izquierda, en que Cristina Almeida foi elixida presidenta do partido e Diego López Garrido secretario xeral. Integrouse como corrente no PSOE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización que se creou en 1982 da unión dalgúns militantes do Partido Socialista Galego (PSG) e de Esquerda Galega (EG), e que se presentou ás eleccións como PSG-EG. Desde 1992, optou por confluír con sectores galeguistas de centro e independentes, procedentes tanto de Coalición Galega como do Partido Nacionalista Galego e do Partido Galeguista. En 1993 aliouse con Esquerda Unida (EU) e pasou a denominarse Unidade Galega, organización que, en 1994, se integrou no Bloque Nacionalista Galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantante ou actor que executa unha parte pouco importante nunha ópera, nun oratorio ou nunha peza teatral.
-
PERSOEIRO
Pintor. Profesou na cartuxa de Escaladei en 1595. Traballou na decoración do palacio da Generalitat de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director teatral. Fundador e director do Teatre Lliure de Barcelona, dirixiu o Centro Dramático Nacional de Madrid (1983-1989) e o Théâtre de l’Odéon-Théâtre de l’Europe de París (1990-1996). Das obras que levou a escena destacan Antígona (1968), El público (1987), Tot esperant Godot (1999, Premio Max ao mellor director de escena) e o espectáculo de danza Mariana Pineda (2003, Premio Nacional de Danza). Foi nomeado cabaleiro da Orde das Artes e as Letras (1985), e recibiu o Premio Nacional de Teatro (1984 e 1990) e a Légion d’Honneur (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto, humanista e historiador. Avogado do Parlamento de París, defendeu a universidade contra os xesuítas no momento de creación do Collège de Clarmont. A súa obra comprende tratados de política, como Pourparler du prince (1560), de dereito e unhas Lettres (1586).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Escrito anónimo que se coloca nun lugar público, con expresións satíricas contra o goberno, unha institución ou un personaxe. O nome procede dun torso escultórico mutilado encargado en 1501 polo cardeal Oliviero Carafa, coñecido co nome de Pasquino. Anualmente púñanse nel epigramas alusivos a este que despois ían ser publicados. Posteriormente pasou a ser o receptáculo de alusións satíricas anónimas, en italiano, contra os papas e a política vaticana. Os pasquíns políticos xeneralizáronse sobre todo a partir da fin do s XVIII, despois da Revolución Francesa.
-
Bando, proclama ou cartel impreso que se coloca en lugares públicos.
-
-
PERSOEIRO
Compositor, organista e clavecinista italiano. Discípulo de L. Vittori e A. Cesti, foi un dos primeiros en utilizar a sonata. Como compositor destacan as súas pezas líricas Il Tirinto ovvero sincerità con sincerità (1672) e Artide (1678), e os oratorios Santa Inés (1685) e La sete di Cristo (1689), ademais de 24 tocatas, once suites, diversos concertos, óperas, cantatas e motetes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que posúe supostos poderes para curar diversos males, principalmente os espirituais e todo o relacionado coa maxia negra.
-
-
Planta da pataca.
-
Terreo en que se cultivan as patacas.
-