"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
GALICIA
Actor e director teatral. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixe o Escola Superior de Arte Dramática de Vigo (2005). Impulsor do Taller de Teatro da Universidade Popular de Corcubión e da Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Pontevedra, participou na creación dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, para os que dirixiu diversos espectáculos entre 1988 e 1992, e Teatro de Ningures, para o que dirixiu dúas obras en 1985 e 1986. Teatrólogo e profesor de pedagoxía teatral, expresión dramática e expresión teatral, colaborou en diversas publicacións periódicas con artigos de crítica teatral. Membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, foi director de Ensaio, revista de teatro de Galicia e do Norte de Portugal e do Anuario Galego de Estudios Teatrais. Membro fundador da Asociación Nacional de Investigadores de Literatura...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escola filosófica que xurdiu en Viena en 1910 como reacción contra as especulacións idealistas e afíns (como as das chamadas ciencias do espírito) dos anos precedentes. Quería establecer unha filosofía científica, e a súa correspondente concepción científica do mundo, centrada na análise da linguaxe, derivou cara a un positivismo e un empirismo lóxicos. Herdeira da tradición empirista e nominalista e da filosofía de E. Mach, iniciárona Hans Hahn (1880-1934) e Otto Neurath (1822-1945), entre outros, e estableceuse definitivamente coa chegada a Viena de Moritz Schlick en 1922 e de Rudolf Carnap en 1926. Adheríronse tamén científicos das máis diversas especialidades.
-
GALICIA
Comarca situada no SO da Comunidade Autónoma de Galicia e no S da provincia de Pontevedra. Esténdese en sentido SO-NL ocupando toda a marxe dereita da ría de Vigo e unha ampla franxa cara ao interior, chegando no caso do concello de Fornelos de Montes ata o límite coa provincia de Ourense. Limita ao N coa comarca de Pontevedra (concellos de Pontevedra, Ponte Caldelas e A Lama), ao O coa ría de Vigo, ao S coa comarca do Baixo Miño (concellos de Oia, Tomiño e Tui) e ao L coa do Condado (Mondariz, Ponteareas e Salvaterra de Miño), aínda que algunhas parroquias de Fornelos de Montes limitan coas comarcas da Paradanta (concello de Covelo) e do Ribeiro (concello de Avión). Abrangue unha extensión de 613,4 km2cunha poboación de 395.351 h [2001]), distribuída nos concellos de Baiona (34,5 km2; 10.931 h [2001]), Fornelos de Montes (83,1km2; 2.066 h [2001]), Gondomar (74,5 km2; 12.176 h [2001]), Mos (53,2 km2; 14.127 h...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de santa Baia, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Salnés situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no NO da provincia de Pontevedra (43° 35’ 31’’ N - 8° 46’ 46’’ O). Limita ao N coa ría de Arousa e co concello de Catoira (comarca de Caldas), ao S con Vilanova de Arousa (O Salnés), ao O coa ría de Arousa e Vilanova de Arousa e ao L con Caldas de Reis (Caldas). Abrangue unha extensión de 44,2 km 2 cunha poboación de 36.743 h (2007), distribuída nas parroquias de Arealonga, Bamio, O Carril, Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Solobeira e Vilagarcía. A súa capital é a vila de Vilagarcía, na parroquia homónima, que dista 45 km de Santiago de Compostela e 20 km de Pontevedra. É cabeceira de partido xudicial. Está adscrito á arquidiocesede Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo é moi accidentado como resultado da acción tectónica durante o Terciario. A ría de Arousa xurdiu por un fenómeno de subsidencia do esteiro do río Ulla, que supuxo que o mar penetrase no... -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Catoira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario que ten a súa orixe nos morgados fundados por García de Caamaño e os seus fillos: Rubiáns, Vista Alegre e Barrantes. Rodrigo de Mendoza Soutomaior e Caamaño, morgado de Vista Alegre e Barrantes, mercou a vila de Vilagarcía e Arealonga, coa súa xurisdición civil e militar. Un dos seus fillos, Mauro de Mendoza Soutomaior e Caamaño (1594-?), señor de Rubiáns, recibiu en 1644 as casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía, e en 1654 recibiu de Filipe IV o marquesado de Vilagarcía, co vizcondado de Barrantes. A morte sen sucesión do IV marqués (1781) abriu un preito sucesorio que se resolveu en 1815 en favor de Joaquín de Armesto Teixeiro, quen recibiu os títulos de Vilagarcía e Barrantes, e de José Ramón Ozores, quen recibiu o señorío de Rubiáns coa grandeza de España. O título continuo nos herdeiros de Joaquín ; Armesto Teixeiro, que adoptou o nome de Joaquín de Mendoza Soutomaior Armesto y Teixeiro , por imposición vincular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto da beira meridional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Vilagarcía, concello de Vilagarcía de Arousa. As instalacións portuarias esténdense ao longo de máis de 2 km e inclúen peiraos comerciais, de viaxeiros, pesqueiros e deportivos. Ocupan unha superficie de 431.086 m2. O volume de tráfico descargado en 2002 foi de 1.154.000 toneladas. O porto tivo a súa orixe no do Carril, que foi o primeiro en Galicia que contou con servizo de ferrocarril (1873). A súa expansión obrigouno a situarse na parroquia limítrofe de Vilagarcía, que ofrecía maior calado. Alí construíuse a partir de 1878 un peirao de 400 m. Declarado porto de interese xeral do estado en 1888, xestiónao a Autoridade Portuaria de Vilagarcía. En 1982 as instalacións de Vilaxoán e do Carril, que ata entón dependían da Xunta de Obras do Porto de Vilagarcía, foron transferidas á administración autonómica, mentres que as de Vilagarcía mantiveron o seu carácter estatal.
-
-
Relativo ou pertencente a Vilagarcía de Arousa ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Vilagarcía de Arousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Santo Eusebio da Peroxa, capital do concello de Coles.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Introduciu no seu país a arquitectura racionalista en detrimento da tendencia neotolteca. Recibiu o Premio Nacional de Artes (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formado en Madrid, a súa pintura é realista e caracterízase polo dominio técnico, en especial do debuxo, e pola captación da psicoloxía dos personaxes. Cultivou o retrato, as naturezas mortas, sobre todo de animais, a paisaxe e os tipos populares. Destacan as obras, Autorretrato, Muller aldeá e Neno do niño.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado ao N da capital provincial, ao pé da cordilleira Cantábrica e regado polo río Nela (3.777 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e profesor. Promotor da revista A Caramecha, publicou A terra de Orcellón e O Irixo (1985), Ramón Martínez López. Pola universidalidade de Galicia (1992), Héroes e mártires: a IIª República e a guerra civil no Barbanza (1995) e Gallegos en México (1978-1936): inmigración e sociedade no alén mar (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico alemán. Explicou o mecanismo da doenza entendida como unha loita entre células propias e corpos estraños.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e enxeñeiro. Escribiu o tratado De Architectura, en dez libros, entre o 27 e o 23 a C. Conservado durante a Idade Media en bibliotecas monacais e redescuberto en 1414, no Renacemento converteuse no prototipo de toda a tratadística arquitectónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista e filósofo. De familia xudía, estudou filosofía en París (1509-1512), desde onde se trasladou a Bruxas. Marchou a Lovaina (1519-1522), primeiro como preceptor do príncipe Guillaume de Croÿ, bispo de Cambrai e cardeal-arcebispo de Toledo, e despois como profesor de latín na universidade. Alí manifestou a reacción contra a decadente escolástica parisiense e a súa admiración pola verdadeira filosofía en De initiis, sectis et laudibus philosophiae (1518) e Aduersus pseudodialecticos (1519); os seus métodos pedagóxicos en De ratione studii puerilis (1523), e o seu interese pola Europa antiga (In XXXII libros De ciuitate Dei commentaria, 1522) e pola do seu tempo (De Europae statu et tumultibus, 1522). Relacionouse cos humanistas europeos, especialmente con Erasmo e Thomas More. Foi preceptor de María Tudor, a quen lle dedicou De institutione feminae christianae (1524), e deu clases de latinidade e xurisprudencia ciceroniana en Oxford...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dando tombos polo chan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saltos e voltas que se realizan despois de espallar na malla, como divertimento e proba de forza.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada en Negreira entre agosto de 1933 e maio de 1935 (nº 22). Dirixida por Manuel Riveiro, foi Voceiro da Federación Agropecuaria do Distrito de Negreira Dentro do galeguismo progresista, defendeu a autonomía e reivindicou as sociedades agrarias e os sindicatos agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO