"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. patacada.

    2. Cousa mal feita ou dito que carece de sentido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á pataca.

    2. Que gusta de comer patacas.

    3. Lugar onde se gardan as patacas.

    4. Persoa que se dedica ao comercio das patacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Iniciouse na década de 1970 no postsurrealismo influído por Cruzeiro Seixas, membro fundador do grupo surrealista de Lisboa. Na década de 1980, a súa obra caracterizouse polo dominio da xeometría e un detallado estudo da figura humana. A partir de 1988 fixou a súa residencia en Narón. A mediados da década de 1990 evolucionou desde o representativo cara ao obxectual. Realizou as súas obras preferentemente en aceiro, que lle permitiu a construción de volumes xeométricos, deixando o cobre e o latón para os detalles. Destacan as series Silencios do Día e Clérigos de Lugo e os monumentos públicos A vida nun puño (Narón), Animalalma (Madrid) e o monumento a Revolução dos Cravos en Póvoa de Santa Iria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido por Filipe V en Nápoles en 1713 a Baltasar de Patiño Saavedra e Moscoso , señor do pazo de Vilalonga. Foi o herdeiro o seu fillo, o mestre de Campo Xoán Antonio de Patiño e Lamas de Soutomaior , que participou na Batalla de Rande (1702). O seu fillo Nicolao Patiño Silva e Soutomaior converteuse no III duque. O último duque foi Xoán de Dios Patiño e Acebedo , VI conde de Patiño, que viviu a principios do s XIX. O título ducal napolitano estivo vacante ata 1950, cando se rehabilitou como marquesado español por Carlos Martínez de Ourense e García , I marqués de Patiño. En 1964 Lucía Alcaraz Patiño reclamouno alegando maior dereito xenealóxico, e converteuse na II marquesa de Patiño. En 2002 converteuse en III marqués de Patiño o seu fillo Cesáreo Novoa Alcaraz .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Erudito, político e relixioso. Foi bibliotecario maior da Universidade de Santiago de Compostela e director da Biblioteca Nacional en Madrid (1834-1840). Contribuíu ao restablecemento da Sociedade Económica de Amigos do País e prestou grandes servizos á cultura. Colaborou cos liberais, foi deputado a Cortes polo Reino de Galicia (1822-1823) e senador por Pontevedra durante dúas lexislaturas (1838-1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e escritor. Gramático na escola da corte de Carlomagno, participou na loita contra o adopcionismo e escribiu un Libellus sacrosyllabus contra Elipandum, dirixido contra Elipando de Toledo e os adopcionistas; tres libros Contra Felicem Urgellitanum episcopum e un Liber exhortatorius. A súa festividade celébrase o 9 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Capitán xeneral de Castela-A Mancha, axudou a E. Castelar e en 1874, coñecedor da derrota deste nas Cortes, entrou e disolveunas, co que rematou coa Primeira República Española. Foi capitán xeneral de Catalunya (1880-1881) e novamente de Castela-A Mancha (1885-1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Cuenca (Ecuador) (1858-1875), arcebispo de Santiago de Compostela (1875-1886), capelán maior da raíña rexente María Cristina, arcebispo de Toledo (1886), cardeal (1877) e patriarca das Indias Occidentais (1886). Fundou o psiquiátrico de Conxo e obtivo a conversión do seminario de Santiago de Compostela en Universidade Pontificia, coa facultade de conferir graos académicos. Restaurou e impulsou as escavacións arqueolóxicas (1879) levadas a cabo por A. López Ferreiro e X. Labín Cabello na catedral de Santiago de Compostela, co propósito de atopar os restos do Apóstolo Santiago. Foi senador pola provincia de Gipuzkoa (1871-1872) e por dereito propio (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista francés. Foi un dos primeiros en describir os vasos quilíferos do organismo humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos moluscos que teñen as branquias pectinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modificación da voz percibida na auscultación. A voz parece proceder directamente do peito e dá a sensación de que as palabras están ben articuladas.

    2. Pectoriloquia que aparece en casos de derramos pulmonares extensos, cando o enfermo fala marmexando en voz baixa. Na auscultación do tórax séntense as palabras ben articuladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da psiquiatría que ten por obxecto de estudo e tratamento os trastornos mentais da infancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cerdeira (As Neves). O seu cumio acada os 681 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario, fillo de Sabino Enrique Peinador Vela. Sucedeu ao seu pai como xerente do balneario de Mondariz en 1907. Membro do Partido Galeguista e socio protector do Seminario de Estudos Galegos, foi o artífice da constitución do concello de Mondariz-Balneario en 1924. Xunto co seu irmán, Ramón Peinador Lines, converteu a Mondariz nun importante centro da cultura galega onde se celebraban parladoiros literarios coa participación dos intelectuais da época, como a sesión de ingreso na Real Academia Galega en 1920 de Ramón Cabanillas. Subvencionou exploracións arqueolóxicas, promocionou diversas publicacións no balneario e creou un museo con pezas arqueolóxicas e etnográficas. En 1936 expropiáronlle os terreos onde se construíu, en 1954, o aeroporto de Vigo. Publicou diferentes artigos en Mondariz e La Temporada en Mondariz, colaborou na Guía turística Mondariz-Vigo-Santiago (1912) e escribiu ‘‘Vocabulario dos cesteiros de Mondariz’’, na revista Nós (1922)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e empresario. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1869), dirixiu o Balneario de Caldelas de Tui en 1871. En 1872 descubriu o manancial da Gándara, en Mondariz-Balneario, e ao ano seguinte comezou a explotalo. Coa axuda de seu irmán, Gumersindo Ramón Peinador Vela (Pontevedra?-1928), obtivo a fonte de Troncoso, aínda que mantiveron un conflito co concello ata 1905, e comezaron a explotar as augas co nome de Aguas de Mondariz. Establecimiento minero-medicinal de los Señores Hijos de Peinador. En 1873 as augas foron declaradas de utilidade pública. En 1879 abriu a primeira casa de baños e en 1898 inaugurou o Gran Hotel de Mondariz, que se converteu nun centro medicinal, cultural e artístico. Exerceu como xerente do balneario ata 1906. Proxectou un tranvía entre Mondariz e Vigo para unir o balneario coa estación de ferrocaril e con Madrid, pero só funcionou no traxecto Vigo-O Porriño. Ademais tiña unha imprenta de seu en que se editaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, matemático e escritor francés. Estudou e practicou tamén a medicina. Autor de De Constitutione horoscopie, De peste compendium (1563) e Algebra (1554), editou os Elementos de Euclides (1559), con diversos comentarios. Escritor do grupo da Pléiade, publicou, ademais de diversas traducións, Oeuvres poétiques (1547) e L’amour des amours (1555).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Personaxe do Entroido ourensán, tamén coñecido como cigarrón, murrieiro ou choqueiro. É unha máscara típica de Laza, aínda que tamén se dá en Castro Caldelas. Os seus traxes son moi vistosos e a pel que cobre as costas parece ser que ten unha orixe prehistórica, semellante á que vestían os homes desta época nas súas danzas rituais; aínda así a pel que cobre a cabeza recorda as gorras militares que se usaban no s XVIII. Estes gorros puideron ser empregados polas gornicións de defensa do castelo de Monterrei. Segundo a tradición, os peliqueiros eran criados da garda do conde deste lugar que ían a Laza cobrar os tributos das Cen Doncelas e que a súa vestimenta e as máscaras eran para axotar os lobos do camiño. Na man levan unha especie de látego feito dun pau e cunha pel atada no extremo, de aí vén o nome de peliqueiro. A peza máis importante do traxe é a máscara que consta de dúas partes: o cavaco o a mitra, obra feita en madeira de amieiro e rematada...

    2. Persoa que traballa as peles para facer pezas de roupa, adornos e outros obxectos.

    3. Lugar destinado a secar e curtir peles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘bandullo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo SO da parroquia de Castro (Carballedo). O seu cumio acada os 781 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no NO da parroquia de Cadavedo (A Pastoriza). O seu cumio acada os 731 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO