"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Xurista. En Uruguay foi fiscal e xuíz. Colaborou na revista madrileña Foro Nacional e publicou Explicaciones históricas elementales del Derecho Romano (1858) e Historia filosófica de la francmasonería (1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Letrado da Xunta de Galicia e do Gabinete de Estudios, Desenvolvemento Lexislativo e Dereito Comunitario da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia (1985-1993), foi comisionado-director en Galicia do V Centenario do Descubrimento de América e comisario de Galicia na EXPO de Sevilla (1992). Foi membro do Parlamento Europeo desde 1994 polo PP e das comisións de Política Rexional, Orzamentos, Pesca e da Delegación para as relacións con Canadá. Escribiu La contratación pública de obras y suministros en el Derecho Comunitario (1988) e La incidencia del Derecho Comunitario en la España de las Autonomías (1990). En 1993 recibiu a Encomienda de la Orden del Mérito Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alado ou parede que separa as cortes dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que varía.

    2. Forma ou solución diferente respecto a algo que se toma como referencia.

    3. Resultado diferente ao 1 nas quinielas de fútbol.

    4. Desviación dun treito da estrada.

    5. Expresión, pronuncia ou palabra que ten unha forma diferente a outra. Denomínase variante libre se a diferenza se dá entre dúas unidades lingüísticas distintas que poden aparecer nun mesmo contexto, de maneira que a substitución dunha pola outra non orixina unha palabra diferente, senón unicamente unha pronuncia distinta da mesma palabra (domingo, dominco); e variante combinatoria se a diferenza se dá entre dúas unidades lingüísticas distintas que non poden aparecer nun mesmo contexto, pero presentan entre elas un parentesco (o [ð] fricativo en posición intervocálica (seda) e o [d] oclusivo en contacto con consoante (tenda) son variantes combinatorias do fonema /d/).

    6. Lectura diverxente dun texto tomado como base dunha edición crítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Medida da dispersión dunha variable aleatoria X respecto do seu valor medio. Defínese mediante a igualdade:

    FORMULA

                              σ2(X) = E·[X-E(X)]2
    onde E(X) é o valor medio de X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (17.586 km2; 273.547 h [2004]). A súa capital é Karlstad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Il Padovanino, estableceuse en Venecia, onde despregou unha ampla actividade cunha obra que recobraba as tradicións locais e exaltaba a cor. Das súas obras destacan Nozze di Cana (1622) e Giuditta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado independente formado polos territorios polacos subtraídos á administración prusiana no Tratado de Tilsit (1807). Napoleón confioulle o seu goberno a Federico Augusto I de Saxonia e o mando do exército ao príncipe J. Poniatowski. Promulgouse unha constitución inspirada na francesa e suprimiuse a servidume do campesiñado, aínda que non se lles recoñeceron dereitos sobre as terras que traballaban. O Congreso de Viena (1814-1815) dividiu o territorio entre Prusia e Rusia, agás Cracovia, erixida república independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Varsovia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Varsovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. De nome Jan van Santen, estableceuse en Roma, onde fixo o Palazzo Borghese, ampliado por Maderna, a fachada da igrexa de San Sebastiano fuori le Mura e o Casino Borghese, reformado a finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Activo no primeiro cuarto do s XIII, pertenceu á nobreza menor, como vasalo de Gil Vasquez de Soverosa, e casou con Teresa Martins, da familia dos Mogudos. As súas composicións aparecen xunto coas de Fernan Rodriguez de Calheiros, polo que se pensa que puideron ter algunha relación de amizade ou parentesco. Autor de 29 cantigas, das que 25 corresponden ao xénero de amor; destas, 13 localízanse no inicio do Cancioneiro da Ajuda, polo que poden corresponder a algunhas das primeiras manifestacións deste xénero. Ademais do emprego de temas convencionais, salienta o uso constante da hipérbole e o seu estilo elegante, aínda que algo monótono. En canto ás cantigas de amigo, moi semellantes na temática ás de amor, a doncela láiase da separación do amado. Nunha delas, “Meu amigo, pois vós tan gram pesar” reprodúcese certo enfado da dama co amado, un motivo pouco usual, que tamén empregou Fernan Rodriguez de Calheiros, polo que invita a pensar na relación existente entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista cinético grego. Coñecido como Takis, creou as antiesculturas-máquinas. Iniciou as súas esculturas telemagnéticas en 1959, que culminaron nos Ballets magnéticos de 1961. A partir de 1966 a súa investigación levouno a crear os Sinais luminosos. Publicou en 1966 a autobiografía Estafilades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Suecia que se estende entre os lagos Väner e Väter e o estreito de Kattegat (16.670 km2; 122.500 h [1971]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (21.678 km2; 244.195 h [2004]). A súa capital é Härnösand (25.273 h [2004]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (6.302 km2; 261.005 h [2004]). A súa capital é Västerås.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (23.942 km2; 1.521.895 h [2004]). A súa capital é Göteborg.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á política da Cidade do Vaticano.

    2. Partidario da supremacía do papado en cuestións políticas.

    3. Coñecedor da organización, a estrutura e a diplomacia da Cidade do Vaticano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Cidade do Vaticano.

    2. Cidadán da Cidade do Vaticano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ixésimo concilio ecuménico da Igrexa Católica, celebrado en San Pedro do Vaticano do 8 de decembro de 1869 ao 18 de xullo de 1870. Foi suspendido ante a presenza de tropas do Piemonte arredor de Roma e a el asistiron 774 bispos. Os bispos das dioceses galegas asistentes ao concilio foron José de la Cuesta y Maroto, bispo de Ourense, Ramón García Antón, bispo de Tui, e José de los Ríos y Lamadrid, bispo de Lugo. O cardeal Miguel García Cuesta, arcebispo de Santiago de Compostela, calificado polo nuncio Barili como o prelado máis instruído de España, viuse privado polo Goberno do pasaporte para asistir ao concilio, debido a súa defensa da liberdade eclesiástica fronte ao Estado. Aos traballos preparatorios foi invitado o cóengo compostelán Santiago Viqueira, que excusou a sua asistencia por mala saúde. Pío IX convocouno coa bula Aeterni Patris (29 de xuño de 1868). As invitacións cursadas aos patriarcas orientais ortodoxos e ás igrexas protestantes non foron aceptadas. Por primeira vez na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ixésimo primeiro concilio ecuménico da Igrexa Católica, anunciado polo Papa Xoán XXIII o 25 de xaneiro de 1959. O 17 de maio constituíuse a comisión antepreparatoria, presidida polo cardeal Tardini e con monseñor Pericles Felici como secretario, cargo que ocupou tamén durante toda a celebración do concilio. Convocado polo Papa Xoán XXIII pola constitución apostólica Humanae salutis (25 de outubro de 1961) e celebrado en San Pedro do Vaticano, constou de catro sesións. A primeira delas foi presidida por Xoán XXIII, pero non puido concluír os seus traballos xa que faleceu en 1963. As outras tres etapas foron convocadas e presididas polo seu sucesor, o Papa Paulo VI, que o clausurou en 1965. Celebrouse nos períodos do 11 de outubro ao 7 de decembro de 1962, do 29 de setembro ao 4 de decembro de 1963 e do 14 de setembro ao 8 de decembro de 1965. Foi o concilio máis representativo, cunha media de asistencia duns dous mil padres conciliares procedentes de todas as partes do mundo e dunha...

    VER O DETALLE DO TERMO