"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, pintor e deseñador. A súa obra pictórica aproximouse ao neoimpresionismo. En 1985 editou o libro manifesto Déblaiement d’art (1895) e proxectou para a súa familia a casa Bloemenwert, en Ukkel, onde anticipou unhas formulacións funcionais. En 1899 instalouse en Alemaña, onde proxectou o interior do Folwang Museum de Hagen (1900-1902). A súa obra evolucionou cara á simplificación e a súa formulación pedagóxica da experimentación nova colocouno ao límite da pedagoxía da Bauhaus.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de pintores holandeses. Esaias van de Velde (Amsterdam 1551-A Haia 1630) foi mestre de Van Goyen e cultivou a paisaxe. O seu irmán, Willem van de Velde o Vello (Lovaina 1611-Greenwich 1693), pintou a cálamo batallas navais. Os seus fillos foron tamén pintores; Adriaen van de Velde (Amsterdam 1636-1672), cultivou a paisaxe con gran profusión de animais domésticos, e Willem van de Velde o Novo (Lovaina 1663-Greenwich 1707) cultivou a paisaxe, buscando a captación da atmosfera.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao cónsul romano Veleio Tutor ou á súa obra.
-
Senadoconsulto (46? d C) debido aos cónsules Marco Sulano e Veleio Tutor, polo que se concedía unha excepción a calquera petición xudicial que tivera por obxectivo a execución dunha obriga asumida por unha muller ou por ter dado fianza ou aceptado empréstitos por conta de outro.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado nas cordilleiras Béticas, ao O de Murcia (2.093 h [2001]). Posúe agricultura, gandaría e industria alimentaria e mecánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cosmólogo. Estudou economía e psicanálise e, interesado pola cosmoloxía, suxeriu que a atmosfera de Venus podía ser moi quente (1950) e que Xúpiter emitía ondas de radio (1953). Propuxo en 1958 a existencia dunha magnetosfera terrestre en relación coa Lúa que foi confirmada en 1958 por J. A. Van Allen.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao L da capital, entre os núcleos de Torrejón de Ardoz e Arganda (8.202 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico holandés. Profesor na Universidade de Utrecht, en 1999 recibiu, xunto con Gerardus’t Hooft, o Premio Nobel de Física polo descubrimento da estrutura cuántica das interaccións electrodébiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Venantius e este do participio presente de uenor ‘que caza, cazador’. Esta testemuñado como nome na época cristián.
-
PERSOEIRO
Relixioso e poeta. Bispo de Poitiers (597), escribiu 11 libros de Carmina ou Miscellanea, que, ademais de biografías de santos, conteñen tamén himnos, elexías, consolacións e epitalamios. Foi o primeiro poeta medieval da Galia. Iconograficamente representouse vestido de bispo, co palio sacro. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Morreu decapitado despois de que fixese brotar auga dunha fonte para apagar a sede dos seus verdugos. Iconograficamente representouse como un rapaz novo con traxe segrar, cunha mazá nunha man e un estandarte coa cruz. A súa festividade celébrase o 18 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Foi director de Teima (1976-1977), correspondente do diario El País en Santiago de Compostela, e redactor xefe e subdirector de Faro de Vigo (1986-2000), cargo que abandonou para exercer como columnista de La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo. Publicou Dr. Fraga y Mr Iribarne: una biografía temperamental (1995). Recibiu o Premio Galicia de Comunicación (1996) e o Premio Prestixio na Información (2003), da Plataforma Cívica Nunca Máis.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Filósofo e escritor. Doutor en Filosofía e Letras, publicou Los caminos de Martin Heidegger: filosofía del lenguaje en el siglo XX (1993), Platón suspende la selectividad (1994), Vislumbres de utopía (1995) e o libro de poemas De la memoria al sueño (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Bohemia (Venceslau I: 921-929). Convertido ao cristianismo, preocupouse pola mellora cultural e relixiosa do seu pobo. Morreu asasinado a mans do seu irmán Boleslau I, líder dos pagáns. Considerado mártir da fe e heroe nacional dos checos, foi venerado como santo. A súa festividade celébrase o 28 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Catedrático do Colexio de Cirurxía Médica de Santiago de Compostela. Publicou Memoria sobre la división topográfica de Santiago (1821) ao ser elixido rexedor desta cidade, pola que foi deputado nas cortes en 1822-1823. Tamén publicou Diseño de un plan de instituciones para la completa enseñanza de la medicina (1826).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu despois da Primeira Guerra Mundial a rexión de Italia setentrional correspondente a Véneto, agás a provincia de Udine, integrada en Friuli-Venecia-Xulia. Constituía unha das tres Venecias.
-
-
Relativo ou pertencente a Venecia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Venecia.
-
ariedade lingüística véneta da familia italorrománica do phylum indoeuropeo. Caracterízase porque as vogais finais -e e -o enmudecen tras n (vien, vén), l e en certas condicións tras r (andar, dir), o ditongo uo pasa a io, e o timbre das vogais intertónicas mantense podendo pasar a a (sénare ‘cinsa’). A partir do s XV converteuse polo seu prestixio político e social en lingua oficial e de comunicación nas terras vénetas.
-
Escola de pintura desenvolvida en Venecia entre os ss XIV e XVIII. Entre os ss XIV e XV mantivo a tradición bizantina que se desenvolvera e enriquecera con novas achegas desde a Alta Idade Media. A influencia inicial da escola florentina a través da obra que Giotto executou en Padua e a aceptación posterior do estilo gótico internacional, introducido por Gentile da Fabriano, determinaron o cambio de dirección cara ás formas renacentistas. Destacaron Paolo e Lorenzo Veneziano, I. del Fiore, Iacopo e Gentile Bellini, C. Crivelli, A. Vivarini e os pintores de Murano. A mediados do s XV os contactos entre A. Mantegna e a escola veneciana sinalaron o inicio do período propiamente renacentista, onde destacaron G. Bellini, V. Carpaccio, B. Montagna ou G. C. da Conegliano. O s XVI foi o período culminante ao conseguirse a síntese entre a ilustración e a experiencia sensible, sobre todo por medio da luz e da cor. Giorgione, Palma o Vello e, sobre todo, Tiziano foron os seus principais rerpresentantes....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín Venerandus, nome persoal latino usado só en época cristiá, correspondente ao xerundivo do verbo ueneror ‘venerar’, primitivamente ‘pedirlles aos deuses un favor ou unha graza’. O verbo veneror estaba etimoloxicamente emparentado con venus, veneris ‘amor’; e de aquí a personificación Venus, a deusa do amor.
-
-
Relativo ou pertencente a Venezuela ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Venezuela.
-
Arte desenvolvida en Venezuela. Os restos atopados do período precolombino son poucos. Dentro do estilo colonial destacan as catedrais de Caracas e Coro ou o convento de San Francisco de Caracas (s XVIII). Durante o s XX, a arquitectura seguiu as principais correntes internacionais, e nela destacan a Ciudad Universitaria de C. R. Villanueva, o Museo de Bellas Artes de Niemeyer e o Centro Bolívar de C. Domínguez. En pintura sobresaíu o movemento academicista do s XIX (J. Lovera e A. Michelena) e os impresionistas, no s XX (M. Cabré, A. Reverón e R. Monasterios) e seguidores da vangarda (A. Barrios, M. Manaure, O. Vigas, M. Pardo, Soto ou Cruz-Díez).
-
Literatura producida en Venezuela en lingua castelá. Tradicionalmente márcase o seu comezo nas Cartas de Relación (1498) de C. Colón, pero non foi ata finais do s XVIII cando xurdiu a conciencia de americanismo con F. De Miranda, J. Germán Roscio, S. Rodríguez, F. Javier Yáñez e S. Bolívar. O neoclasicismo continental está representado por A. Bello (1781-1865). O movemento romántico chegou ata principios do s XX e deu un gran número de poetas, como A. Ros de Olano, H. García de Quevedo, J. A. Maitín, A. Lozano, C. Acosta e J. A. Bonalde. A finais do s XIX xurdiu a xeración positivista, formada por críticos, historiadores e teóricos, onde destacaron L. Alvarado, L. López Méndez, J. Gil Fortoul e C. Zumeta. A prosa modernista está representada por M. Díaz Rodríguez, P. Emilio Coll e P. César Dominici; e a poesía por R. Blanco Fombona, C. Borges e J. Tadeo Arreaza. Como reacción ao modernismo e á cultura europea xurdiu o indixenismo, onde salientaron M. Romero e L. Manuel Urbaneja....
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado na confluencia dos ríos Pisuerga e Carrión (5.982 h [2001]). Posúe unha industria diversificada onde destaca a eléctrica, a cementeira, a da madeira e a alimentaria. Salienta o núcleo de Baños de Cerrato, cunha basílica visigoda (s VII) baixo a advocación de San Juan.
VER O DETALLE DO TERMO