"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a unha institución ou ás institucións, especialmente ás políticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina caracterizada por resaltar o papel asignado ás institucións á hora de explicar os fenómenos económicos. Desenvolvida principalmente en EE UU no período 1890-1929, naceu da convicción de que as institucións orientan e limitan a actividade económica e que, polo tanto, non pode reducirse esta a un simple resultado dun cálculo racional e individual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de institucionalizar ou institucionalizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Converter algo nunha institución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado pola LOXSE (1990) que ten a misión de realizar a avaliación xeral do sistema educativo. Debe ademais elaborar os sistemas de avaliación adecuados aos diferentes niveis e tipos de ensino, sistemas de avaliación de centros, estudios e investigacións sobre a avaliación e calidade e, en xeral, asesoramento ás administracións educativas, nacional e autonómica, sobre a mellora cualitativa das institucións e do sistema no seu conxunto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro que creou o Ministerio de Educación e Ciencia ao abeiro do Decreto 1678/1969, do 24 de xullo, en que se establece como funcións específicas dos ICEs a formación pedagóxica dos universitarios, a investigación activa no dominio das ciencias da educación e o servizo de asesoramento técnico en educación. A Lei Xeral de Educación de 1970 asumiu por completo e reforzou as funcións dos ICEs, como centros universitarios de investigación e especialización. A Orde Ministerial, do 14 de xullo de 1971, aclarou e clasificou as actividades docentes dos ICEs ao centralas en cursos de obtención dos certificados de aptitude pedagóxica para o exercicio da docencia, cursos de perfeccionamento do profesorado en exercicio e outras actividades complementarias. Os ICEs coordináronse a través do Centro Nacional de Investigaciones para el Desarrollo de la Educación (CENIDE), que foi suprimido en 1974 e continuou co seu labor o Instituto Nacional de Ciencias de la Educación (INCIE). Os primeiros ICEs comezaron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución española creada en 1979, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, que se ocupa de tarefas de cooperación entre España e os países iberoamericanos. Funciona a través de comisións mixtas que traballan con programas derivados dos Cumios Iberoamericanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instituto con sede en Vigo e dependente do CSIC creado en 1951. Desde a súa fundación ata 1978 actuou como laboratorio pertencente ao Instituto de Investigacións Pesqueiras de Barcelona. Neste ano independizouse e adoptou o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo; a denominación actual recíbea en 1986. Os seus traballos de investigación céntranse fundamentalmente no campo da oceanografía das rías e das plataformas galegas, bioloxía e semicultivo de bivalvos (mexillón, berberecho, etc), bioloxía e pesca dos peixes peláxicos (sardiña, xurelo, etc), conservación de produtos mariños ou o impacto ambiental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cubana na que, por iniciativa de Xosé Neira Vilas, se creou a Sección Gallega o 15 de decembro de 1969. Dirixida por X. Neira Vilas durante 22 anos, desenvolveu un intenso labor de investigación e recompilación das achegas da emigración galega na illa e converteuse nun dos máis importantes fondos bibliográficos galegos de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade que se encarga de establecer estándares nas novas tecnoloxías relacionadas coas telecomunicacións para que se poidan empregar sen problemas en todos os países europeos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución patrocinada pola Xunta de Galicia, as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e o ICI, que ten por obxecto a intensificación dos intercambios culturais, científicos e empresariais entre Galicia e os países iberamericanos. Publica a Revista Galega de Cooperación Científica Iberoamericana. Foi declarado de interese galego en 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[IGAFA] Centro de formación situado na punta Niño do Corvo da Illa de Arousa, no centro da zona con maior número de establecementos de cultivos mariños de Galicia. Naceu co obxectivo de impartir cursos para a obtención dos certificados de mariscador, acuicultor e especialista en cultivos mariños. Actualmente imparte a formación profesional en acuicultura. Conta con instalacións específicas de criadeiro, cetárea, laboratorios, un parque flotante (que dispón dunha batea para cultivo de moluscos e de gaiolas para cultivo de peixes), un taller de ensino náutico-pesqueiro, unha aula de aplicacións informáticas e un parque intermareal instalado nunha praia cedida pola Confraría de Pescadores de Arousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
IGAPE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo pedagóxico creado en París en 1963 e dependente da UNESCO. Ten como finalidade promover a formación e a investigación na planificación da educación en relación co desenvolvemento socioeconómico. Os seus propósitos principais son formar os reponsables da planificación da educación, investigar aspectos importantes da planificación da educación e difundir os novos conceptos, métodos e técnicas na materia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada pola UNESCO en Praga en 1948 coa finalidade de promover intercambios relacionados cos estudios teatrais e prácticas escénicas entre as nacións. Conta con seccións en máis de cincuenta países e cun Comité Executivo con sede en París. Entre as súas actividades máis importantes está a celebración do Día Mundial do Teatro, cada 27 de marzo, momento no que se fai público un manifesto asinado por unha personalidade relevante no campo teatral. En España existe a sección correspondente, que realiza diversas actividades, desde a organización de seminarios ata a promoción de intercambios entre creadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo público, creado en 1975, dependente do Ministerio de Educación e Ciencia e que ten a súa orixe no antigo Patronato de Protección Escolar (1944). A súa principal finalidade é a promoción e asistencia do estudante a través da concesión de bolsas e axudas para que poida continuar os seus estudios nos distintos niveis do sistema educativo ou outros estudios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
INBAD.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade pública creada en 1975 e adscrita ao Ministerio de Educación e Ciencia. O seu obxectivo é estender e perfeccionar o sistema de educación especial, concibido como proceso formativo integrador das diversas orientacións, actividades e atencións pedagóxicas para a integración na sociedade das persoas que requiren esta formación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo estatal encargado da intermediación laboral; é dicir, de poñer en contacto as empresas e os traballadores co obxecto de conseguir un contrato de traballo para o traballador e axudar as empresas a cubrir as súas necesidades de cadros de persoal. Fundouse en aplicación do Real Decreto Lei 36/1978, do 16 de novembro, froito dos acordos entre o goberno e a oposición parlamentaria coñecidos como Pactos de la Moncloa. O INEM ofrécelles aos desempregados con dificultades para acceder ao mercado laboral un conxunto de servicios dirixidos á mellora das súas condicións profesionais, tales como orientación, formación e acompañamento na busca de emprego. Ademais, o INEM é a entidade xestora de todo o sistema de protección por desemprego, que asegura ao traballador que cumpra os requisitos, uns ingresos substitutivos da renda salarial deixada de percibir, e unha protección económico-asistencial para determinados colectivos que se consideran especialmente necesitados da devandita protección.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo público español autónomo, adscrito ao Ministerio de Economía. Creado en 1945, leva a cabo os servicios estatísticos necesarios para o Estado e a coordinación doutras estatísticas confeccionadas por outros organismos oficiais. Publica numerosos datos estatísticos, entre os que destacan o índice mensual do custo da vida, os censos de poboación, o IPC e a EPA.