"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Gran duque de Saxonia-Weimar-Eisenach, fillo do duque Ernesto Augusto II e de Ana Amalia de Brunswick, rexente do ducado logo da morte do duque en 1758. Gobernou persoalmente desde 1775 e converteu a corte de Weimar no primeiro centro intelectual de Alemaña, con colaboradores como Goethe e Herder; ao mesmo tempo, promocionou a Universidade de Jena, onde ensinaron Schiller, Schelling e Hegel. Foi un dos líderes do Fürstenbund, ou Liga dos Príncipes, establecida por Federico II de Prusia para facer fronte a Xosé II. Participou co exército prusiano na guerra contra a República Francesa. Non obstante , unha vez que as tropas de Napoleón conquistaron Weimar, uniuse á Confederación do Rin, formada por todos os estados xermánicos baixo protección de Napoleón en 1806. Pola contra, en 1813 integrou no exército que se sublevara en Prusia contra a ocupación napoleónica. Polo Congreso de Viena (1814-1815), logrou a ampliación do seu estado e o título de gran duque. No ano 1816 concedeu a primeira constitución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1308-1342), fillo de Carlos Martel de Nápoles. Soberano nominal de Hungría, foi recoñecido rei pola Dieta húngara en 1308 e coroado no 1310. Someteu a nobreza polas armas nas batallas de Rozgony en 1312 e de Debrecen en 1317; reorganizou o exército e a xurisdición, impulsou a industria mineira e o comercio, e concedeulles privilexios ás cidades. Casado con Isabel, irmá de Casimiro III de Polonia, aseguroulle ao seu fillo Luís a sucesión de Polonia e reivindicou a coroa de Nápoles fronte ao seu tío Roberto I. En 1333 chegou a un acordo de matrimonio do seu fillo Andrés con Xoana de Nápoles, neta e herdeira de Roberto I de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Activista norteamericano. Defensor dos dereitos da minoría afroamericana, foi un dos fundadores do Student Non-violent Coordinating Committee (SNCC), organismo que presidiu desde xuño de 1966. Entre 1966 e 1967 converteuse no máximo representante do Black Power.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. En 1926 participou no golpe de estado do xeneral Gomes da Costa, que derrocou o goberno, e no triunvirato que exerceu o poder. Foi nomeado ministro de Estado e, posteriormente, xefe do goberno ditatorial contra o que se produciron as sublevacións do Porto e Lisboa. Chegou á presidencia da República no 1928, mentres Salazar ocupaba o cargo de presidente de goberno. Foi reelixido en 1935, 1942 e 1949, apoiando a política de Salazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baile de orixe campesiña de ritmo binario, popular en Bolivia e no N de Arxentina. Normalmente se acompaña co charango, a quena e o tambor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor portugués. Iniciouse nos obradoiros de imaxinería relixiosa nos que traballou entre 1947 e 1958 e onde se familiarizou co traballo en madeira, pedra e marfil. En 1976 licenciouse na Escola de Belas Artes do Porto e recibiu o posgrao no Saint Martin’s School of Arts de Londres, onde coñeceu as correntes conceptuais da arte europea. Redactou un manifesto a favor dunha arte ecolóxica europea e desenvolveu propostas próximas ao land e ao earth art. Nos anos oitenta e noventa volveu á utilización da madeira e ás intervencións sobre a natureza tal e como recolle a serie Evocação da água (1991-1992). Recibiu en 1968 o Premio Nacional de Escultura e en 1985 o Premio Nacional de Artes Plásticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante portugués. Foi alumno do marqués de Oliveira na Academia do Porto e de Benjamin Constant e J. P. Laurens en París. Realizou retratos ao óleo dos personaxes da vida pública do Porto de comezos do s XX, como o Retrato de Eduardo Artayett, e retratos de familia e autorretratos como o Autorretrato do Museo de Amarante (1919). Cultivou tamén os temas históricos: Camões lendo os Lusíadas (1927). Na súa obra predomina o carácter realista pero tamén o expresionismo e o simbolismo que amosa no Tríptico da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carnutos.

    2. Individuo do pobo galo dos carnutos.

    3. Pobo da Galia situado entre o Cher e o Eure. A súa principal cidade foi Autricum, actual Chartres, principal centro relixioso dos druídas. Malia que nun principio colaboraron con César na campaña das Galias, no ano 54 a C mataron a Targecio, rei imposto por aquel. Dous anos despois subleváronse contra Roma e arrasaron a próspera cidade mercantil de Genabum, e a raíz disto foron castigados e sometidos por César. Ao reorganizar Augusto as provincias, deulles a categoría de pobo federado e incluíunos na provincia imperial Lionesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Foi fundador e director do diario El tradicionalista (1871-1873) e dirixiu a Academia Colombiana da lingua castelá. En 1892 foi elixido vicepresidente da República, malia que na práctica exerceu como presidente desde 1894 tala renuncia de Núñez. Escribiu, en colaboración con José Cuervo, Gramática de la lengua latina (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante francés. Entre 1540 e 1560 traballou co grupo manierista de Fointainebleau, e entre 1573 e 1581 en París. No campo do debuxo destacan os seus 28 cartóns da tapicería de Ártemis (1562) e os 28 debuxos do compendio para a historia de Francia. Entre as súas pinturas sobresaen: As matanzas dos triunviros. Augusto e a Sibila do Tibur (1580?), O triunfo do inverno (1569?) e O triunfo da primavera (1569?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e crítico musical. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Socio fundador e presidente dende 1996 da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza e director e membro do consello de redacción dende 1998 da revista Cavatina. Colaborador como crítico musical nas revistas especializadas Scherzo, Ópera Actual e Ritmo, e nos xornais La Voz de Galicia e Diario 16. Ademais de participar en distintas publicacións no campo da medicina, é autor de artigos e programas de man para a Universidade de Santiago de Compostela, Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Festival Mozart da Coruña, Asociación Galega da Lírica, entre os que destacan “Da música sacra de Mozart: a obriga, a ocasión e a vocalidade” (Festival Mozart 2000, 2000), “A canción e a cantata ao redor de Johann Sebastian Bach” (Bach 2000, 2000), “Beethoven: o popular en miniatura” (O Lied e a Canción de Cámara...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. A súa pintura caracterízase por un espírito narrativo panorámico, influencia de Gentile Bellini, e un sentido da cor tomado de Antonello da Messina. Achegou un novo concepto da composición que subordina a ambientación arquitectónica, tratada de acordo coas leis da perspectiva e coa cor adecuada, á unidade do conxunto. Entre 1490 e 1495 realizou unha serie de dez pinturas sobre a historia de santa Úrsula. Entre 1501 e 1502 decorou a sala dos Pregadi e en 1507 as dos Maggiore Consiglio do Palazzo Ducale, desaparecidas no incendio de 1577. Entre 1502 e 1507 pintou as nove teas sobre as vidas de san Xurxo, san Xerome e san Trifón, e a serie sobre a vida de María para a Scuola degli Albanesi. En 1510 realizou o retablo A Presentación no Templo da Accademia de Venecia e en 1511 comezou a serie de cinco historias para a Scuola di San Stefano, das que só se conservan catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [rom: Carpat; eslovaco, polaco e ucraíno: Karpaty] Serra de dobramento alpino situada ao SL de Europa central que describe un arco duns 1.300 km de lonxitude desde Bratislava (Eslovaquia) ata Orsova (Romanía). Aínda que contemporánea dos Pireneos, foi menos modelada polas glaciacións cuaternarias. Formada por grandes vertentes e concas interiores, o seu relevo está recuberto na maior parte por un frondoso bosque, excepto pequenas zonas de pastos de altura. A orixinalidade da súa vexetación débese á flora, rica en especies orientais, ao feito de que a acción humana foi relativamente feble sobre os bosques e ás diferencias de piso basal nas diferentes partes do arco carpático. Esta serra forma o enlace entre os Alpes e os Balcáns e está constituída polas seguintes unidades: os Cárpatos Negros e Brancos; os Beskides occidentais, entre Polonia e Moravia; o Arva Magura; o Alto e Baixo Tatra (2.043 m), ao S da Eslovaquia central; os Beskides do L, na zona onde conflúen as fronteiras de Polonia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo cristián. Ensinou en Alexandría a principios de s II e foi un dos iniciadores do gnosticismo. Ireneo dedicoulle un capítulo en Adversus Haereses. Os seus discípulos estenderon as súas teorías polo Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula terminal das ramificacións do carposporófito. No seu interior fórmase unha carpospora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeración esporofítica dos rodófitos, de morfoloxía simple, en forma de árbore pequena. Prodúcese pola división do carpogonio fecundado e está formada esencialmente por cadeas de carposporanxios implantadas sobre filamentos estériles (filamentos do gonimoblasto). Case sempre é diploide e vive sobre o gametófito, moi a miúdo semiparasito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Execucións que tiveron lugar no serán do 26 de abril de 1846 no adro da igrexa de San Estevo de Paleo (Carral), nas que morreron os militares procesados pola súa participación no levantamento de 1846. O tribunal militar, que estaba constituído nun mesón da vila, non tiña o mandato de xulgar os responsables do levantamento, senón que estaba predisposto polas ordes do capitán xeneral Villalonga para fusilar os reos en tres horas. No transcurso do proceso xudicial, que comezara ás 6 da mañá dese mesmo día, o tribunal foi apremiado para que axilizase os trámites: había necesidade dunha acción exemplar diante do resto dos sublevados de Galicia. Os fusilados, que pasaron a ser coñecidos pola historiografía galega como Mártires de Carral, foron os comandantes Miguel Solís Cuetos, Juan Sánchez e Víctor Velasco; os capitáns de infantería Manuel Ferrer, Jacinto Dabán e Fermín Mariné; e os capitáns Ramón José Lloréns, Santiago de la Llave, Francisco Márquez, José Martínez, Felipe Valero e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten carraña.

    2. Aplícase á persoa que ten mal xenio.

    3. Que ten avaricia para adquirir riquezas e non compartilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. En 1520 entrou na orde dominicana e foi enviado polo Emperador Carlos V ao Concilio de Trento (1545). Nomeado arcebispo de Toledo, Melchor Cano denunciouno á Inquisición a causa dos Comentarios sobre el Catecismo Cristiano (1558), e foi encarcerado en 1559 acusado de luteranismo. Aínda que no 1563 o Concilio de Trento recoñeceu a súa obra como ortodoxa e Pío V chamouno a Roma en 1567, non foi absolto ata 1576.

    VER O DETALLE DO TERMO