"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
MUNICIPIOS
Municipio da comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela e León, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (3.647 h [2001]). Localizado na confluencia dos ríos Burbia e Valcarce, ao pé da serra dos Ancares, é o principal centro urbano do Bierzo Occidental. Capital histórica da comarca, a súa preponderancia minguou en beneficio de Ponferrada. Foi capital da provincia homónima entre 1821 e 1823. Na súa orixe, vinculada á peregrinación xacobea, foi unha poboación de francos establecidos alí por Afonso VI (1100), a carón dun cenobio de monxes cluniacenses fundado en 1070. O esplendor do culto xacobeo converteuna nun núcleo urbano dinámico no s XII, no que a metade da poboación era estranxeira. Esta importancia aumentou cando o Papa Calisto III (1455-1458) concedeu aos peregrinos enfermos ou impedidos, que pasaran pola porta do perdón da igrexa de Santiago, as mesmas indulxencias que se outorgan na basílica compostelá. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santiago,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga demarcación territorial de España que integraba territorios das comarcas do Bierzo, Laciana e Valdeorras, con capital en Villafranca del Bierzo. Dividiuse en catro partidos: O Barco de Valdeorras, Ponferrada, Toreno e Villafranca del Bierzo. Permaneceu vixente entre outubro de 1821, cando as Cortes aprobaron a nova planta provincial, e xullo de 1823, cando penetraron no Bierzo as tropas dos Cen Mil Fillos de San Luís para restaurar o Antigo Réxime. A reorganización provincial de 1833 non recuperou esta demarcación e desde entón o seu territorio quedou diluído entre as provincias de Ourense (partido do Barco de Valdeorras) e León (partidos de Ponferrada, Toreno e Villafranca del Bierzo).
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Castelló de La Plana, Comunitat Valenciana, no límite occidental da provincia (2.570 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano e guerrilleiro. Enfrontouse aos franceses durante a Guerra da Independencia e colaborou coa Xunta Suprema de Galicia. A causa das súas ideas liberais, secularizouse aínda que finalmente abxurou das súas ideas en 1829. Escribiu, entre outros, Observaciones sobre la libertad de imprenta, acompañadas de algunas razones apologísticas de nuestra santa religión (1811-1812).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. En 1537 marchou para América e participou na conquista de Chile. En 1547 Pedro de Valdivia nomeouno lugartenente e realizou expedicións ao sur. Depois da morte de Valdivia foi nomeado gobernador e capitán xeneral de Chile.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Introduciu no seu país a arquitectura racionalista en detrimento da tendencia neotolteca. Recibiu o Premio Nacional de Artes (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Articulista. De nome Damián Álvarez Villalaín, dirixiu a Fundación Casares (2003-2005) e desde 2006 é asesor do presidente da Xunta de Galicia na área de cultura. Coordinador da comisión de teatro do Consello da Cultura Galega (desde 1998), tamén participou no consello reitor do Instituto Galego de Artes Escénicas e Teatrais (desde 1997). Foi xefe de prensa e publicacións do concello de Santiago (1988), director do Centro Dramático Galego (1989-1991), presidente da Asociación Galega de Editores (1998-2000) e subdirector da Editorial Galaxia (1991-2002). Colabora en diversas publicacións periódicas, como Grial, Leer, Luzes de Galicia e A Nosa Terra. Realizou a dramaturxia de Um inimigo do povo (1997) para o Teatro do Noroeste.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado en La Tierra de Campos, onde conflúen os ríos Valderaduey e Bustillo (1.665 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, escultor e forxador. Foi un dos teóricos máis importantes da arte renacentista castelá. Traballou no Alcázar de Toledo e realizou a reixa da capela maior da catedral toledana. Traduciu os libros terceiro e cuarto do Tratado de arquitectura de Serlio, en 1552.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (1.596 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Sevilla, Andalucía, ao SO da capital provincial (3.607 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situada ao SO da serra de Almenara (2.673 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de La Rioja, situado ao SL de Logroño e bañado polo río Iregua (2.506 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Cultivou o deseño e a decoración escénica, a ilustración, o gravado e a pintura. A súa pintura é de carácter conceptual e baséase nas tonalidades neutras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador. Ilustrou, entre outros libros, O coelliño branco (1999; Premio Nacional de Ilustración), Os dous corcovados (2000), A auga está enferma (2002), O caracol remoldiño (2003), Adivinanzas de animales (2004) e Fantasmas no corredor (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Condestable, conde de Ribadeo e vizconde de Illa. Apoiou a Enrique de Trastámara na guerra civil con Pedro I e participou na Guerra dos Cen Anos, ao servizo de Carlos VII de Francia. En 1431 recibiu de mans de Xoán II o título de conde de Ribadeo polo seu apoio aos Trastámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Sophia Loren, destacou pola interpretación de tipos populares e a súa beleza, aínda que co tempo obtivo papeis de máis alcance dramático. En 1961 obtivo o Oscar á mellor interpretación feminina por La Ciociara (1960). Actuou en Pane, amore e... (1955), Lady L. (1965), The Countess from Hong Kong (1966), I girasoli (1970), The Cassandra Crossing (1976), Scemo di guerra (1989) e Prêt-à-porter (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista. Escribiu Nuova cronica, crónica da cidade en doce libros, desde os tempos bíblicos, continuada polo seu irmán Matteo e o fillo deste, Filippo, ata 1364.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Catedrático de Historia da Música da Universidade de Santiago de Compostela, director do grupo In Itinere e asesor musical da Fundación Barrié de la Maza, fundou o Grupo Universitario de Cámara de Compostela. Director da revista musical Salinas, publicou Os vilancicos galegos de Melchor López (1980), con Joam Trillo; La música medieval en Galicia (1982), Polifonía sacra galega (1982), con Joam Trillo; El Pórtico de la Gloria (1988) e Los villancicos gallegos de la catedral de Mondoñedo (1989). Recibiu o Premio da Crítica Galicia (1986).
VER O DETALLE DO TERMO