"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Molusco lamelibranquio de ata 9 cm de lonxitude, similar á zamburiña, pero coa valva dereita menos convexa ca a esquerda. É de cor variable (amarela, rosada, castaña, etc) e de nova vive fixada ao substrato a través do biso, ata os 200 m de profundidade. Ao lado do vértice da cuncha ten unhas prolongacións case iguais coñecidas como orellas. De adulta nada como a vieira, e controla a dirección do movemento segundo para que lado abran o manto para expulsar o chorro. Distribúese polo Mediterráneo e o Atlántico, e está presente en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que vocifera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Boris Pilniak, evolucionou da eslavofilia namorada da Rusia antiga de Krasnoje derevo (Caoba, 1929) a posicións soviéticas, como Volga vpadajet v kaspijskoje more (O Volga desemboca no mar Caspio, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Burgomestre de Múnic (1960-1972) e membro do Bundestag en representación do SPD (1972-1991), que presidiu (1987-1990), foi ministro de Construción (1972-1981) e de Xustiza (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. Descubriu as estrelas dobres (1890) mentres estudaba a velocidade das estrelas mediante a aplicación do efecto Doppler. Elaborou un catálogo de 51 estrelas e determinou a velocidade de rotación do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación de Peixe voador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de pesca de fondo formada por un só pano de rede moi alto que, unido a varias pezas, pode chegar a unha extensión considerable. Utilízase principalmente para a pesca de abadexo, pescada e ollomol nas rías e costas de Galicia, aínda que provocou conflitos con outras artes, especialmente as de arrastre, e hai quen avoga pola súa desaparición debido a que, cando as volantas rompen e van ao fondo, provocan danos noutros barcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza circular con que se goberna o movemento dun automóbil.

      2. Roda movida coas mans que permite regular o movemento dunha máquina.

      3. Roda que nunha máquina se emprega para transformar o movemento alternativo das bielas nun movemento circular.

    1. Tira de tea ondulada que se utiliza como adorno en saias, cortinas e outros complementos.

    2. Impreso en que se manda, se recomenda, se pide ou se apunta algo en termos precisos.

    3. Pelota cortada pola metade e provista de plumas que se emprega no bádminton.

    4. Máscara rural característica dalgunhas parroquias de Chantada. Leva campaíñas no cinto e roupa de cores, e acompaña os peliqueiros ou os maragatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación que se emprega na arte de pesca da volanta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que traballa nunha volanteira.

    2. volanteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación xeolóxica de forma xeralmente cónica, constituída pola acumulación de material ígneo procedente da consolidación dun magma que fai erupción a través dun punto ou dunha fisura da codia terrestre. O conduto polo que sae o magma denomínase cheminea e, xeralmente, sobre ela fórmase o cráter. Se este adquire grandes proporcións denomínase caldeira, que se pode formar por explosión ou por afundimento da parte superior dun cono volcánico. Os volcáns de escudo ou de tipo hawaiano son os formados por emisións de lava moi fluída, como a basáltica, de forma cónica pero de pendente suave. Os volcáns de tipo vulcaniano fórmanse cando o vulcanismo é explosivo, o material que o forma é esencialmente piroclástico e as pendentes son moi inclinadas. Se o magma é moi viscoso, a lava pode acumularse no lugar de saída, e dar orixe a domos volcánicos. Nalgúns casos extremos a extrusión da lava practicamente solidificada orixina unha agulla de paredes verticais que pode obstruír...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos volcáns ou á súa actividade.

      1. Que se orixina por vulcanismo.

      2. rocha volcánica

        Rocha ígnea que se orixina como consecuencia do arrefriamento dos materiais expulsados por un volcán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Antiga república autónoma da URRS, dentro da República Socialista Federal Soviética de Rusia, que se correspondía co territorio creado en tempos de Catarina II de Rusia a ambas as dúas ribeiras do Volga inferior para acoller as colonias de alemáns inmigrados, procedentes maioritariamente de Suabia. En 1924 creouse a República Socialista Autónoma, que foi suprimida en 1941 e os seus habitantes deportados. Os alemáns quedaron espallados no territorio soviético, situación que non variou coa disolución da URSS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal que enlaza os ríos Volga e Don. Ten unha lonxitude de 101 km, dos que 45 constitúen ríos e pantanos. Construíuse entre 1948 e 1952. A carga principal do Don no Volga é o carbón, os materiais para a construción e os cereais, e do Volga ao Don, madeira, pirita e petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora rusa. Coñecida como Galina Jevgen´jevna Nikolajeva, escribiu poemas, contos e ensaios con características do realismo socialista. Recibiu o Premio Stalin en 1951.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. A partir de Kant, elaborou unha fenomenoloxía da consciencia e da certeza e unha metafísica da temporalidade e do individuo. Das súas obras destacan Kants Erkenntnistheorie in ihren Grundprinzipien analysiert (A teoría do coñecemento kantiana analizada no seu principio fundamental, 1879) e Phänomenologie und Metaphysic der Zeit (Fenomenoloxía e metafísica do tempo, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Despois de actuar en westerns, especializouse nun cine político e de denuncia social. Da súa filmografía destacan Lucky Luciano (1973), La dame aux camélias (1981), Il Caso Moro (1986, Silberner Bär en 1987), Cronaca di una morte anunciata (1986) e Tirano Banderas (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pastel feito de pasta de follado, oco e arredondado, que se enche con distintos ingredientes e prebes.

    VER O DETALLE DO TERMO