"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

  • Danza francesa, orixinaria do país de Gap, coñecida desde o s XVI. De ritmo binario (2/2) e de movemento moderado, moi vivo, está formada por dúas seccións con recuperacións e comeza sobre o segundo tempo. É unha das partes máis correntes da suite instrumental, onde segue xeralmente a zarabanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Cangas a partir de xaneiro de 1983. Subtitulouse “Revista cultural do Axuntamento”. Ideada pola comisión municipal de Cultura do concello cangués, incluíu información histórica, demográfica e etnográfica, ademais de datos biográficos sobre escritores e artistas da vila.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á glote.

    2. Que se produce na glote.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se produce cunha abertura mínima ou nula da glote.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pequena cantidade dun líquido que cae formando unha masa con forma esferoide.

      2. Pouca cantidade dun líquido.

      3. Carencia de algo.

      4. gota a gota

        Sistema de administración dun líquido medicamentoso, xeralmente por vía intravenosa, de xeito lento e continuado.

    1. Elemento decorativo de forma cónica que se empregaba nos templos clásicos, que imita unha gota desprendéndose e que vai colocado baixo os tríglifos do friso dórico.

    2. Forma en que se presentan algúns medicamentos líquidos para que sexan administrados a través dun contagotas.

      1. Enfermidade que se caracteriza polo depósito de cristais de urato monosódico nas articulacións, nos tendóns e no tecido intersticial do ril. O 95% dos pacientes afectados son homes, a maioría dos que presentan hiperuricemia. Na gota aguda resultan afectadas pasaxeiramente unha ou máis articulacións, a miúdo a metatarsofalánxica do dedo gordo do pé. Sen o tratamento adecuado van quedando afectadas pouco a pouco diversas articulacións, e orixínanse artrites crónicas que deforman as articulacións a medida que se depositan os uratos. Estas deposicións de uratos, que se denominan tofos, localízanse tamén en outras estruturas coma os tendóns e as orellas. Nas vías urinarias fórmanse cálculos e no tecido renal os depósitos de urato poden levar ás veces á insuficiencia renal.

      2. Diatese que se traduce ás veces en localizacións articulares.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ía navegable de Suecia que comunica Göteborg, en Kattegat, con Söderköping, no Mar Báltico, a través do río Göta e os lagos Vänern e Vättern. Ten unha lonxitude duns 400 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Hildesheim. Monxe bieito (990), foi elixido abade de Niederaltaich (996). O Emperador Enrique II confioulle a reforma doutros cenobios e abadías, como as de Hersfeld e Tergensee. En 1022 sucedeu a san Bernardo de Hildesheim na súa diocese. A súa festividade celébrase o 4 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza do gando bovino que causa inchazo en distintas partes do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Sri Lanka (2.609 km2; 525.370h [estim 2001]). A capital é Hambantota (11.200 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade característica de moitos fungos onde a reprodución sexual se simplifica ata que non é posible distinguir un micelio masculino dun feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escravo público adscrito á terra na antiga Esparta, que era atribuído aos cidadáns e que carecían do dereito a abandonar as terras, aínda que os espartanos tampouco tiñan dereito a quitarlles as terras de cultivo. Eran moito máis numerosos ca os cidadáns, e foron unha causa constante de inquietude para os espartanos polas diversas revoltas que protagonizaron. No s III a C Cleómenes III de Esparta ofreceulles a posibilidade de adquirir a súa liberdade e no s II foron liberados por Nabis. Posiblemente fosen os primeiros habitantes de Esparta escravizados polos dorios.

    2. Persoa desposuída dos dereitos de cidadanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hipopotámidos.

    2. Mamífero da familia dos hipopotámidos.

    3. Familia de mamíferos artiodáctilos, da suborde dos suiformes, que ten o corpo macizo, as extremidades curtas, grosas e tetradáctiles, o rabo curto, comprimido lateralmente, e a cabeza maciza co fociño ancho. Son herbívoros e os dentes incisivos e caninos teñen crecemento continuo. Comprende dous únicos xéneros Hippopotamus e Choeropis, cunha soa especie cada un.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero artiodáctilo da suborde dos suiformes, que pode acadar 4,5 m de longo, 1,65 m de alto e 4,5 toneladas de peso, de pel grosa e núa, cabeza e boca enormes e patas curtas, coas orellas, os ollos e os orificios nasais en posición periscópica no plano superior da cabeza. Habita nos lagos, ríos e terreos pantanosos de África, desde o S do Sáhara ata o extremo meridional do continente.

    2. Mamífero artirodáctilo da suborde dos suiformes que pode acadar 1,75 m de lonxitude, 1 m de altura e 240 kg de peso. Presenta formas redondeadas e ten as patas relativamente delgadas. É solitario, de hábitat forestal e de costumes nocturnos. Habita en Serra Leona, en Nixeria e na Costa de Marfil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á hipotaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do sistema nervioso central que se forma a partir dun desenvolvemento da porción ventral do diencéfalo e que comprende o tuber cinereum, o infundíbulo, o quiasma óptico, os corpos mamilares e a neurohipófise. Intervén na regulación da vida emocional, da temperatura corporal e da inxestión de alimentos pola sensación de fame.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • subordinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos, da familia dos hipopotámidos, ao que pertence o hipopótamo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos liques que teñen os conceptáculos da mesma natureza co talo.

    VER O DETALLE DO TERMO