"AGR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 482.
-
PERSOEIRO
Bispo de Lugo (1714-1717). Ingresou no convento carmelita de Valdemoro. Foi profesor de filosofía e teoloxía, prior de Onda e de València, provincial dos conventos de València, Aragón e Navarra, asistente xeral das provincias hispánicas e procurador e vicario xeral da orde. Elixírono representante do Reino de València para pedir a Carlos II a restitución do cargo de vicechanceler. Despois de ser bispo de Lugo, nomeárono bispo de Teruel, pero morreu antes de chegar á nova sé.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz de teatro, televisión, cine e dobraxe. Coñecida como Mela Casal, comezou a súa andaina co grupo Ditea, co que realizou espectáculos como Farsa plautina (1987) ou A lenda de Xan Bonome (1986), ambas as dúas de Agustín Magán. Participou posteriormente en varias montaxes do Centro Dramático Galego, entre elas Así é (se vos parece), de Pirandello (1991), A Lagarada, de Otero Pedrayo (1992) ou Hostia, de Cotarelo Valledor (1996). Fundou a compañía Pífano Teatro, coa que puxo en escena, entre outras, Que pasa coas dependentas dos grandes almacéns ao cumpriren os cincuenta?, de Antón Losada (1999). Interveu nas longametraxes Divinas palabras, A metade da vida ou Martes de Carnaval. No eido da televisión destaca o seu traballo en diversos programas de variedades e series como Velaí, Luar e Mareas Vivas. Exerceu en varias ocasións como axudante de dirección e locutora de radio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore caducifolia norteamericana que acada os 15 m de altura. As follas, rematadas en punta, de ata 16 cm de lonxitude, son alternas e ovadas con marxe dentada e base redondeada. As flores teñen cinco pétalos verdosos que se dispoñen en inflorescencias en umbela e dan lugar a froitos negros de 6 mm de diámetro. A cortiza seca contén emodina e úsase como laxante.
-
GALICIA
Xornalista e cineasta. Licenciouse en Ciencias da Información na especialidade de Imaxe. Formou parte do grupo que, a partir dos anos setenta, creou un espazo propio para a imaxe animada galega desde diversos eidos: produción, realización, análise e divulgación. Compaxinou a súa actividade como crítico cinematográfico e teatral coas súas realizacións para cine, televisión e vídeo. En 1979 fundou Rula Difusora Cultural Galega, unha das primeiras tentativas para crear unha distribuidora de cine galego. Interveu en diversas curtametraxes como foto-fixa, entre eles, A tola (1974), de Miguel Gato, e Fendetestas (1975), de Antonio F. Simón; na produción Illa (1976), de Carlos L. Piñeiro, e O herdeiro (1976), de Miguel Gato. Estreouse como director con O pai de Migueliño (1977), un relato fílmico de carácter evocador sobre o tema da emigración que foi galardoado con varios premios. Durante a década dos oitenta foi un dos fundadores da produtora Vídeo Trama (1983), dirixiu para TVE o primeiro programa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora. Doutora en Filosofía e Letras e profesora de historia antiga na Universidade de Vigo, onde dirixiu o departamento de Historia, Arte e Xeografía. Especializada en numismática antiga, escribiu numerosos artigos en diversas publicacións como Boletín Auriense, Brigantium, Cuadernos de Estudios Gallegos, Gallaecia e Minius, así como en diferentes libros colectivos. Publicou ademais, Galicia romana: circulación monetaria (1973) e La crisis económico-monetaria del s. III, un mito historiográfico? Avance del resultado de los análisis metalográficos sobre dos tesorillos de la Provincia de Lugo (1994). Membro numerario do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos, da Sociedade Española de Estudios Clásicos, da Sociedade Antiguidade, Relixión e Sociedade, da Asociación Numismática Española e da Societat Catalana d´Estudis Numismatics.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente os cenagriónidos.
-
Libeliña da familia dos cenagriónidos.
-
Familia de odonatos da suborde dos cigópteros que na fase adulta presenta o corpo sen reflexos metálicos e as alas transparentes coa base estreitada nun pedúnculo. En estado de larva viven, as máis das veces, en augas encoradas ou de pouca corrente. Completan o ciclo vital en menos dun ano e pode chegar a ter dúas xeracións anuais. Esta formada polos xéneros Ceriagrion, Coenagrion, Enallagma, Erythromma, Ischnura, Nehalennia e Pyrrhosoma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de libélulas da familia dos cenagriónidos que na fase adulta se caracterizan por ter o corpo e as patas de cor vermella, agás o tórax e os primeiros apéndices abdominais nas femias. As larvas desenvólvense en charcas e pozas. En Galicia está presente a única especie europea C. tenellum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diagrama termodinámico que ten o volume por abscisa e a presión por ordenada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de odonatos da familia dos cenagriónidos que na fase adulta se presentan como gaiteiros. O macho ten o abdome de cor azul con deseños negros na cara dorsal, que no caso do segundo segmento é característico de cada especie. As femias teñen o abdome amarelado, averdado ou azul con manchas negras dorsais. As larvas dalgunhas especies pódense desenvolver tanto en augas estancadas como en correntes. En Europa existen 12 especies e en Galicia están presentes C. lindenii, C. mercuriale, C. puella e C. scitulum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de entrar en loita diferentes pobos ou estados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congreso agrario galego celebrado en 1864 e no que se enfrontaron as posturas defensoras do mantemento do sistema foral e as proclives á súa desaparición. Ao seu remate, decidiuse manter o réxime foral.
-
PERSOEIRO
Escultor italiano. Estudou na Accademia di Belli Arti de Palermo (1938-1944). Instalado en Roma, foi un dos fundadores do grupo Forma (1947). A súa obra revelou as influencias vangardistas do cubismo e do futurismo, e unha tendencia á non figuración. Empregou a madeira, o ferro e o bronce. Escribiu diversos ensaios de plástica escultórica, entre os que destaca Consagra che scrive: scritti teorici e polemici, 1947-1989 (Consagra escribe: escritos teóricos e polémicos, 1947-1989, 1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de consagrar ou consagrarse.
-
Momento da misa no que se recitan as fórmulas de institución da Eucaristía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de consagrar ou consagrarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen consagra.
-
-
-
Dedicar unha persoa ou unha cousa sagrada a un fin ou a un uso sagrado mediante o rito adecuado.
-
Pronunciar sobre o pan e o viño as palabras da institución da Eucaristía para así convertelos no Corpo e Sangue de Cristo.
-
-
Dedicar algunha cousa a unha actividade que require dedicación e constancia.
-
Acadar alguén reputación nalgún ámbito.
-
Establecer algo de xeito firme ou duradeiro.
-
Dedicarse totalmente a unha actividade, especialmente cando implica un esforzo ou un logro importante.
-
Consolidarse ou pasar a ter prestixio alguén nunha actividade concreta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[CRAE] Organismo que controla e protexe os produtos agrarios producidos de maneira ecolóxica ou orgánica, obtidos cunha elevada calidade e con ausencia de produtos químicos sintéticos (como moitos pesticidas e fertilizantes, que poden dar lugar a residuos nocivos) ou outras prácticas agresivas co contorno. Ampara tanto a produción primaria coma os produtos elaborados nas explotacións inscritas neles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación de Xesucristo como símbolo do seu amor humano e divino. Os cartuxos, os xesuítas e as relixiosas da Visitación tentaron estender a súa devoción, que parte das visións das santas Matilde e Xertrude (s XIII) e da santa Margarida María de Alacoque (s XVII), e que tivo unha primeira elaboración teolóxica na obra de Jean Eudes. Clemente XIII aprobou facultativamente o culto (1765), que estendeu despois a toda a Igrexa católica Pío IX (1856).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de masa equivalente a dez gramos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de transformación de certos explosivos na que a acción inicial, térmica ou mecánica, se propaga rapidamente por toda a superficie do explosivo, que entra en combustión dende fóra cara a dentro. Comprende as etapas de inflamación, que é practicamente instantánea, e de combustión, que transcorre a unha velocidade altísima por mor do aumento de presión e temperatura dos gases producidos na reacción.