cenagriónido -da
cenagriónido -da
-
adx
Relativo ou pertencente os cenagriónidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Libeliña da familia dos cenagriónidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de odonatos da suborde dos cigópteros que na fase adulta presenta o corpo sen reflexos metálicos e as alas transparentes coa base estreitada nun pedúnculo. En estado de larva viven, as máis das veces, en augas encoradas ou de pouca corrente. Completan o ciclo vital en menos dun ano e pode chegar a ter dúas xeracións anuais. Esta formada polos xéneros Ceriagrion, Coenagrion, Enallagma, Erythromma, Ischnura, Nehalennia e Pyrrhosoma.