Cenáculo
Cenáculo
Estancia onde Xesús celebrou a Santa Cea cos seus apóstolos. Identificouse como o lugar onde os apóstolos recibiron o Espírito Santo o día de Pentecoste e ao lado da que se edificou, no s IV, unha basílica. No s XIV, o Cenáculo foi reconstruído en estilo gótico por Robert d’Anjou e confiado aos franciscanos. No s XVI foi importante para a cultura musulmá por considerar que alí estaba a tumba de David.