"Abe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 982.
-
PERSOEIRO
Escritora. Publicou xunto a María Velho da Costa e María Teresa Horta Novas cartas portuguesas (1974), onde denuncian a situación política de Portugal baixo a ditadura. É autora tamén de De noite as árvores são negras (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeira muller que acadou o título de adiantada; probablemente de orixe galega. En Perú casou co adiantado Álvaro de Mendaña (1586), quen morreu a consecuencia dunhas febres. Desta maneira Isabel de Barreto converteuse, por herdanza, en adiantada e almirante dos arquipélagos oceánicos. Nun principio non tivo grandes problemas para o goberno das illas, mais o axustizamento de Jauriqui, un cacique local, a mans dos colonos motivou a hostilidade dos nativos. A situación tornouse moi inestable e Isabel Barreto optou por levar áncoras cos seus subordinados cara a Manila (1596). Nesta cidade casou co tamén galego Fernando de Castro, fillo do gobernador das Filipinas, co que embarcou de volta ao Perú (1597).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elizabeth Barrett Browning.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do nome persoal Bernabeu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo os Feitos dos Apóstolos, levita orixinario de Chipre. Presentou a Saulo aos apóstolos en Xerusalén, e despois acompañouno na súa primeira viaxe. Predicou o evanxeo en Chipre e Asia Menor. A súa festa celébrase o 11 de xuño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do nome persoal Bernabeu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino procedente do arameo bar ‘fillo’ e nabwh ‘profecía’; xa que logo, ‘fillo da profecía, profeta’. Este nome latinizouse en Barnabas e chegou a nós a través do francés Barnabé, mudando o a tónico en é. Como antropónimo presenta as variantes: Bernabel, Barnabeu e Bernabé. Segundo os Feitos dos Apóstolos, Bernabeu foi o sobrenome que lle puxeron a Xosé Halevi, xudeu de Chipre, co significado de ‘fillo da profecía’</I
-
PERSOEIRO
Deportista e dirixente deportivo. En 1912 accedeu ao primeiro equipo de fútbol do Real Madrid, no que xogou ata 1926. Logo integrouse no cadro técnico do club e, dende 1928, na súa directiva. Politicamente monárquico, durante a Guerra Civil española permaneceu en Madrid na embaixada francesa, ata que fuxiu e se incorporou ao exército sublevado. Mantivo unha estreita amizade co Xefe do Estado, Francisco Franco. Presidente do Real Madrid desde o 15 de setembro de 1943 ata a súa morte, durante o seu mandato o equipo de fútbol acadou o triunfo en 16 Campionatos Nacionais de Liga, 6 Copas de España, 6 Copas de Europa (as 5 primeiras edicións de xeito consecutivo) e unha Copa Intercontinental. Pola súa parte, a sección de baloncesto conquistou baixo a súa presidencia outros tantos títulos: 6 Copas de Europa, 2 copas Intercontinentais FIBA, 19 Campionatos de Liga e 18 Copas de España. Entre outras distincións, recibiu a Lexión de Honor francesa, a Gran Cruz do Mérito Civil e a Medalla de Ouro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Arcediago de Morvedre na Catedral de València, en 1820 foi nomeado deputado nas cortes; loitou contra os absolutistas e especialmente contra a Inquisición. En 1823 emigrou a Londres. Publicou escritos de carácter político-relixioso, como por exemplo Juicio histórico, canónico y político de las naciones sobre los bienes eclesiásticos (1812), que lle valeu un proceso da Inquisición, aínda que despois foi absolto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo a tradición, Bernabeu ‘fillo da profecía’ foi o sobrenome que lle puxeron nos Feitos dos Apóstolos a Xosé Halevi, xudeu de Chipre, co significado de ‘fillo da profecía’. Foi discípulo de Cristo e predicou o evanxeo en Chipre e Asia Menor. Presentoulle aos apostolos a Paulo en Xerusalén e despois acompañouno na súa primeira viaxe por Asia Menor onde, despois de protagonizaren diversos milagres, foron considerados como deuses. Tertuliano asígnalle a epístola aos hebreos, que o Novo Testamento considera da autoría de san Paulo. Atribúeselle tamén a curación de enfermos levando na man o evanxeo de san Mateo. Sufriu martirio no seu país natal no ano 63: foi lapidado e despois queimado vivo polos xudeus. San Bernabeu é titular de 6 parroquias galegas e a súa festividade celébrase o 11 de xuño. Numerosos ditos espallados na tradición oral recollen o nome deste santo: “Día de san Bernabel, nin na terra nin no fardel” que alude a que esa é a data ideal para segar o centeo, “Día de san Bernabeu,...
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Está especializado na adaptación de novelas ao cine como La plaça del Diamant (A praza do diamante, 1981) e Réquiem por un campesino español (1985). Recibiu o Premio de Cinematografía da Generalitat de Catalunya polo seu filme Sinatra (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Israel. Filla de Eliam e muller de Urías o hitita, un dos xenerais de David. Este conseguiu seducila e provocou a morte do marido. Máis tarde desposouna, e desta unión naceu Salomón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xarope denso, semellante ao mel, que se elabora con azucre, améndoas moídas, auga, xema de ovo, limón, canela e malvasía, propio das rexións altas da illa de Gran Canaria, sobre todo da aldea de Tejeda.
-
PERSOEIRO
Atleta. Alistado no exército, ingresou na guardia imperial, onde principiou a practicar deporte como parte da súa preparación. Descuberto por un adestrador sueco en 1958, animóuselle a competir, especializándoo nas carreiras de gran fondo. Acudiu aos Xogos Olímpicos de Roma 1960 para participar na proba do maratón, que gañou completando o percorrido nun tempo (2 h 15’ e 16,2’’) que constituíu o mellor rexistro olímpico do momento. Nos Xogos Olímpicos de Toquio 1964 proclamouse por segunda ocasión consecutiva Campión Olímpico da maratón, gañando a carreira cunha marca de 2 h 12’ 3’’. No derradeiro maratón olímpica na que participou, México 1968, tivo que abandonar aos poucos quilómetros por mor dunha lesión nun xeonllo, cando era o máximo favorito para acadar unha nova medalla de ouro. Os seus méritos deportivos foron recompensados no seu país co ascenso a capitán da guardia imperial. As lesións que sufriu nun accidente automobilístico o 26 de marzo de 1969 obrigárono a abandonar o atletismo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. Foi profesora en Harvard e destacou como tradutora de portugués. Recibiu o Premio Pulitzer polos seus dous primeiros libros titulados North and South (Norte e Sur, 1946) e A cold spring (Unha primavera fría, 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mestre e pedagogo. Desenvolveu o seu labor profesional entre Santiago de Compostela e Madrid. Publicou Cartas y poesías inéditas de Gabriel y Galán (1909).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se queda embobada ante calquera cousa que o sorprenda ou admire.
-
PERSOEIRO
Escritora coñecida como Fernán Caballero. Moitos dos seus relatos breves e novelas foron escritos bastantes anos antes da data da súa publicación, a miúdo nunha primeira versión anterior á redacción definitiva, no decurso da década de 1820. Entre a súa produción destacan as novelas La Gaviota (1849), Lágrimas (1850), Clemencia (1852), La familia Alvareda (1856) e Un verano en Bornos (1958); as compilacións de narracións breves, de tipo tradicional, Cuentos y poesías populares andaluces (1959), Cuentos, oraciones, adivinas y refranes populares e infantiles (1874) e literario, Relaciones (1857) e Cuadros de costumbres (1857), xunto cun amplísimo conxunto de cartas das que se publicaron diversos epistolarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito alemán. Cónsul en Cádiz, propagou as ideas sobre o Romanceiro e o teatro español do Século de Ouro de Schlegel. En Alemaña publicou Floresta de rimas antiguas castellanas (1821-1825) e Teatro español anterior a Lope de Vega (1832).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Foi ministro de Educación Nacional do goberno de Vichy (1940). É autor dos ensaios L’enfance (A infancia, 1927) e L’amitié (A amizade, 1929), e de dous volumes sobre viaxes a China.
VER O DETALLE DO TERMO